Veciños e comerciantes reparan os danos causados polo desbordamento do Río Miñor, en Gondomar. Un dos efectos que deixa a borrasca Joseph, con intensas precipitacións e fortes refachos de vento | O paro descendeu en Galicia en 2.500 persoas ao remate de 2025. Así o indican os datos da EPA, que destacan a creación de máis de 30.000 empregos ao longo do ano. O descenso do paro en Galicia é inferior á media do conxunto de España | As vítimas do accidente de Angrois protestan contra a absolución do ex director de seguridade de Adif, Andrés Cortabitarte. A sentenza da audiencia da Coruña deixa ao maquinista como único responsable penal do sinistro no que faleceron 80 persoas | Sen dúbida, un dos nomes da música galega do século XX, un dos primeiros en grabar cancións pop na nosa lingua. Pucho Boedo, conquistou os escenarios coa sua característica voz, como lider do grupo Los Tamara. Do seu falecemento cúmprense 40 anos
Xa son máis de 800 as incidencias rexistradas polos servizos de emerxencias ao paso da borrasca Joseph, a maioría relacionadas con obxectos nas estradas e desprendementos. Logo da gran cantidade de chuvia caída nas últimas horas, a atención céntrase nos ríos | Colisión múltiple con 23 vehículos implicados na AP-9, a altura do concello de Oroso, cerca de Santiago. Ocorreu pouco despois das nove da mañá en sentido Pontevedra. Varias persoas resultaron feridas, entre elas dous deputados do Partido Popular | O paro descendeu en Galicia en 2.500 persoas ao remate de 2025. Así o indican os datos da EPA, que destacan a creación de máis de 30.000 empregos ao longo do ano. O descenso do paro en Galicia é inferior á media do conxunto de España | Un dos nomes da música galega do século XX, pioneiro en grabar cancións pop na nosa lingua. Pucho Boedo, conquistou dende a sua Coruña natal os escenarios de medio mundo coa sua característica voz, primeiro na formación Los Satélites, e logo a fronte de Los Tamara, con éxitos que marcaron unha época. Do seu falecemento cúmprense 40 anos
Xa son máis de 800 as incidencias rexistradas polos servizos de emerxencias ao paso da borrasca Joseph. A atención céntrase nos ríos | Colisión múltiple con 23 vehículos implicados na AP-9, a altura do concello de Oroso, cerca de Santiago | O paro descendeu en Galicia en 2.500 persoas ao remate de 2025 | As vítimas do accidente de Angrois protestan contra a absolución do ex director de seguridade de Adif, Andrés Cortabitarte | A Asociación da memotria histórica e o concello da Coruña presentan unha guía que lembra aos coruñeses deportados a campos de concentración | Cúmprense 40 anos da norte de Pucho Boedo, un dos pioneiros do pop en galego
Tralo paso da borrasca, chuvascos que poden vir acompañados de sarabia e descenso de temperaturas. Tamén baixa a cota de neve que pode caer en cotas de ata 600 metros. No mar segue toda a costa en alerta laranxa por ondas que poden chegar aos 7 metros
Vivendas en risco de inundación no interior da provincia de Pontevedra, onde a chuvia non da tregua. A Xunta suspende as clases nesa zona e recomenda a máxima precaución. O temporal afecta tamén ao tráfico ferroviario entre Ourense e Santiago, e ao transporte marítimo da Ría de Vigo | O acordo entre as partes evita a celebración do xuizo polo crime no que resultou morto o propietario dunha carnicería na praza de Abastos de Santiago, ocorrido en 2024. Os acusados aceptan unha condea de 11 anos de prisión e unha indemnización de 580.000 euros á familia da vítima | Arranca a campaña electoral na Univesidade de Santiago. Por primeira vez nos seus cinco séculos de historia, serán catro mulleres as que competirán para dirixir o Reitorado | “Los Domingos", a película de Alauda Ruiz de Azúa, gran protagonista da gala de entrega, en Pontevedra, dos premios Feroz, con cinco das nove categorías ás que estaba nominada. Sirat, de Oliver Laxe, queda coa distinción ao mellor son e ao mellor trailer
