Os alimentos "caseiros" producidos en Galicia estarán certificados pola Xunta // Tralo debate do estado de autonomía, os grupos parlamentarios presentan hoxe as súas propostas de resolución // Home, de 36 anos, con estudos medios e traballo fixo, que se iniciou no xogo de adolescente, é o perfil dos novos ludópatas // Trescentos mil galegos atópanse en situación de exclusión social, 56 mil deles en fase severa // O Celta mídese hoxe ao Espanyol en Balaídos, nun encontro para o que non está convocado Okay Yokuslu // Os murais de Joseba Muruzábal na feira que reivindica o mundo rural en Santiago. 26/09/19
Séguenos a chegar aire húmido dende o Atlántico pero o anticiclón refórzase e con el os ceos han quedar máis despexados agás nas Rías Baixas e oeste da Coruña, onde se manterán as nubes con posibilidade de orballlos. As temperturas soben sobre todo no interior. As máximas oscilarán entre os 20 graos previstos en Vigo e os 25 de Viveiro e Ourense. 26/09/19
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Malena González
Garderías gratuitas para todas as familias a partir do segundo fillo no primeiro trimestre de 2020. É unha das medidas estrela anunciadas polo presidente da Xunta, no último debate do estado da autonomía desta lexislatura // Para os grupos da oposición, o discurso do presidente da Xunta é alleo á realidade de Galicia e augura que Feijóo non seguirá á fronta da Xunta // O Alcampo do barrio de Coia, en Vigo, repite como supermercado máis barato de España, segundo o estudo elaborado pola OCU. 25/09/19
Garderías gratuitas para todas as familias a partir do segundo fillo no primeiro trimestre de 2020. É unha das medidas estrela anunciadas polo presidente da Xunta, no último debate do estado da autonomía desta lexislatura // Para os grupos da oposición, o discurso do presidente da Xunta é alleo á realidade de Galicia e augura que Feijóo non seguirá á fronta da Xunta // A familia Franco ten tres frontes xudiciais abertas en Galicia: polo Pazo de Meirás, a Casa Cornide na Coruña e as estatuas do Pórtico da Gloria // 600 expertos analizan esta semana en Vigo o futuro das sete centrais nucleares de España // O tirón da Ribeira Sacra e o tempo inestable que atrae visitantes cara ao interior fixeron que o pasado agosto se convertise no mes con máis turistas da historia en Ourense // O Alcampo do barrio de Coia, en Vigo, repite como Supermercado máis barato de España, segundo o estudo elaborado pola OCU. 25/09/19

Galicia mantense nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións, con achegamento de masas de aire húmido. Os ceos estarán parcialmente anubrados en xeral, con nubes máis compactas na metade oeste que deixarán algunha chuvia feble e ocasional. Pola tarde abriranse grandes claros na metade leste. As temperaturas mínimas sufriron un lixeiro descenso e as máximas non terán cambios significativos. Entre os 23 graos de Ourense e os 19 de Santiago. 25/09/19
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Malena González
Hoy el Festival de San Sebastián se enfoca en el medio ambiente con la cinta "Lo Que Arde", sobre los recurrentes incendios en Galicia, la película de Óliver Laxe se ha proyectado fuera de concurso.
O concello coruñés de Ponteceso aconsella non beber auga da traída en Corme, por precaución, despois de que unha trintena de veciños sofrisen un andazo de gastroenterite // Sindicalistas e traballadores de Alcoa concentráronse hoxe na Coruña en apoio aos seus compañeiros investigados por unha protesta en Madrid // As mulleres co mundo na cabeza" é o documental da historiadora Encarna Otero que se presenta hoxe no Consello da Cultura Galega. 24/09/19
O concello coruñés de Ponteceso aconsella non beber auga da traída en Corme, por precaución, despois de que unha trintena de veciños sofrisen un andazo de gastroenterite // Sindicalistas e traballadores de Alcoa concentráronse hoxe na Coruña en apoio aos seus compañeiros investigados por unha protesta en Madrid // Funcionarios de prisións piden máis persoal e medios, no día da súa patroa // O colexio de médicos de Galicia recomenda facer o testamento vital, que xa teñen uns 9.000 galegos // Una sala especial, nos xulgados de Ourense, permite a declaración, con garantías, de menores e outras vítimas vulnerables // Nenos do Porriño preparan a folga global do próximo venres contra a crise climática // "As mulleres co mundo na cabeza" é o documental da historiadora Encarna Otero que se presenta hoxe no Consello da Cultura Galega. 24/09/19
As chuvias tenden a remitir pola tarde despois do paso dos restos do ciclón Humberto. A primeira borrasca do outono deixouse sentir sobre todo de noite nas provincias atlánticas onde se superaron os 40 litros por metro cadrado en moitos puntos. As temperaturas máximas quedan con poucos cambios, con mínimas ao final do día. No mar volverá activarse unha alerta por ondaxe no litoral da Coruña e Lugo. 24/09/19