Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Cara a cara entre os ex-presidentes do Goberno Felipe González e Mariano Rajoy no Foro da Toxa // Cinco mortos e tres feridos en Ucrania no accidente dun avión de carga que partiu esta madrugada do aeroporto de Vigo // Traballadores de Vulcano remataron hoxe en Santiago a peregrinación reivindicativa para denunciar a situación que atravesa o estaleiro vigués. 04/10/19

Cara a cara entre os ex-presidentes do Goberno Felipe González e Mariano Rajoy no Foro da Toxa // Cinco mortos e tres feridos en Ucrania no accidente dun avión de carga que partiu esta madrugada do aeroporto de Vigo // Traballadores de Vulcano remataron hoxe en Santiago a peregrinación reivindicativa para denunciar a situación que atravesa o estaleiro vigués // Homenaxe a Eduardo Barreiras, o empresario ourensán considerado pioneiro da automoción en España, no centenario do seu nacemento. 04/10/19

Galicia irá quedando progresivamente na influencia das altas presións. As nubes baixas e orballos da mañá irán dando paso a ceos cada vez máis despexados. As temperaturas mínimas subiron e as máximas quedan sen cambios. Unha situación moi parecida á da fin de semana, na que só se agarda un lixeiro empeoramento na noite do sábado ao domingo polo paso dunha fronte moi débil. 04/10/19 

O Consello da Xunta aproba o teito de gasto para 2020, que sitúa o límite por riba dos 10.000 millóns de euros // Barreras solicitou hoxe no xulgado do mercantil de Vigo o preconcurso de acredores // Lourenzá acolle esta fin de semana a festa da faba, con menos colleita pero de moita calidade. 03/10/19

O Consello da Xunta aproba o teito de gasto para 2020, que sitúa o límite por riba dos 10.000 millóns de euros // Barreras solicitou hoxe no xulgado do mercantil de Vigo o preconcurso de acredores // En Galicia detéctanse cada ano 200 casos de cancro de gorxa  e case a metade deles están causados polo virus do papiloma humano // Lourenzá acolle esta fin de semana a festa da faba, con menos colleita pero de moita calidade // Un gol do Mirandés no minuto 93 priva ao Lugo da Vitoria e o Deportivo xoga hoxe en Xirona // O Festival Internacional de Cine Curtocircuito exhibe 130 filmes ata o domingo. 03/10/19

Lorenzo desapareceu xa como tormenta tropical, finalmente esquiva Galicia e arestora os seus restos atópanse preto de Irlanda. Hoxe unha fronte pouco activa achégase á nosa comunidade e trae moitas nubes á metade oeste e chuvias débiles pola tarde. No leste os ceos estarán máis abertos, cubríndose progresivamente co avance do día. As temperaturas soben lixeiramente, tamén no leste. Oscilarán entre os 26 graos de Ourense e os 17 de Santiago. 03/10/19  

PSA-Vigo comeza a fabricación en serie do novo modelo de todocamiño Peugeot 2008 // O paro sobe en setembro en Galicia en 3.164 persoas, o que supón un 2,06% máis, unha alza superior á da media estatal // Os expertos alertan do acceso de menores a contidos pornográficos "machistas e vexatorios". 02/10/19