O temporal está a deixar incidencia polas fortes precipitacións, con 30 accidentes de tráfico rexistrados nas últimas horas. As precipitacións máis intensas son no interior da provincia de Pontevedra | A situación meteorolóxica é excepcional, coa primeira alerta vermella por chuvia, o que levou á Xunta a activar unha mensaxe preventiva aos veciños dos 16 concellos en maior risco | Os dous homes acusados de matar ao propietario dunha carnicería na praza de abastos de Santiago, aceptan unha condena de 11 anos e medio de prisión. O acordo entre as partes, evita a celebración da vista oral do xuízo, que estaba prevista iniciar hoxe | Por primeira vez nos seus máis de cinco séculos de historia a Universidade de Santiago vai ter una reitora. Son catro as candidatas que optan a dirixir a USC. A campaña electoral comeza mañá e hoxe as catro aspirantes estiveron no campus de Lugo
O temporal está a deixar incidencia, con 30 accidentes de tráfico rexistrados nas últimas horas, O tráfico ferroviario vese tamén afectado polas fortes precipitacións | A situación meteorolóxica excepcional leva á Xunta a activar unha mensaxe preventiva aos veciños dos 16 concellos en maior risco | Os dous acusados de matar ao propietario dunha carnicería na praza de abastos de Santiago, aceptan unha condena de 11 anos e medio de prisión | Por primeira vez nos seus máis de cinco séculos de historia a Universidade de Santiago vai ter una reitora
Por primeira vez actívase en Galicia unha alerta vermella por chuvias. Perigo extraordinario en16 concellos do interior de Pontevedra onden poden acumularse ata 120 liros litros por metro cadrado en doce horas e ata 150 en 24 horas. Tamén hai avisos por vento que soprará con forza agora pola tarde e alerta laranxa no mar por ondas que poden superar os 6 metros
Vehículos de gran tonelaxe, retidos nas Autovías de conexión coa meseta onde teñen prohibido circular pola previsión de intensas nevaradas. Nunha xornada coas clases suspendidas en toda a provincia de Ourense e zonas de Lugo e Pontevedra | A Audiencia da Coruña absolve ao exdirector de seguridade de ADIF, Andrés Cortabitarte polo accidente de tren de Angrois. O tribunal confirma a condea a dous anos e medio de cadea para o maquinista do Alvia, como único responsable dos 79 delitos de homicidio e os 143 delitos de lesións por imprudencia grave | A policía detén, cerca da Coruña, a Daniel Vázquez Patiño, un dos fuxitivos máis buscados pola xustiza. Vivía agochado coa complicidade da súa parella. Está condenado a 23 anos de cadea por agresión sexual a menores | O Celta estará nos dezaseisavos de final da Europa League. Os celestes conseguiron gañarlle ao Lille francés nun partido moi agónico para pasar de rolda. Unha vitoria moi celebrada e moi sufrida. Os vigueses xogaron con 10 durante máis dunha hora de partido
Máis de 400 camions están detidos nos accesos a Galicia dende as autovías A-6 e A-52, a maioría na provincia de Zamora. Tamén hai vehículos de gran tonelaxe parados a altura de Pedrafita | A Audiencia da Coruña absolve o exdirector de Seguridade na Circulación de ADIF do accidente de Agrois. En cambio, mantén a condena ó maquinista | A policía detén en Meicende, na Coruña, a un dos dez fuxitivos máis buscados, o pederasta Daniel Vázquez Patiño. Vivía escondido nunha casa desta localidade, amparado pola súa parella. Unha sentenza condénarao a 23 anos de cadea por agresión sexual a menores | Desaloxado o edificio ocupado na rúa da Algalia no casco histórico de Santiago. A orde facíase efectiva, logo de que o xulgado rexeitara o recurso presentado pola asociación que ocupaba o inmoble
