As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Xa hai poucos sectores os que non cheguen os efectos da folga de transportes... e tamén o notan os consumidores, no desabastecemento e tamén nos prezos.
Aínda que a repercusión é maior no sector primario, porque traballa con productos perecedeiros, agora o paro tamen se nota na construcción, na conserva ou en empresas embotelladoras...
E hoxe lembramos os mariñeiros do Villa de Pitanxo. Pola tarde vaise celebrar en Marín un funeral colectivo que estará presidido polos Reis.
O tempo. Volve dominar o anticiclon.
Continúa a folga do transporte. Os produtores de alimentos frescos xa tiveron que desfacerse de parte do stock que non pode chegar aos mercados. Nos portos galegos, o sector pesqueiro tiraron algunhas pescas. Mesma situación están a vivir nas explotacións lácteas tralo parón da recollida por parte dalgúnas empresas. Hoxe algunhas coma Leche Río, si recolleron o leite con camións propios, pero outras non. Unha situación que obriga as granxas a ter que tirar co leite...
Comerciantes e empresas piden medidas que axuden a manter a actividade... No consello da Xunta, o presidente Feijóo xa adiantou excensións nos impostos para algúns sectores.
- El presidente gallego ha indicado que son "dos tipos de violencia que existen" y son "perfectamente compatibles"
- El PPdeG apoyó en 2021 modificar la ley gallega para reconocer la violencia vicaria como violencia machista
- Os bombardeos rusos en Irpin destruíron as casas de 60.000 habitantes, tamén as dos refuxiados acabados de chegar
- Algúns precisarán aloxarse con outras familias para recibiren apoio psicolóxico
- Guerra Rusia - Ucrania, sigue la última hora en directo
Os concellos de Maceda e Manzaneda teñen 29 novos veciños, mulleres e nenos das cidades ucraínas de Kíiv e Irpin que tiveron que fuxir da guerra tras perder as súas casas. As primeiras refuxiadas en chegar á provincia aloxánse temporalmente en tres hoteis de Maceda.
Os empresarios galegos demandan medidas urxentes ante unha tormenta perfecta que ameaza a viabilidade de sectores esenciais pra nosa economía. A pesca, obrigada a desfacerse de peixe fresco, a conserva prepara paróns por falta de materia prima, o sector lácteo prepárase pra tirar leite e a construción anuncia paróns nas obras. Se as subas dos combustibles e a falta de materias primas xa complicaran a súa situación, o paro do transporte, que cumpre catro días, estalles a dar a puntilla. O delegado do goberno lembra que os servizos esenciais non poden verse afectados por este paro.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
- As dificultades de distribución afectan tamén a outros produtos, especialmente aos que chegan por vía marítima, como cereais
- Nos mercados segue habendo abundancia de carnes, froitas e verduras
Escasea o peixe como consecuencia do amarre de boa parte da frota pola carestía do combustible e das mobilizacións no sector do transporte
Se hai unhas semanas preocupaba o desabastecemento de produtos de primeira necesidade coma o cereal, o elevado prezo do combustible provoca agora o paro de moitos transportistas. As consecuencias nótanse nas lonxas, moitas suspenderon as poxas, hai piquetes en estradas coma a A8, e no campo os produtores están preocupados temen non poder vendelo leite se non hai quen llo recolla