A Policía dá por desarticulada a organización de narcotraficantes que transportou a Galicia tres toneladas e media de cocaína a bordo dun narcosubmarino. Un dos maiores alixos decomisados nos últimos anos. Están xa en prisión 12 dos 14 detidos | Empeza a campaña de vacinación da gripe e a covid-19 nos centros de maiores e persoas con discapcidade. Este ano, como novidade, amplíase a dose de alta carga aos maiores de 70, tralos positivos resultados do ensaio Galiflu | Unha delegación Chinesa anima en Santiago reforzar as relacións comerciais con Galicia. O país asiático exporta á nosa comunidade produtos por valor de máis de 2.000 millóns de euros fronte a unhas importacións de apenas 217 millóns, principalmente de peixe e marisco | A cidade da Coruña estrea a Taxa turística, de entre un e dous euros e medio por noite de estancia. Os hostaleiros anuncian que recorrerán a normativa pola vía xudicial
Fardos con 3.600 quilos de cocaína de gran pureza. É O primeiro gran alixo introducido por un narcosubmarino que a Policía logra intervir en terra en Galicia | Hoxe arrancou a vacinación fronte á gripe e a covid nas residencias de maiores e nos centros de persoas con discapacidade. Unha campaña que se extenderá ata o 31 de decembro, e que por primeira vez desde a pandemia, non será en grandes recintos | A xunta investirá 100 millóns de euros na compra de fármacos CAR-T para tratar a uns 250 pacientes con mieloma múltiple. É unha decisión aprobada hoxe no consello, para mellorar os tratamentos inmunoloxicos| A cidade da Coruña estrea hoxe a Taxa turística, de entre un e dous euros e medio por noite de estancia. Os hostaleiros anuncian que recorrerán a normativa pola vía xudicial, igual que en Santiago, onde está previsto que a taxa turística entre en vigor o mércores|
A Policía dá por desarticulada a organización de narcotraficantes que transportou a Galicia tres toneladas e media de cocaína a bordo dun narcosubmarino | Empeza a campaña de vacinación da gripe e a covid-19 nos centros de maiores e persoas con discapcidade | A xunta investirá 100 millóns de euros na compra de fármacos CAR-T para tratar a uns 250 pacientes con mieloma múltiple | Unha delegación Chinesa anima en Santiago reforzar as relacións comerciais con Galicia | o por noite de estancia. Os hostaleiros anuncian que recorrerán a normativa | Bombeiros do servizo de prevención e extinción de incendios forestais piden un reforzo de medios humanos e materiais
Recuperamos a influencia anticiclónica, con máis nubes sobre todo no terzo norte e algunha chuvia feble e ceos máis despexados canto máis ao sur. As temperaturas mínimas baixan e as máximas queda con poucos cambios. Oscilarán entre os 20 graos en Lugo aos 27 en Pontevedra e Ourense
Drons adaptados para transportar uva dende os viñedos ata á adega. É unha iniciativa que analiza a viabilidade desa tecnoloxía en terreos de difícil acceso como os da Ribeira Sacra. Un proxecto que podería mellorar o rendemento do sector | A Xunta poderá asumir pronto novas competencias transferidas dende o Goberno Central na xestión dos permisos de traballo para persoas extranxeiras e dos aeródromos que non sexan de interese xeral | O goberno autonómico rexeita, en cambio, o Plan Estatal de Vivenda impulsado polo Executivo de Pedro Sánchez. Di que invade as súas competencias e propón que as medidas para abaratar os prezos se centren na construción e o desenvolvemento de solo residencial | As preocupacións cada vez maior pola desinformación en temas sanitarios e a importancia de contrastar as fontes. E o tema central da edición de Ponte San, o maior certame adicado á Saúde e o Benestar en Galicia, que abre as suas portas en Pontevedra
Experiencia pioneira con drons para o transporte que busca alixeirar o traballo na viña nun lugar onde se practica a viticultura heroica | Boa sintonía entre o goberno central e a Xunta na primeira toma de contacto para o traspaso de dúas novas competencias.En outubro comezarán as negociacións para transferir a xestión de permisos de traballo para persoas extranxeiras e os aeródromos que non sexan de interese xeral | A Xunta rexeita o novo Plan Estatal de Vivenda, que o goberno pretende impoñer, di, sen consensuar coas comunidades e invadindo as súas competencias | entrega de arredor das 3.000 sinaturas da cidadanía galega na Delegación do Goberno en Galicia contra o xenocidio en Gaza | O Festival de Cine de Ourense arranca hoxe, con dez días de proxeccións por diante e coa participación de máis de 160 películas. O certame, que cumpre trinta anos, inclúe catro estreas nacionais e internacionais