A neve causa complicacións para circular polas estradas, con restriccións para os transportes pesados nas zonas de montaña | A borrasca Ingrid deixa refachos de máis 160 quilómetros por hora e as clases suspendidas en toda a provincia de Ourense e zonas de Lugo e Pontevedra | A policía detén, cerca da Coruña, a Daniel Vázquez Patiño, un dos fuxitivos máis buscados pola xustiza | A Audiencia da Coruña absolve o exdirector de Seguridade na Circulación de ADIF Andrés Cortabitarte do accidente de Angrois
A borrasca Ingrid mantén en alerta a practicamente toda Galicia. A cota de cota pode baixar ao longo do día ata os 400 metros en Ourense e Lugo. Segue o temporal marítimo por ondas que superaron os 11 metros en Estaca de Bares e ventos que acadaron os 163 km por hora
Gandeiros e agricultores comenzan a retirar os tractores que mantiñan arredor da muralla de Lugo. Poñen así de manifesto a sua satisfacción logo da votación do Parlamento Europeo que decidíu remitir o acordo co Mercosur ao Tribunal de Xustiza da Unión | A Xunta di que o seu Plan para aumentar o control das incapacidades laborais temporais por causas médicas servíu para que se deran de alta máis de 25.000 traballadores no último ano e medio | Combinar a biopsia líquida coa intelixencia artificial, Unha nova ferramenta que pode supoñer toda unha revolución para o diagnóstico de recaídas nos tratamentos oncolóxicos. Así o destacan os participantes no congreso sobre esta técnica, que reúne en Santiago a máis de 300 especialistas de todo o mundo| Esta noite, cita europea en Balaídos, O Celta recibe ao Lille francés, un rival directo, ante o que necesita unha vitoria para manterse nas posicións que permiten continuar no torneo. O equipo vigués, chega ao encontro marcado polas baixas, con só tres centrocampistas na convocatoria
Óliver Laxe celebra a nominación ao Óscar como mellor filme internacional por Sirat, anunciada hoxe pola Academia de Hollywood. O filme tamén está nominado ao premio ao mellor son | A Xunta suspende as clases e o transporte escolar durante toda a xornada de en toda a provincia de Ourense e en zonas de Lugo e Pontevedra por risco de neve | Gandeiros e agricultores comenzan a retirar os tractores que mantiñan arredor da muralla de Lugo. Poñen así de manifesto a sua satisfacción logo da votación do Parlamento Europeo que decidíu remitir o acordo co Mercosur ao Tribunal de Xustiza da Unión | Dende hoxe e ata o sábado Santiago acolle o simposio de biopsia líquida, con máis de 300 especialistas nacionais e internacionais. Nesta edición presentarán os resultados dos proxectos que utilizan intelixencia artificial | Esta noite, cita europea en Balaídos, O Celta recibe ao Lille francés, un rival directo, ante o que necesita unha vitoria para manterse nas posicións que permiten continuar no torneo
Sirat, de Óliver Laxe nominada aos Oscar á mellor película internacional e ao mellor sonido | A Xunta suspende as clases e o transporte escolar durante toda a xornada de en toda a provincia de Ourense e en zonas de Lugo e Pontevedra por risco de neve | Gandeiros e agricultores comenzan a retirar os tractores que mantiñan arredor da muralla de Lugo | Os principais expertos mundiais en Biopsia Líquida participan nun simposio en Santiago | O Celta recibe ao Lille francés, un rival directo na Europa League
A borrasca Ingrid barre Galicia con refachos que superan os 80 kilómetros por hora. Tarde de chuvia máis intensa no sur o oeste da comunidade. Alerta no mar por ondas. Esta noite poden caer ata 10 centrímetros de neve nas montañas de Lugo e Ourense e xa mañá a cota baixará mesmo ata os 400 metros
