Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

E no tempo as nubes seguen a cubrir toda Galicia, especialmente o litoral atlántico onde tamén se nota máis o vento do suroeste. Máis intenso entre Fisterra e Ortegal. As temperaturas seguen en valores semellantes aos destes días. As máximas oscilarán entre os 17 graos de Lugo e os 21 da Coruña. 19/11/15

El presidente de la Federación Española de Municipios y Provincias, Abel Caballero, advierte de que, a partir de enero del año que viene, cuando entre en vigor la nueva ley de régimen locallos ayuntamientos dejarán de ofrecer servicios sociales fundamentales, de los que nos se harán cargo las comunidades autónomas.

"Las escuelas infantiles municipales, donde van miles de niños, no podrán estar abiertas y las tendremos que cerrar. Los comedores sociales que sostenemos los ayuntamientos no tendrán recursos porque no los podremos pagar. No podremos hacer políticas en contra de la violencia de género y buscándole ocupaciones a las mujeres maltratadas, y así un larguísimo etcétera", explica (19/11/15).

Prestou declaración no xulgado o ex alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, imputado no caso das Torres do Garañón que investiga presuntas irregularidades na urbanizaciòn desta zona. Orozco negou á entrada a súa implicación nos delictos polos que está a ser investigado pola xuíza Pilar de Lara // A Dirección federal do PSOE expulsou, de xeito provisional, ao alcalde de Becerreá e diputado provincial Manuel Martínez, ao que tamén lle abriu un expediente disciplinario. Os dirixentes socialistas consideran que a actuación de Martínez, que votou en varias ocasións en apoio de posturas do PP na Deputación de Lugo, lle causou un gravísimo dano á imaxe do partido // Adestradores e xogadores do Celta e do Deportivo participaron, xunto co Presidente da Xunta, na presentacion dun vídeo sobre o derbi que os dous equipos galegos de primeira protagonizarán o próximo sábado en Riazor. Baixo o título "Imposible sen ti" reivindica o papel do encontro na promoción da unión entre as dúas aficcións e entre os galegos en xeral. 18/11/15

Tensión en Lugo pola orde de derruba dunha vivenda declarada ilegal e situada ás aforas da cidade. En Ombreiro a policía forcexeou cos veciños dun chalet que tratan de impedir o paso das máquinas para executar a demolición ordeada pola axencia da legalidade urbanística e ratificada por un xulgado // O tribunal Superior de Xustiza de Galicia e a Xunta cren que falta información sobre as axudas urxentes das que poden dispor as familias que están en proceso de desafiuzamento, pese ao convenio asinado polas dúas administracions para que os afectados teñan acceso a elas // Presidente da Xunta reivindicou o papel da seguridade e das forzas da orde na defensa dos dereitos e as libertades. 17/11/15

Tensión en Lugo pola orde de derruba dunha vivenda declarada ilegal e situada ás aforas da cidade. En Ombreiro a policía forcexeou cos veciños dun chalet que tratan de impedir o paso das máquinas para executar a demolición ordeada pola axencia da legalidade urbanística e ratificada por un xulgado // O tribunal Superior de Xustiza de Galicia e a Xunta cren que falta información sobre as axudas urxentes das que poden dispor as familias que están en proceso de desafiuzamento, pese ao convenio asinado polas dúas administracións para que os afectados teñan acceso a elas // Comeza o xuízo contra a ex concelleira socialista de Ourense Aurea Soto acusada dun delito de prevaricación urbanística. Enfróntase a unha pena de 10 anos de inhabilitación por legalizar unha urbanización e un aparcadoiro privado construido en solo público. 17/11/15

Tensión en Lugo pola orde de derruba dunha vivenda declarada ilegal e situada ás aforas da cidade // O tribunal Superior de xustiza de Galicia e a Xunta cren que falta información sobre as axudas urxentes das que poden dispor as familias que están en proceso de desafiuzamento // Comeza o xuízo contra a ex concelleira socialista de Ourense Aurea Soto acusada dun delito de prevaricación urbanística. 17/11/15