Experiencia pioneira con drons para o transporte de uvas na Ribeira Sacra | A Xunta poderá asumir pronto novas competencias transferidas dende o Goberno Central na xestión dos permisos de traballo para persoas extranxeiras e dos aeródromos que non sexan de interese xeral | Ponte San, o maior certame adicado á Saúde e o Benestar en Galicia, que abre as suas portas en Pontevedra | O Festival de Cine de Ourense arranca hoxe, con dez días de proxeccións por diante e coa participación de máis de 160 películas
A espera dos restos do furacán Gabrielle, seguimos con tempo seco e solleiro. Mañá chegará esa borrasca que deixará chuvascos fortes no oeste e sur. Os chuvascos remitirán de madrugada para deixar paso de novo ao anticiclón o domingo. Hoxe algunhas nubes altas pola tarde con temperaturas que se manteñen sen cambios
Manifestación de traballadores do Ensino en Santiago, na xornada de Folga convocada pola CIG para reclamar melloras no comenzo do curso escolar. Os convocantes cifran a participación nun 60 por cento do profesorado, unha incidencia que A Xunta sitúa por debaixo do 15 por cento | Os gandeiros e agricultores afectados pola vaga de incendios poderán optar a axudas directa de ata dez mil euros. Así o anunciou o ministro de Agricultura, Luis Planas, nunha visita para coñecer de primeira man os danos na comarca de Valdeorras, na provincia de Ourense | Obras do mestre Mateo e outros tesouros da Catedral de Santiago serán expostas en Estados Unidos no próximo ano Xacobeo 2027. É unha iniciativa a partir do convenio asinado co museo Medows de Dallas, dedicado ao estudo e difusión do arte español | Cine en galego, de estrea no Festival de San Sebastián. A película de Miguel Ángel Delgado que relata a experiencia dos presos durante o franquismo na Illa de San Simón, unha reflexión sobre a memoria, a liberdade e os dereitos humanos
Traballadores do Ensino maniféstanse en Santiago, na xornada de Folga convocada pola CIG e o sindicato STEG. Unha mobilización coa que Reclaman melloras no comenzo do curso escolar | O ministerio de agricultura anuncia novas axudas directas de ata dez mil euros para gandeiros e agricultores afectados pola vaga de incendios deste verán| | A riqueza artística da Catedral de Santiago exhibirase en Estados Unidos con motivo do Ano Santo 2027. Unhas setenta pezas, das máis importantes do museo catedralicio, viaxarán ao Museo Meadows, de Dallas, a principal institución estadounidense dedicada ao estudo e difusión da arte española | Ata o sábado celébrase en Vigo a novena edición do Festival de cine freaky. As figuras centrais son os científicos chalados que utilizaban a ciencia para conquistar o poder. Na sección oficial compiten máis de setenta curtas internacionais de terror, ciencia ficción ou humor absurdo
Folga no Ensino convocada pola CIG Axudas de ata 10.000 euros aos afectados polo lume | Tesouros da Catedral de Santiago serán expostos en EE.UU.
Continúa, un día máis, a influencia das altas presións, con circulación do nordés. Temos así unha xornada de tempo seco e soleado, con néboas matinais no interior, que dan paso a ceos despexados. As temperaturas seguen sen apenas cambios, con máximas que van dende os 22 graos da Coruña aos 28 en Ourense
Minuto de silencio secundado por tódolos deputados no Parlamento de Galicia, polo xenocidio de Gaza. Foi tras unha longa negociación, da proposta dos socialistas finalmente aceptada tamén polo Partido Popular | O barrio vigués de Coia conta, de novo, co hipermercado máis barato de España. Así o indica o informe feito público hoxe pola OCU, que analiza máis de 700 establecementos. Os alimentos frescos, froita, verdura son os que máis incrementan o prezo da compra, que subiu un tres por cento no último ano | A Policía sitúa na comarca de Lemos aos presuntos autores do ataque ao edificio que acollerá a menores migrantes en Monforte, que investiga como un delito de odio. Alí, momentos de tensión na visita dunha representante de Vox | Presentación, en Pontevedra, dun Proxecto da Asociación Española contra o Cancro para apoiar a máis de 2.300 investigadores. Queren reforzar a figura do paciente como clave para o futuro dos tratamentos personalizados. Uns tratamentos nos que tamén xoga un papel cada vez maior a intelixencia artificial
