Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Luns de temporal con media Galicia en alerta sobre todo por ventos que superaron os 132 km por hora e chuvias intensas. No mar, tamén situación complicada con prácticamente toda a costa en alerta laranxa | As movilizacións das asociacións gandeiras contra o acordo de libre comercio entre a UE e Mercosur estèndense por Galicia. Ás de Ourense sumaronse hoxe concentracións na Coruña e Lugo | Dúas persoas morreron ao bater frontalmente o turismo no que viaxaban contra un camión, en Lugo | A Asociación Dereito a morrer dignamente reivindica, un ano máis, este 12 de xaneiro como Día da morte digna en Galicia. Lembran a loita de Ramón Sampedro, primeiro español en pedir a eutanasia, cando se cumpren 28 anos da súa morte | Despois de case dous meses, apagouse a iluminación de nadal en Vigo. As 12.000 bombillas led, que xa son un atractivo turístico. Durante estas semanas, a ocupación na cidade olívica superou o 75%. Case a metade dos turistas foron estranxeiros

Luns de temporal, con media Galicia en alerta sobre todo por ventos que superaron os 132 km por hora e chuvias que poden descargar ata 40 litros por metro cadrado en doce horas. No mar, prácticamente toda a costa en alerta laranxa por mar de vento e por ondas que poden acadar os 6 metros, especialmente na Costa da Morte

Agricultores e gandeiros amplían a súa protesta en Ourense, no día no que os países da Unión Europa dan a súa aprobación ao acordo co Mercosur. Reclaman á Xunta que apoie a súas demandas contra a apertura do mercado comunitario a produtos foráneos que consideran competencia desleal | Polémica entre as forzas políticas pola proposta de reforma dao financiamento autonómico anunciada polo goberno central, que asegura, suporá un aumento para todalas comunidades | Traballadores do transporte de viaxeiros da Coruña manifestáronse pra esixir o desbloqueo da negociación do novo convenio. Consideran insuficiente o dous por cento de incremento salarial que ofrece a parte empresarial | Supermercados e establecementos de distribución prepáranse para aplicar a prohibición de vender bebidas enerxéticas a menores en Galicia a partir do 7 de marzo. Será a primeira comunidade en aplicar esa medida

Agricultores e gandeiros amplían a súa protesta en Ourense, no día no que os países da Unión Europa dan a súa aprobación ao acordo co Mercosur. Supón a creación da zona de libre comercio máis grande do mundo. España atópase entre o países que votaron a favor | O Ministerio de Facenda presenta unha proposta de reforma do sistema de financiamento autonomico que pretende ofrecer, di, máis recursos ás comunidades. O goberno galego rexeita este novo modelo, que vincula ao acordo para a financiación singular de Cataluña | Xa coñecemos a data na que entrará en vigor a lei que prohibe vapear e consumir bebidas enerxéticas aos menores de idade. Será o 7 de marzo. Nos supermercados e comercios prepáranse xa para pedir os DNIs. As multas aos que incumpran a norma poden chegar aos 15.000 euros | Galicia esquivou a borrasca Goretti que se sitúa agora sobre Francia onde si se prevén efectos adversos. Por aquí pasou sen máis incidencias que un temporal de inverno

Agricultores e gandeiros amplían a súa protesta en Ourense, no día no que os países da Unión Europa dan a súa aprobación ao acordo co Mercosur | Polémica entre as forzas políticas pola proposta de reforma dao financiamento autonómico anunciada polo goberno central | | Supermercados e establecementos de distribución prepáranse para aplicar a prohibición de vender bebidas enerxéticas a menores en Galicia a partir do 7 de marzo | Galicia esquivou a borrasca Goretti que se sitúa agora sobre Francia onde si se prevén efectos adversos

A borrasca Goretti trae hoxe máis frío a Galicia e cota de neve nos 900 metros polo se activa unha alerta na montaña de Lugo. A fin de semana principia con chuvascos máis intensos na metade norte que irán remitindo ao final do día. Segue activa a alerta laranxa ata esta noite en todo o cantábrico e ata a costa da morte por ondas de ata 6 metros

A incidencia da Gripe baixa en Galicia, aínda que aumentan os ingresos hospitalarios de persoas vulnerables. E o balance de evolución da vaga epidémica na última semana da consellería de Sanidade, que pide cautela a espera de comprobar cómo afectan as festas e reunións familiares de Nadal | O persoal dos servizos de urxencias dos hospitais denuncian sobrecarga laboral, con máis de 500 persoas atendidas por día. Traballadores do Alvaro Cunqueiro, de Vigo, anuncian paros todas as tardes | O Goberno Central aproba máis de nove millóns de euros para as zonas afectadas polos incendios do pasado verán que son cualificados como catástrofe natural, e que afectaron sobre todo, á provincia de Ourense | Inaugurado en Santiago o Museo Diocesano, chamado a albergar parte do patrimonio e tradición xacobea custodiada na sede arzobispal compostelá e incorpora a igrexa de San Martiño Pinario, coa sacristía e a sillería do coro do século XVII