Concentración diante da factoría do grupo francés PSA- Peugeot- Citroën en Vigo en repulsa polos salvaxes atentados de París, do venres pola noite. Todas as institucións galegas, dende a Xunta á concellos e Delegación do Goberno secundaron en rúas e edificios administrativos concentracións coma as que houbo por todo o continente // Comezou en Vigo a vista contra os dezaoito acusados de tratar de introducir preto de 3.000 quilos de cocaína a bordo do pesqueiro Riptide en xuño de 2013. Piden 21 anos de cadea e 800 millóns de euros de multa para os cabeciñas da organización nun xuízo que se prolongará ata a semana que vén // Mes e medio despois do previsto, hoxe empezou a venda das viaxes do Imserso en Galicia. O conflicto entre as concesionarias do servizo demorou o proceso. Entre os destinos máis solicitados, a costa de Levante. En quince minutos cubríronse todas as prazas. 16/11/15

Concentración diante da factoría do grupo francés PSA- Peugeot- Citroën en Vigo en repulsa polos salvaxes atentados de París, do venres pola noite. Todas as institucións galegas, dende a Xunta á concellos e Delegación do Goberno secundaron en rúas e edificios administrativos concentracións coma as que houbo por todo o continente // Comezou en Vigo a vista contra os dezaoito acusados de tratar de introducir preto de 3.000 quilos de cocaína a bordo do pesqueiro Riptide en xuño de 2013. Piden 21 anos de cadea e 800 millóns de euros de multa para os cabeciñas da organización nun xuízo que se prolongará ata a semana que vén // Mes e medio despois do previsto, hoxe empezou a venda das viaxes do Imserso en Galicia. O conflicto entre as concesionarias do servizo demorou o proceso. Entre os destinos máis solicitados, a costa de Levante. En quince minutos cubríronse todas as prazas. 16/11/15

Concentración diante da factoría do grupo francés PSA- Peugeot- Citroën en Vigo en repulsa dos salvaxes atentados de París, do venres pola noite // Comezou en Vigo a vista contra os dezaoito acusados de tratar de introducir preto de 3.000 quilos de cocaína a bordo do pesqueiro Riptide en xuño de 2013 // Mes e medio despois do previsto, hoxe empezou a venda das viaxes do Imserso en Galicia. 16/11/15

A Policía adscrita á Xunta incrementará a colaboración coa Policía Nacional na persecuciòn dos delictos relacionados coa violencia machista. E un dos acordos do Consello que tamén lle deu o visto e prace ao proxecto de lei de patrimonio cultural que busca mellorar a coordenación entre as distintas administracións e prevé sancións de ata un millón de euros // A Garda Civil e a Policía Nacional colaborarán coas policías locais nas localidades do sur da Provincia de Pontevedra para velar pola seguridade dos mercadiños ambulantes // Oito barcos da OTAN están en Vigo onde poderán ser visitados, nas tardes do sábado e o domingo. Son navíos de Bélxica, Alemania, Letonia e Gran Bretaña con 350 militares. 13/11/15

A Policía adscrita á Xunta incrementará a colaboración coa Policía Nacional na persecuciòn dos delictos relacionados coa violencia machista. E un dos acordos do Consello que tamén lle deu o visto e prace ao proxecto de lei de patrimonio cultural que busca mellorar a coordenación entre as distintas administracións e prevé sancións de ata un millón de euros // A Garda Civil e a Policía Nacional colaborarán coas policías locais nas localidades do sur da Provincia de Pontevedra para velar pola seguridade dos mercadiños ambulantes. Na maioría delas volveranse a celebrar, logo de permaneceren pechados a raiz dos enfrontamentos das últimas semanas entre dous clans xitanos. Onde non reabrirán, de momento é en Vigo // Oito barcos da OTAN están en Vigo onde poderán ser visitados, nas tardes do sábado e o domingo. Son navíos de Bélxica, Alemania, Letonia e Gran Bretaña con 350 militares. 13/11/15

A Policía adscrita á Xunta incrementará a colaboración coa Policía Nacional na persecuciòn dos delictos relacionados coa violencia machista // A Garda Civil e a Policía Nacional colaborarán coas policías locais nas localidades do sur da Provincia de Pontevedra para velar pola seguridade dos mercadiños ambulantes // Oito barcos da OTAN están en Vigo onde poderán ser visitados, nas tardes do sábado e o domingo. 13/11/15