Seguimos con temperaturas altas. Manterase a sensación de calor, sobre todo no sur de Galicia. En Ourense pode acadar esta tarde os 38 graos. 14/07/15
O Parlamento de Galicia aprobará a renovación do Consello de Contas e o Valedor no próximo pleno extraordinario. BNG e AGE critican o pacto entre PP e PSOE.
Constituída a Deputación de Ourense, que volverá estar presidida polo popular Manuel Baltar.
Os prezos subiron 3 décimas en Galicia no mes de xuño.
Inditex obtivo un beneficio de 2.500 millóns de euros o ano pasado.
As instalacións que subministran enerxía ao novo Hospital de Vigo producen frío e calor, cun sistema de aforro que lle valeu ao novo Hospital converterse no primeiro de España que consegue a certificación europea de edificio sostible // O edificio do Garañón, paralizado en Lugo, por orde xudicial, preocupa ás autoridades locais. O Partido Popular pide crear unha comisión para ver a forma de evitar posibles indemnizacións ao promotor, que poderían chegar aos 30 millóns de euros. Mentres, a Alcaldesa, do Partido Socialista, propón agardar ata que haxa unha resolución xudicial, antes de tomar medidas // O tribunal supremo confirma a sanción ao xuíz do caso Asunta, José Antonio Vázquez Taín, por comentarios respecto dese asunto, mentres él o instruía. O xuíz referírase ó caso durante un congreso, ante publico e medios de comunicación. 13/07/15
As instalacións que subministran enerxía ao novo Hospital de Vigo producen frío e calor, cun sistema de aforro que lle valeu ao novo Hospital converterse no primeiro de España que consegue a certificación europea de edificio sostible // O edificio do Garañón, paralizado en Lugo, por orde xudicial, preocupa ás autoridades locais. O Partido Popular pide crear unha comisión para ver a forma de evitar posibles indemnizacións ao promotor, que poderían chegar aos 30 millóns de euros. Mentres, a Alcaldesa, do Partido Socialista, propón agardar ata que haxa unha resolución xudicial, antes de tomar medidas // Primeiro adestramento do Celta, logo de anunciar a fichaxe do sueco Jhon Guidetti, un dianteiro de 23 anos, que ficha por 5 anos. Entre os que se incorporaron ás ordes de Berizzo figura o danés Dani Wass, outra recente fichaxe do clube. 13/07/15
As instalacións que subministran enerxía ao novo Hospital de Vigo producen frío e calor, cun sistema de aforro que lle valeu ao novo Hospital converterse no primeiro de España que consegue a certificación europea de edificio sostible // O edificio do Garañón, paralizado en Lugo, por orde xudicial, preocupa ás autoridades locais. 13/07/15
Soben algo as temperaturas, sobre todo pola tarde. Onde mais, na contorna do río Miño, en Ourense. 13/07/15
Hoxe iniciamos unha semana decisiva para a constitución das novas Deputacións de Ourense, Pontevedra e A Coruña. Nesta última é onde se mantén nestes momentos o panorama máis aberto sobre a súa presidencia.
O presidente da Xunta recibe ó alcalde de Ourense.
BNG e Esquerda Unida din estar preparados para un hipotético adianto electoral das autonómicas.
Reabre o primeiro polígono de mexillón despois de dúas semanas con tódalas bateas pechadas.
Entrevista a Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra.
O lume dun incendio forestal matou 5.000 pitos nunha granxa de Baltar, en Ourense e queimou leiras e superficie forestal. En total, calcinou 50 hectáreas de terreo, 28 de monte e o resto de superficie agrícola. As lapas obrigaron a cortar o trafico na estrada que une Baltar con Xinzo de Limia // O BNG segue esixíndolle ao PsdeG a presidencia da Deputación da Coruña, dentro do acordo de programas decidido por ambos partidos. Os socialistas din que a presidencia lles corresponde a eles // As administracións van buscar solucións para mellorar a seguridade dos 25 puntos perigosos, nos que os camiños de Santiago se cruzan con estradas, na rede viaria Galega. 10/07/15
O lume dun incendio forestal matou 5.000 pitos nunha granxa de Baltar, en Ourense e queimou leiras e superficie forestal. En total, calcinou 50 hectáreas de terreo, 28 de monte e o resto de superficie agrícola. As lapas obrigaron a cortar o trafico na estrada que une Baltar con Xinzo de Limia // O BNG segue esixíndolle ao PsdeG a presidencia da Deputación da Coruña, dentro do acordo de programas decidido por ambos partidos. Os socialistas din que a presidencia lles corresponde a eles // As administracións van buscar solucións para mellorar a seguridade dos 25 puntos perigosos, nos que os camiños de Santiago se cruzan con estradas, na rede viaria Galega. Anunciárono hoxe na localidade de Arca, preto de Santiago, onde unha peregrina perdía a vida, a principio deste verán. 10/07/15
O lume dun incendio forestal matou 5.000 pitos nunha granxa de Baltar, en Ourense e queimou leiras e superficie forestal // O BNG segue esixíndolle ao PsdeG a presidencia da Deputación da Coruña, dentro do acordo de programas decidido por ambos partidos // As administracións van buscar solucións para mellorar a seguridade dos 25 puntos perigosos, nos que os camiños de Santiago se cruzan con estradas, na rede viaria Galega. 10/07/15
As temperaturas baixaron bastante respecto ó dia caloroso de onte. Así vai seguir, ata mañá ó mediodía. 10/07/15
-A menos dunha semana de que se constitúa, tanto Psoe como BNG reclaman pra si a presidencia da Deputación da Coruña. Con todo, ambas formacions coinciden en que non se vai dar un escenario como na Deputación de Lugo.