Tras uns días moi fríos chega agora esa borrasca que mudará en cicloxénese explosiva. Nomeada Goretti polos servizos meteorolóxicos franceses, deixará choivas e vento tamén en terra, e no mar na costa norte está activado o aviso laranxa | A consellería de sanidade dá por superado o pico da gripe. Pero pide manter as medidas de prevención ante o aumento de ingresos de persoas maiores, ata ver como inflúen as festas e reunións do nadal na circulación do virus, fronte ao que se vacinaron nesta campaña máis de 876 mil persoas | Galicia lidera o ranking de matriculacións en escolas infantís. Preto do 65% dos nenos de cero a tres anos están escolarizados, o que supón un 15% máis que a media nacional | O Arcebispado e a Fundación Catedral de Santiago impulsan a creación do Museo Diocesano. Unha instalación que se inaugurou hoxe e que velará pola xestión, conservación e difusión do patrimonio cultural da Igrexa compostelá. Localizáse no mosteiro de San Martiño Pinario.

Media Galicia, en alerta pola borrasca Goretti con ventos de ata 140 km por hora | A incidencia da Gripe baixa en Galicia, aínda que aumentan os ingresos hospitalarios de persoas vulnerables | O persoal dos servizos de urxencias denuncia sobrecarga laboral, con máis de 500 persoas atendidas por día | Galicia lidera o ranking de matriculacións en escolas infantís, con preto do 65% dos nenos de cero a tres anos escolarizados | Inaugurado en Santiago o Museo Diocesano, chamado a albergar parte do patrimonio e tradición xacobea. Inclúe un percorrido pola historia da fe e o arte custodiada na sede arzobispal compostelá

Ao paso da Borrasca Goretti, vento forte na metade norte e zonas altas. O litoral entre a costa da Morte e a costa de Lugo en aviso laranxa por ondas de ata 6 metros. Chuvia máis activa e xeneralizada pola tarde, máis intensa na franxa atlántica acompañada de treboadas

Gandeiros e agricultores intensifican a sua mobilización de protesta en Ourense co bloqueo do acceso a subdelegación do goberno. Denuncian a previsión de recorte de axudas da PAC e a ratificación do acordo da Unión Europea co Mercosur. Din que pode supoñer unha competencia desleal polo acceso de produtos sen cumplir os estrictos controis comunitarios | Primeiro día tralas festas de nadal, con establecementos pechados na provincia da Coruña pola folga do sector textil. Reclaman a blindaxe dos convenios provinciais fronte a intención das grandes compañías como Inditex, Mango ou Primark, por implantar os de ámbito estatal | Galicia volve ser a comunidade con menor gasto previsto nas rebaixas, cun presuposto medio de 90 euros por persoa, ainda que cun aumento de case un 5 por cento respecto ao ano anterior | Máis de 20 millóns de euros da Lotaría do Neno, repartidos por unha administración do Porriño. En total, o sorteo deixa uns 45 millóns en Galicia

Gandeiros e agricultores intensifican a sua protesta en Ourense, logo de dez días de mobilización, co bloqueo durante unhas horas do acceso á subdelegación do goberno. Piden que non se ratifique o acordo comercial da Unión Europea con Mercosur por considerar que supón unha competencia desleal polo acceso de produtos sen cumplir os estrictos controis comunitarios | Primeiro día tralas festas de nadal, no que os consumidores atopan moitos establecementos pechados na provincia da Coruña pola folga do sector textil | O Deportivo coñece xa o seu rival nos oitavos de final de Copa do Rei. Será o Atlético de Madrid. A eliminatoria xogarase, a partido único, en Riazor a semana que vén | As montañas de Lugo están novamente cubertas de neve. Lugares como o Cebreiro están a vivir un Nadal branco, como non se vía desde hai anos

Gandeiros e agricultores intensifican a sua mobilización de protesta en Ourense co bloqueo do acceso a subdelegación do goberno | Primeiro día tralas festas de nadal, con establecementos pechados na provincia da Coruña pola folga do sector textil | Máis de 20 millóns de euros da Lotaría do Neno, repartidos por unha administración do Porriño. En total, o sorteo deixa uns 45 millóns en Galicia | O Deportivo coñece xa o seu rival nos oitavos de final de Copa do Rei. Será o Atlético de Madrid

