As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Na crise do PP, Alberto Núñez Feijóo gaña protagonismo. Varios dirixentes autonómicos, que se reunirán pola tarde con Pablo Casado, xa o citan como a persoas idónea pra toma-lo mando no Partido Popular no Congreso extaordinario que o martes convocará a Xunta directiva. Unha crise que tamén sobrevoou a sesión de control no parlamento galego, na que a oposición lle pedía a Feijóo que aclare o seu futuro político.
As familias do Villa de Pitanxo continúan reclamando que se reactive a busca oficial dos 12 mariñeiros desaparecidos en Terranova, unha tarefa que neste momento realizan de forma voluntaria 8 buques galegos coa colaboración de pesqueiros da NAFO. A federación internacional de transportes denuncia que non estén recibindo unha guía de actuación.
A ITF demanda unha resposta coordenada tanto na busca dos desaparecidos, como na investigación. Recordan que as causas dun naufraxio son múltiples e que estamos a falar dun sector con eivas nas condicións laborais e con protocolos internacionais de seguridade na pesca que NON están ratificados.
En Canadá seguen os corpos de catro dos mariñeiros peruanos falecidos neste naufraxio. Segundo os familiares, as autoridades peruanas aínda non autorizaron a súa repatriación ó dar positivo en COVID.
No sanitario, boas novas pro sector hostaleiro. Desde esta fin de semana xa non terán que pedir pasaporte Covid pra acceder ós seus locais. Galicia era a única comunidade que aínda o esixía en bares e restaurantes.
Decisións que veñen avaladas pola melloría dos datos. As Ucis están xa en niveis previos á sexta vaga, e o total de doentes é semellante ó do día de Nadal.
O que non mellora é a situación da sanidade pública, a tenor das protestas que seguimos recollendo. Na Mariña, os alcaldes e a plataforma en defensa da sanidade publica piden medidas urxentes. Avisan de que as carencias da atención primaria están a colapsar as urxencias do hospital de Burela.
Canto ó tempo, hoxe temos algunhas nubes altas e ceos despexados. As temperaturas chegarán ata os 23 graos en Ourense. O vento frouxo do leste
Non vai durar esta estabiidade, mañá chega unha fronte, pouco activa, que deixará ceos parcialmente nubrados, chuvias febles no terzo norte. As temperaturas máximas baixarán, e o vento sguirá frouxo, ainda que aumentará a súa intensidade co avance do día.
No mar, ventos variables, forza 1 a 3. mar de fondo do noroeste con ondas de ata 3 metros.
En la sesión de control al Gobierno en el parlamento gallego, la oposición ha reprochado a Alberto Núñez Feijóo que esté dispuesto a cambiar Galicia por el Partido Popular. El presidente de la Xunta ha dado pocas pistas, pero ha exhibido el apoyo que tienen los populares en Galicia. "Dicen que tengo que elegir entre Galicia y el Partido Popular, y Galicia siempre eligió el Partido Popular", ha dicho.
Informa Cruz Mato.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Varios pesqueiros reanudaron a busca dos mariñeiros que permanecen desaparecidos en Terranova e as familias coñecerán este xoves os plans do Goberno nunha reunión co director xeral da mariña mercante.
Na crise do PP, Alberto Núñez Feijóo gaña protagonismo. Tóda-las miradas se dirixen a el para a nova etapa que se abrirá no partido cun congreso extaordinario. Él só di que saberá estar á altura da situción.
Sobre a pandemia... os hostaleiros saberán hoxe se sanidade elimina a obrigatoriedade de presentar o certificado cOvid para entrar nos establecementos, en vigor ata este sábado.
O tempo. Non hai cambios, segue o dominio do anticiclón.
A volta máis triste dos que quedan do 'Pitanxo'
- Os superviventes e os restos de cinco dos falecidos recuperados están xa en Galicia
- Os familiares reclaman que se faga todo o posible para atopar os corpos dos desaparecidos
Pesqueiros galegos estanse a encargar por inciativa propia de buscar o resto dos corpos dos falecidos no pesqueiro Villa de Pitanxo en augas de Nafo en Terranova. Os mariñeiros que faenan na zona din aprobeitar unha ventá que deixa o tempo polo de agora, pero pídenlle a Administración da Armadoras Viguesas, operativos.
Boas Tardes..., Xornada de Movementos no Partido Popular, O presidente Alberto Núñez Feijóo acudirá mañá a reunión da Xunta directiva do partido en Madird, ante a inminente dimisión do actual lider do PP en españa Pablo Casado. tamén estamos pendentes do comité clínico que se reuniu esta tarde para decidir a retirada dos resto de restriccións que ainda están vixentes
Os superviventes e os restos de cinco dos falecidos recuperados están xa en Galicia. Os familiares reclaman que se faga todo o posible para recuperar os corpos dos desaparecidos.
El lunes por la noche llegaron en avión los tres supervivientes y cinco de los fallecidos del Villa de Pitanxo. La aeronave, fletada por el Gobierno de España, aterrizó en el aeródromo militar de Santiago de Compostela procedente de Canadá. Allí les recibió el presidente Pedro Sánchez, que se reunió también con las familias de los marineros desaparecidos.
Ellos le pidieron que se reanude la búsqueda con el envío de buques con robots sumergibles. "Dijo que se pondrían a trabajar, pero no nos dio un plazo concreto. Vamos a darle un voto de confianza. Le advertimos de que íbamos a estar vigilantes", ha dicho María José Pozo, una de las familiares.
Foto: Moncloa/Fernando Calvo/Handout via REUTERS
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Mentres as autoridades se comprometen a buscar e mobilizar medios pra tratar de rescata-los corpos dos 12 desaparecidos do naufraxio en Terranova do Villa de PItanxo, os armadores de Vigo mobilizan o que teñen: barcos pesqueiros. Son xa tres, outro en camiño, e tamén agardan o apoio dalgúns compañeiros portugueses ou canadenses no caladoiro NAFO. Un xesto que agradecen as súas familias, que hoxe recibían a homenaxe do pleno do parlamento galego. Neles, e nos falecidos, seguen pensando os superviventes, xa nas súas casas.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo