Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A Hostalaría fai xa preparativos ante a posibilidade de reabrir, de xeito escalonado, a partir da próxima fin de semana. Esperan a decisión do Comité Clínico que se reune esta tarde, coa mellora de datos en cidades como Santiago e Ourense sobre a mesa. // Os casos activos son hoxe 7.646. Baixa a presión asistencial, con 23 hospitalizados menos, e hai 69 ingresados nas UCI. // O virus da Sida leva infectadas en Galicia a máis 3.000 persoas nos últimos quince anos. No Día Internacional da loita contra esta enfermidade, afectados e expertos destacan a importancia das probas rápidas para previr a transmisión. //As granxas de polos denuncian a cadeas de distribución por aproveitar a caida da demanda para utilizalo como produto reclamo. Din que as ofertas de prezos por debaixo de dous euros o quilo non chegan a cubrir os custes de producción. 01-12-2020 

Galicia continua baixo a influcencia anticiclónica, ca chegada dunha fronte pouco activa polo norte hacia a noite.  Bancos de néboa illados nas zonas do interior que darán pas a ceos despexados con algunhas nubes altas Pola tarde chuvias no terzo norte. Temperaturas en descenso. 01-12-2020

Os sectores máis castigados polas restriccións, reclaman máis axuda e algún alivio para as suas actividades. A Xunta presentou hoxe o seu proxecto para a reapertura, nun prazo ainda se concretar, mentres estuda cambiar esta semana as medidas que rexen nas cidades, sen descartar o peche perimetral de toda Galicia para a ponte da Constitución. // A Xunta amplía en mil cincocentas prazas a oferta pública de emprego en educación. Súmanse ás 3.600 prazas xa convocadas polo que en total suman mais de cinco mil prazas para os anos 2021 e 2022. // O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestima o recurso de Alcoa contra a medida cautelar que prohibe parar as cubas de electrólise. 30/11/20

A Hostalaría, o comercio ambulante, e outros sectores especialmente castigados polas restriccións piden máis axudas e algún alivio para as suas actividades, mentres a Xunta estuda cambiar esta semana as medidas que rexen nas cidades. // As cifras da pandemia en Galicia seguen a mellorar, e os casos activos son hoxe un total de 7.806. É a cifra máis baixa dende hai un mes. // A muralla de Lugo cumpre 20 anos dende a sua declaración como patrimonio da Humanidade pola Unesco. Un recoñecemento que chegou para reforzar a implicación do milenario monumento na vida diaria dos cidadans //Sen disparar a porta pero poñendo o gol nos pes dos compañeiros. O xogo de Iago asombra en Balaídos, e convértese na clave para a vitoria do Celta fronte ao Granada, a primeira de Coudet como técnico. 30/11/20

A Hostalaría, o comercio ambulante, e outros sectores especialmente castigados polas restriccións piden máis axudas e algún alivio para as suas actividades, mentres a Xunta estuda cambiar esta semana as medidas que rexen nas cidades. // As cifras da pandemia en Galicia seguen a mellorar, e os casos activos son hoxe un total de 7.806. É a cifra máis baixa dende hai un mes. // A muralla de Lugo cumpre 20 anos dende a sua declaración como patrimonio da Humanidade pola Unesco. Un recoñecemento que chegou para reforzar a implicación do milenario monumento na vida diaria dos idadans //Sen disparar a porta pero poñendo o gol nos pes dos compañeiros. O xogo de Iago asombra en Balaídos, e convértese na clave para a vitoria do Celta fronte ao Granada, a primeira de Coudet como técnico. 30/11/20

Galicia queda baixo influencia do anticiclón situado ao sudoeste de Irlanda. Espéranse ceos pouco anubados ou despexados, con algunas nubs altas que non impedirán o paso do sol, anque nas primeiras horas no se descarta algún chubasco illado no sur. 30/11/20