Minuto de silencio secundado por tódolos deputados no Parlamento de Galicia, polo xenocidio de Gaza. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda pronuncia por primeira vez a palabra xenocidio referíndose ao que ocorre en Gaza | Os prezos da cesta da compra subiron preto do 3% nun ano segundo o informe da OCU. Estima en máis de 1.100 euros o aforro anual entre mercar no supermercado máis caro ou no máis barato. Un ano máis o máis económico está en Vigo | Presentación, en Pontevedra, dun Proxecto da Asociación Española contra o Cancro para apoiar a máis de 2.300 investigadores. Queren reforzar a figura do paciente como clave para o futuro dos tratamentos personalizados | |
Minuto de silencio secundado por tódolos deputados no Parlamento de Galicia, polo xenocidio de Gaza. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda pronuncia por primeira vez a palabra xenocidio referíndose ao que ocorre en Gaza | Os prezos da cesta da compra subiron preto do 3% nun ano segundo o informe da OCU, que sitúa, ano máis o hipermercado máis económico en Vigo | A Policía sitúa na comarca de Lemos aos presuntos autores do ataque ao edificio que acollerá a menores migrantes en Monforte, que investiga como un delito de odio | | Presentación, en Pontevedra, dun Proxecto da Asociación Española contra o Cancro para apoiar a máis de 2.300 investigadores
Nova xornada de influencia anticiclónica. Néboas nas comarcas do interior a primeiras horas do día e ceos pouco nubrados, con nubes de tipo alto. As temperaturas experimentan un lixeiro ascenso, con máximas que van dos 21 graos de Lugo ata os 29 previstos en Ourense. O vento frouxo do nordés, moderado no litoral
Terceira semana sen alumnos no colexio Ana María Diéguez de Rianxo. Os pais néganse a levar aos fillos ata que non se dote ao centro de máis profesorado de apoio | O Partido Popular fixo valer a sua maioría absoluta para rexeitar, no Parlamento, a creación dunha comisión para investigar a vaga de incendios deste verán con 140.000 hectáreas calcinadas. Unha proposta formulada polo BNG, que si contou co apoio dos socialistas e de Democracia Ourensana | A ocupación dos hoteis galegos descendeu un 2´5 por cento no mes de agosto respecto ao mesmo mes do ano anterior. Segundo os datos do INE, aumentan case un 6 por cento, ata situarse nunha media de 140 euros por noite | A denominación de Orixe Mexillón de Galicia cumpre 18 anos, cunha xornada para exaltar o seu produto, o primeiro do mar que conseguiu en Europa o distintivo de calidade
O Parlamento rexeita, cos votos do Partido Popular, crear unha comisión para investigar posibles neglixencias na xestión da vaga de incendios deste verán, con 140.000 hectáreas calcinadas| O goberno central levará outra vez á Xunta ao Tribunal Constitucional. O executivo considera ilegais dous aspectos da lei de acompañamento dos orzamentos da Xunta. Un é relativo ao regulamento dos parques eólicos, sobre todo á repotenciación, e o outro á equiparación do grao de discapacidade e de dependencia | Desde que comezou o curso, os máis de cen alumnos do colexio de Asados, en Rianxo, non asisten a clase. É a decisión unánime das familias tras anos de loita pedindo máis profesorado | As estadías hoteleiras caeron lixeiramente en Galicia en agosto, en contraste co aumento a nivel nacional, segundo publica hoxe o INE |
O Parlamento rexeita, cos votos do Partido Popular, crear unha comisión para investigar posibles neglixencias na xestión da vaga de incendios deste verán | O goberno central levará outra vez á Xunta ao Tribunal Constitucional polo regulamento dos parques eólicos pola equiparación do grao de discapacidade e de dependencia | A ocupación dos hoteis galegos descendeu un 2´5 por cento no mes de agosto respecto ao mesmo mes do ano anterior | Terceira semana sen alumnos no colexio Ana María Diéguez de Rianxo | A denominación de Orixe Mexillón de Galicia cumpre 18 anos, cunha xornada para exaltar o seu produto | A denominación de Orixe Mexillón de Galicia cumpre 18 anos, cunha xornada para exaltar o seu produto
Quedamos na influencia das altas presións centradas sobre as Illas Británicas. Bancos de néboa no interior e intervalos de nubes baixas no terzo norte coa posibilidade de chuvascos, para deixar paso a ceos alternando nubes e claros, máis despexados canto máis ó sur. As temperaturas, sen cambios ou en lixeiro ascenso, con máximas desde os 20 graos en Lugo ata 25 en Ourense