Situación intermedia entre altas e baixas presións. Día de ceo nubrado con precipitacións intermitentes pola mañá na metade norte, quedando a segunda metade do día sen chuvias. As temperaturas experimentan un lixeiro ascenso, con máximas entre os 10 graos de Lugo aos 13 da Coruña ou 15 en Vigo. O vento, do norte-noroeste moderado no litoral e frouxo no interior

Os Reis Magos están chegando a Galicia. A Santiago viñeron en avión e en Vigo reciben visitas nas súas carrozas. Esta tarde, os nenos e nenas poderán ver de novo a Melchor, Gaspar e Baltasar na rúa, desfilando nas cabalgatas | O paro baixou en Galicia máis dun 5 % durante o 2025. No pasado mes de decembro o desemprego aumentou en catrocentas sesenta persoas, pero ao longo de todo o ano o número de parados reduciuse en máis de seis mil oitocentas persoas | Animación nas administracións de lotarías na véspera do sorteo do Neno. Son moitos os que aínda hoxe buscan o número da sorte, agardando a fortuna que a case todos nos esquivou no sorteo de Nadal | Comezo de ano desigual para o Celta e o Deportivo. O equipo de Vigo gañoulle por goleada ao Valencia, co que avanza aos postos altos de clasificación. O Dépor, a pesar de ir gañando ata case o final do partido, acabou en empate co Cádiz en Riazor

Os Reis Magos están chegando a Galicia. A Santiago viñeron en avión e en Vigo reciben visitas nas súas carrozas. Esta tarde, os nenos e nenas poderán ver de novo a Melchor, Gaspar e Baltasar na rúa, desfilando nas cabalgatas | O paro baixou en Galicia máis dun 5 % durante o 2025. No pasado mes de decembro o desemprego aumentou en catrocentas sesenta persoas, pero ao longo de todo o ano o número de parados reduciuse en máis de seis mil oitocentas persoas | Unha masa de aire ártico faise notar en toda a comunidade. En zonas como Cabeza de Manzaneda rexistráronse esta madrugada nove graos baixo cero

Os Reis Magos están chegando a Galicia. A Santiago viñeron en avión e en Vigo reciben visitas nas súas carrozas | O paro baixou en Galicia máis dun 5 % durante o 2025. Ao longo de todo o ano o número de parados reduciuse en máis de 6.800 persoas | Animación nas administracións de lotarías na véspera do sorteo do Neno | Comezo de ano desigual para o Celta e o Deportivo. O equipo de Vigo gañoulle por goleada ao Valencia. O Dépor acabou en empate co Cádiz en Riazor

Baixada drástica das temperaturas que irán acompañadas de tempo seco e ceos pouco nubrados ao sur, con máis nubes cara o norte e, incluso, podería caer algún chuvasco. A cota da neve descende ata os 500 metros. Os mercurios non superarán os 5 graos de mínima nas principais cidades de Galicia. En Lugo o termómetro xa rexistrou, de feito, os dous graos baixo cero. As máximas non superarán os 10 graos. A Aemet activou os avisos amarelos no litoral por vento e nas montañas lucenses por neve.

Viaxar entre Ferrol e Tui por autoestrada custa xa 28,10 euros. É o resultado da suba das peaxes da AP-9 que entrou en vigor co novo ano. Un incremento de case o 5%, e que chega ata o 9% nalgúns tramos de moito tráfico | Empeza o 2026 e con el chegan os habituais propósitos e metas que cada un quere conseguir este ano. A maioría van enfocadas en mellorar as nosas rutinas diarias | Tralo turrón, os polvoróns e os mazapáns, chega o roscón. Outro dos doces máis demandados da tempada que estes días fai traballar arreo as panaderías e pastelarías | Imos lembrar a figura de Ramón Otero Pedrayo, o 'patriarca das letras galegas', ao que Galicia lle dedica este ano 2026. Foi escritor da Xeración Nós, xeógrafo, docente e político galeguista

Viaxar entre Ferrol e Tui por autoestrada custa xa 28,10 euros. É o resultado da suba das peaxes da AP-9 que entrou en vigor co novo ano. Un incremento de case o 5%, e que chega ata o 9% nalgúns tramos de moito tráfico | Empeza o 2026 e con el chegan os habituais propósitos e metas que cada un quere conseguir este ano. A maioría van enfocadas en mellorar as nosas rutinas diarias | Tralo turrón, os polvoróns e os mazapáns, chega o roscón. Outro dos doces máis demandados da tempada que estes días fai traballar arreo as panaderías e pastelarías