A oferta turística de Galicia, centrada na "calidade" como marca propia, xa está presente en Fitur. A feira internacional do sector abre as suas portas en Madrid, condicionada polo loito, con moitos dos eventos previstos cancelados, ante a traxedia ferroviaria de Adamuz | A Xunta comenza a prepararse para o eclipse solar, o evento que terá lugar o 12 de agosto e no que a nosa comunidade será unha das zonas máis privilexiadas para observalo. Hoxe constituíu unha comisión para coordinar a movilidade, a seguridade e a protección civil | O Concello de Lugo presenta a súa candidatura para albergar a sede da Axencia Estatal de Saúde Pública. Un organismo que podería supoñer a creación de 300 postos de traballo na cidade. Compite con outras oito cidades, entre elas Barcelona | Encontro do director Manuel Gómez Pereira con Internos do cárcere da Lama para asistir á proxección da sua última película, "La Cena". Unha iniciativa enmarcada na entrega dos premios Feroz, o próximo sábado, en Pontevedra
Chega a primeira alerta vermella do inverno. Afectará esta noite á costa da Coruña, onde se agardan ondas que superarán os oito metros de altura. Xunta e Protección Civil insisten en advertir da perigosidade de acheguarse ó mar | O espazo de Galicia en Fitur e punto de encontro estes días para a axenda institucional e profesional do sector turístico, que reivindica a marca “Galicia calidade” como eixo estratéxico | a Xunta comenza a prepararse para o eclipse solar, o evento que terá lugar o 12 de agosto e no que a nosa comunidade será unha das zonas máis privilexiadas para observalo |Lugo compite con oito cidades, entre elas Barcelona, Murcia, Granada ou Zaragoza para ser a sede da Axencia Estatal de Saúde Pública| Ledicia Costas, Lídia Jorge e o último premio Nadal, David Uclés, recibirán esta tarde o premio San Clemente de literatura organizado polo Instituto de Educación Secundaria Rosalía de Castro de Santiago |
Chega a primeira alerta vermella do inverno. Afectará esta noite á costa da Coruña, onde se agardan ondas que superarán os oito metros de altura | A oferta turística de Galicia xa está presente en Fitur. A feira internacional do sector, condicionada pola traxedia ferroviaria de Adamuz | A Xunta comenza a prepararse para o eclipse solar, o evento que terá lugar o 12 de agosto | Lugo presenta a súa candidatura para albergar a sede da Axencia Estatal de Saúde Pública. Un organismo que podería supoñer a creación de 300 postos de traballo |
A influencia das baixas presións deixa hoxe ventos fortes de compoñente oeste, con Refachos superiores aos 80 km/h no litoral e zonas altas. Xornada de ceos nubrados con precipitacións xeneralizadas máis frecuentes e intensas na metade oeste e acompañadas localmente de tormenta. As temperaturas en moderado ascenso
Atascos e dificultades de tráfico, a primeira hora da mañá, en Santiago, recollidas na sala de pantallas da policía local, nunha nova xornada de folga do transporte de viaxeiros na provincia da Coruña, tamén sen servizos mínimos | O sector da pesca volve hoxe á actividade logo do acordo acadado en Madrid co Ministerio para modificar o Regulamento de control de capturas aprobado pola Unión Europea. As pesaxes non terán que ser a bordo para as pequenas embarcacións e xa non terán que preavisar con catro horas de antelación da chegada a porto | Segue a mobilizacición de gandeiros e agricultores contra o tratado de libre comercio entre a Unión Europea e Mercosur. En Lugo, rodean a muralla con tractores, e buscan concienciar aos consumidores con degustación de produtos de proximidade | 2025 foi un ano extremadamente cálido cunha temperatura media de 14,7 graos. Así figura no informe de Meteogalicia, que destaca tamén a calor e seca durante o verán, co mes de xuño máis cálido dende que hai rexistros
