Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os traballadores de Alcoa volven ás protestas, co comezo do xuizo sobre o ERE presentado pola empresa para eliminar algo máis de 500 empregos. A multinacional xustificao por causas económicas, mentres os traballadores lle piden ó goberno central que interveña xa a Factoría de San Cibrao. // Entrou hoxe en funcionamento en Vigo unha rampla mecanica, sobre a que hai opinións variadas. Ten 210 metros, e salva un desnivel do 10 por cento no centro da cidade.// A Xunta contará con equipos autónomos de 10 profesionais en cada provincia, para intervir, de xeito rápido, en residencias de anciáns, ante a aparicion de gromos de covid. É unha das decisións do Consello, que tamén aprobou a estratexia dixital ata 2030, cunha mobilización de 4.000 millóns de euros. 03-12-2020

Reactivada a protesta dos traballadores de Alcoa, ante o inicio do xuizo sobre a legalidade do ERE presentado pola empresa para eliminar máis de 500 empregos.// Loito e consternación en Gondomar polo asasinato dunha veciña acoitelada polo seu marido. Soledad Rey, de 59 anos, con dous fillos, sofrira xa outras agresións, ainda que non as chegara a denunciar. //Os datos da Covid-19 en Galicia seguen, un día máis, á baixa, cun total de 7.419 casos activos, tras notificarse 350 novos positivos. Descende tamén o número de pacientes hospitalizados, 414, con 65 nas UCi. 03-12-2020

Entra unha borrasca, que trae chubascos, e teremos tamen unha baixada importante das temperaturas. Esta tarde eses chuvascos serán frecuentes en calquera punto de Galicia. Na costa hai aviso de ventos fortes, e no mar, ondada.Tamén entra aire frío, que vai deixar neve esta noite a partir dos 1.200 metros. A baixada das temperaturas será máis importante no interior, onde se formarán xeadas. 03-12-2020