-O delegado do goberno anuncia unha comisión Xunta-Ministerio de Fomento para mellorar a seguridade viaria no Camiño de Santiago, tralo atropelo mortal dunha peregrina alemana, no concello coruñés do Pino.
-Xerra de auga fría para a flota cefalopodeira galega, tras asinar a Unión Europea un acordo pesqueiro con Mauritania que impide á volta destes barcos ó caladoiro africano.
O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro di que poderá demostrar a súa inocencia e en que será desimputado, logo de que declare no xulgado, o próximo día 31,sobre un presunto caso de irregularidades urbanísticas, cando era concelleiro en Lugo. Besteiro di que non pensa dimitir e non se amosa rotundo respecto á súa candidatura á presidencia da Xunta // A Xunta aproba un bono de alugueiro social, para familias con menos recursos, ás que lles dará 150 euros ao mes durante un máximo de 2 anos // Os tenistas da selección española, e todo o corpo técnico, locen xa a nova equipación, deseñada pola empresa viguesa Nafta. Unha firma que, superada a súa crise, está agora en plena expansión. 09/07/15
O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro di que poderá demostrar a súa inocencia e en que será desimputado, logo de que declare no xulgado, o próximo día 31,sobre un presunto caso de irregularidades urbanísticas, cando era concelleiro en Lugo. Besteiro di que non pensa dimitir e non se amosa rotundo respecto á súa candidatura á presidencia da Xunta // A Xunta aproba un bono de alugueiro social, para familias con menos recursos, ás que lles dará 150 euros ao mes durante un máximo de 2 anos // Os tenistas da selección española, e todo o corpo técnico, locen xa a nova equipación, deseñada pola empresa viguesa Nafta. Unha firma que, superada a súa crise, está agora en plena expansión. 09/07/15
O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro di que poderá demostrar a súa inocencia e en que será desimputado, logo de que declare no xulgado, o próximo día 31,sobre un presunto caso de irregularidades urbanísticas, cando era concelleiro en Lugo. Besteiro di que non pensa dimitir e non se amosa rotundo respecto á súa candidatura á presidencia da Xunta // A Xunta aproba un bono de alugueiro social, para familias con menos recursos, ás que lles dará 150 euros ao mes durante un máximo de 2 anos // Os tenistas da selección española, e todo o corpo tecnico, locen xa a nova equipación, deseñada pola empresa viguesa Nafta. Unha firma que, superada a sua crise, está agora en plena expansión. Este é o seu contrato mais importante. 09/07/15
Hoxe temos temperaturas mais altas ca one. Soben en toda Galicia, sobre todo, nas Rías Baixas,e en Ourense. 09/07/15
-O goberno galego aproba o bono de alugueiro social, que contempla axudas de ata 150 euros ó mes durante un máximo de dous anos para familias en risco de desafiuzamento.
-O consello Económico e Social pide á Xunta e á administración central medidas mais activas para incentivar a creación de emprego, especialmente entre a mocidade.
-O secretario xeral do PsdeG-Psoe, José Ramón Gómez Besteiro, confía en que poida demostrar a súa inocencia ante a xuiza Pilar de Lara. Síntese respaldado polo partido e afirma que non renunciará o seu cargo.
-O BNG quere convencer ás mareas para que apoien a un candidato nacionalista para presidir a Deputación da Coruña.
O Rei Felipe Sexto estará na Escola Naval de Marín o próximo día 16, e a Raíña Dona Leticia tamén visitará Galicia este mes, pero ningún dos dous asistirá á ofrenda ao Apóstolo, o día 25. Soubose esto despois da recepción que o Monarca lle concedeu hoxe ao Presidente da Xunta, na Zarzuela, e na que Nuñez Feijoo lle ofreceu información sobre a situación económica e social de Galicia // No Parlamento, tratouse hoxe da loita contra a violencia de xénero. Namentres, no exterior, ringleiras de zapatos vermellos, lembráron, de xeito simbólico ás mulleres vítimas desta violencia. Foron colocados darredor do parlamento por activistas da asociación Ve la Luz que tamén interviron na comisión parlamentaria para pedir máis medidas para evitala // A Secretaria de organización dos socialistas, Pilar Cancela, di que será o propio Besteiro quen decida sobre a súa candidatura á Presidencia da Xunta, logo de que renunciara a optar a unha praza de senador, ao ser imputado por presuntas ilegalidades. 08/07/15