Atascos e dificultades de tráfico en Santiago, recollidas na sala de pantallas da policía local, nunha nova xornada de folga do transporte de viaxeiros na provincia da Coruña | O sector da pesca volve hoxe á actividade logo do acordo acadado en Madrid co Ministerio para modificar o Regulamento de control de capturas aprobado pola Unión Europea. Entre as normas que consideraban imposibles de cumprir para as embarcacións pequenas, está a das pesaxes a bordo, que xa non terán que ser máis que unha estimación| Luz verde para o modelo descentralizado dos estudos de Medicina. O acordo entre os conselleiros de Sanidade e Educación da Xunta e os reitores das tres universidades galegas asinabase esta mañá con satisfación por todas as partes | 2025 foi un ano extremadamente cálido cunha temperatura media de 14,7 graos. Así figura no informe de Meteogalicia, que destaca tamén a calor e seca durante o verán, co mes de xuño máis cálido dende que hai rexistros. Tamén choveu máis, cun 18 por cento máis de precipitacións |
Dificultades de tráfico en Santiago, nunha nova xornada de folga do transporte de viaxeiros, sen servizos mínimos | Satisfacción do sector pesqueiro polo acordo para modificar o Regulamento de control de capturas aprobado pola Unión Europea | Luz verde para o modelo descentralizado dos estudos de Medicina | 2025 foi un ano extremadamente cálido cunha temperatura media de 14,7 graos. Así figura no informe de Meteogalicia, que destaca tamén a calor e seca durante o verán, co mes de xuño máis cálido dende que hai rexistros |
Unha nova fronte atlántica mantén todo o litoral galego en aviso laranxa por ondas que poden chegar aos 7 metros. En terra, vento que soprará con forza de noite en toda a comunidade. Alerta tamén por chuvias que serán máis intensas e persistentes nas provincias atlánticas, de neve nos cumios máis elevados
Conmoción en toda Galicia, polo accidente ocorrido en Adamuz, na provincia de Córdoba, que leva contabilizadas 39 víctimas mortais. Institucións e grupos políticos cancelan os actos previstos en sinal de dó. Un sinistro ferroviario que trae á memoria a traxedia de Angrois, en 2013 | Xornada de movilización do sector pesqueiro para rexeitar o regulamento do control de capturas aprobado pola Unión Europea, unha normativa que os mariñeiros consideran imposibles de cumprir | Continúa o corte de tráfico na nacional 120 en Ourense, a cargo de agricultores e gandeiros, en protesta contra o acordo da UE co Mercosur. Din que supón unha ameaza para as explotacións ao non poder competir en igualdade cos produtos sudamericanos | Vitoria do Celta por un contundente 3 a cero, ante o Rayo Vallecano, que mantén ao equipo vigués ás portas das prazas europeas. Os seareiros acudiron a Balaídos coas unllas pintadas para amosar o seu apoio a Borja Iglesias polos insultos homófobos que sufriu
O sinistro ferroviario de Aldamuz, relacionado coa alta velocidade, trae á memoria a traxedia de Angrois, en 2013, tal como lembraba a alcaldesa de Santiago | O sector pesqueiro amarrou hoxe a frota para protestar contra o novo regulamento europeo de control de capturas. Os mariñeiros consideran que a normativa contempla medidas que son imposibles de cumprir | Gandeiros e agricultores trasladaron a súa protesta do centro da cidade ao pé dun centro comercial para gañar en visibilidade e pola imposibilidade de facer cortes autorizados na autovía das Rías Baixas | Entra en vigor o novo abono único de transporte o primeiro que funciona para diferentes medios a nivel nacional. | Nova vitoria do Celta nunha xornada na que os seareiros do equipo acudiron a Balaídos coas unllas pintadas para amosar o seu apoio a Borja Iglesias e encontra dos insultos homófobos que sufriu a pasada semana o xogador.