Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Queda un mes para que se inicien os traballos de dragaxe da ría do Burgo.
Pero os 80 mariscadores afectados ainda non saben quén lles vai pagar as indeminizacións por non poder traballar. Xunta e goberno central non se poñen de acordo.
De momento, seguen dispotos a impedir o arranque das obras.



--- Aumentan as hospitalizacións por coronavirus. Hai ingresadas 46 persoas na provincia.


--- O concello de Santiago aproba a licenza para construir unha gasolinera preto da urbanización de Brandía, en Vidán.


--- A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, acusa a Xunta de non investir na cidade.


--- Deportes. Día histórico para o Victoria da Coruña. As sete recibe, no estadio de Riazor, ó Vilarreal na primeira eliminatoria da Copa do Rei. Falaremos co seu presidente.

Empeoran os datos epidemiolóxicos da pandemia snaitaria.
ARRANCA a semana con máis persosas enfermas e con máis hospitalizados de covid.
Hai 41 doentes ingresasdos, e 10 deles permanecen en coidados intensivos.
As persoas con covid superan xa as 1300 nas tres áreas sanitarias da provincia.


--- As mulleres do rural son as que máis sofren a violencia machista, segundo denuncia a presidenta da Federación de mulleres rurais de Galicia.

--- O carballo de Conxo aspira a converterse na árbore Europea de 2022.


--- Deportes. O Deportivo empata co Bilbao Athletic e segue como lider. Ten tres puntos máis que o segundo, o racing de Santander, que non foi quen de gañarlle ó Unionistas.


--- No tempo da entrevista, falaremos dos problemas do barrio de San Lourenzo en Santiago

Importante participación e "implicación" cidadá na nosa provincia este 25 de Novembro Día Internacional para a Eliminación da a Violencia contra as mulleres. A tarde pasda houbo numerosas manifestacións. Tamén se concentraron en Santiago estudantes da Facultade de Políticas para denunciar un presunto caso de acoso as alumnas.


--- O delegado do goberno defende que se inclúa a Ferrol nos plans de transición xusta porque o seu porto foi o de España que máis tráfico perdeu ao eliminar o uso do carbón a central das Pontes.

--- A deputación da Coruña aprobará hoxe os orzamentos para o ano 2022. Ascenden a algo máis de 189 millóns de euros.

--- O pleno de Santiago pide á Xunta que regule a taxa turística que permita gravar as estancias con ou sen pernoctación.

18 colexios e institutos de Galicia terán coma reto construír un dron para agagar un incendio. Teñen de prazo ata maio, dentro da primeira liga de dron auspiciada pola Fundación Barrié de la Maza.

Os traballadores de atención primaria continúan a denunciar a infradotación deste servizo. Sanitarios da área A Coruña-Cee concentraronse no Chuac para pedir máis medios humanos que permitan solucionar os problemas asistenciais. Din que xa o denunciaron hai dous meses sen que ata o de agora se solucionase.

--- Cunha concentración onte na Coruña e unha manifestación mañá en Santiago, os pensionistas amosan o seu rexeitamento á reforma do Ministro Escrivá.

--- Vertido de lodos na mina de Varilongo, en Santa Comba. Foi a unha balsa da canteira pero podería chegar ao Xallas.

--- A estación de Autobuses de Santiago pasa a historia. Hoxe comeza a demolición do edificio.

O goberno aprobou este luns o real decreto que regula de novo o imposto da plusvalía que tanto afecta aos municipios e a súa financiación. Ainda que lle da seis meses para adaptarse, aquí, o alcalde de Santiago fai contas e di que non cre que vaia alterar o orzamento do concello no ano próximo.

cos hosteleiros manter as terrazas nos espazos de aparcamento. Tamén igualará a estética delas en toda a cidade.

--- A subdelegada do goberno suliña que a Coruña é unha cidade segura. Resposta así á concentración do domingo que volvía denunciar problemas nos barrios.

--- O alcalde de Neda di que a morte dun pescador atropelado por una tren foi un lamentable accidente e que o paso da vía non é perigosa.

A pandemia deixanos unha paixaxe urbana moi modificada. O que hai agora e non había antes son terrazas dos locais de hostelería nas rúas e en moitos casos en zonas que antes eran de aparcamento. A emerxencia sanitaria foi a xustificación. Agora que pasou as autoridades e o sector abordan o seu futuro. É o que van facer hoxe o concello e os hosteleiros na Coruña.

concentráronse este domingo na praza de María Pita na Coruña para mais seguridade nos barrios.

--- Presentadas 25 solicitudes en Santiago para o servizo gratuito de limpeza de pintadas en carpinterías de edicificos do casco histórico.

--- Falece un pescador no concello de Neda atropelado por un tren.

--- Comeza en Santiago unha nova edición de Cineuropa. Proxectaranse 160 películas.

As estafas e roubos a través de internet están a medrar máis dun 50 por cento no que vai de ano en Galicia. Para loitar contra estas prácticas empeza a funcional hoxe na Coruña a primeira unidade especializada Os chamados equipos arroba, da Garda Civil. Din que as As vítimas máis habituais, varons de entre 25 e 40 anos, usuarios das novas tecnoloxías.

O concello de Coruña aproba. en pleno, as ordenazas fiscais para 2022.
Grávanse os caixeiros automáticos dos bancos situados na vía pública e os locais das empresas de telefonía móbil.
Tamén inclúen bonificacións para distintos colectivos.
As novas ordenanzas foron consensuadas entre o Partido Socialista e Marea Atlántica.
O PP votou a favor só das bonificacións.



concello de Ferrol aproba en pleno solicitar un crédito de 14 millóns de euros para financiar obras incluidas nos orzamentos de 2021.

--- Santiago contará dentro dun ano con coches eléctricos sen condutor pró reparto de mercadorías na zona vella da cidade.

--- A estatua orixinal de Emilia Pardo Bazán volve ós Xardíns de Méndez Núñez na Coruña. Fora retitada en 2006

--- No tempo da entrevista, falaremos co alcalde de Rois, con Ramón Tojo.

O pleno do concello da Coruña rexeita as propostas do Partido Popular para loitar contra a inseguridade cidadá.
Entrelas, a recuperación da policía de barrio.
Todos os grupos votaron en contra, e Podemos abstívose.
O goberno local acusou ó Partido Popular de crear unha sensación de inseguridade prebélica.
O PP, promotor do pleno, sostén que inseguridade nos barrios da Coruña é unha realidade, non unha sensación.

--- Os afectados pola exposición ó amianto na comarca de Ferrol concentranse este mediodía as portas de Navantia.

--- O Concello de Santiago pon a Oficina de Rehabilitación a dispor dos propietarios interesados en acollerse ás axudas estatais pra restaurar vivendas.


--- Deportes. Os xuvenís do Deportivo golean ó Maccabi Haifa
na Youth League. Máis de 12.000 afeccionados presenciaron o partido en Riazor.


--- No tempo da entrevista, falaremos co escritor e debuxante de comic David Rubín