Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Unhas obras de renovación da liña de tren entre Lugo e Monforte están baixo a lupa da Unidade Central Operativa da Garda Civil. Os axentes sospeitan que o exasesor Koldo García tentou influír na adxudicación realizada por un millón catrocentos mil euros | O Tribunal Superior de Xustiza aborda a contaminación do encoro das Conchas en Ourense por unha denuncia sen precedentes: cidadáns que acusan ás administracións por inacción en prexuízo de dereitos fundamentais | O IPC de maio marca un aumento dos prezos do 1’7% respecto ao ano pasado | Prisión comunicada e sen fianza para o monitor de prácticas da piscina municipal de Marín por presunta agresión sexual a 6 menores | Dereito a Morrer Dignamente denuncian fallas que impiden dar cumprimento á vontade da persoa | Campaña de verán de doazón de sangue | PAU ordinaria con bos resultados, unha porcentaxe de aprobados do 95% e sen variacións respecto a anos anteriores, malia o cambio no modelo de exame | Campionato de percebe en Cedeira | Nova edición do Arde Lucus, o festexo baseado na loita entre romanos e castrexos que convoca milleiros de persoas cada ano | Os concertos no monte do gozo van nesta edición pasados por auga... pero a choiva non desanima. Tralo cheo de onte nova xornada de música, esta tarde con artistas como Keisi Ou, Bad Gyal, Juan Magán ou Amaia

Unhas obras de renovación da liña de tren entre Lugo e Monforte están baixo a lupa da Unidade Central Operativa da Garda Civil. Os axentes sospeitan que o exasesor Koldo García tentou influír na adxudicación realizada por un millón catrocentos mil euros | O Tribunal Superior de Xustiza aborda a contaminación do encoro das Conchas en Ourense por unha denuncia sen precedentes: cidadáns que acusan ás administracións por inacción en prexuízo de dereitos fundamentais | Prisión comunicada e sen fianza para o monitor de prácticas da piscina municipal de Marín por presunta agresión sexual a 6 menores | Dereito a Morrer Dignamente denuncian fallas que impiden dar cumprimento á vontade da persoa | Nova edición do Arde Lucus, o festexo baseado na loita entre romanos e castrexos que convoca milleiros de persoas cada ano | Os concertos no monte do gozo van nesta edición pasados por auga... pero a choiva non desanima. Tralo cheo de onte nova xornada de música, esta tarde con artistas como Keisi Ou, Bad Gyal, Juan Magán ou Amaia | Esperado regreso de ‘El último de la fila’ esta noite na Coruña

O Tribunal Superior de Xustiza aborda a contaminación do encoro das Conchas en Ourense por unha denuncia sen precedentes: cidadáns que acusan ás administracións por inacción en prexuízo de dereitos fundamentais | Unhas obras de renovación da liña de tren entre Lugo e Monforte están baixo a lupa da Unidade Central Operativa da Garda Civil. Os axentes sospeitan que o exasesor Koldo García tentou influír na adxudicación realizada por un millón catrocentos mil euros | PAU ordinaria con bos resultados, unha porcentaxe de aprobados do 95% e sen variacións respecto a anos anteriores, malia o cambio no modelo de exame | Os concertos no monte do gozo van nesta edición pasados por auga... pero a choiva non desanima. Tralo cheo de onte nova xornada de música, esta tarde con artistas como Keisi Ou, Bad Gyal, Juan Magán ou Amaia

Ceos con intervalos nubrados e chuvascos máis probables na franxa atlántica. Chuvascos illados que tamén poden caer nas primeiras horas do sábado na metade con norte con tendencia a ir desaparecendo pola entrada dun anticiclón que fará subir as temperaturas sobre todo a partir da próxima semana. De momento seguen frescas ata o domingo cando experimentarán un notable ascenso na metade sur

Desgusto e alarma entre os palangreiros galegos pola decisión do Tribunal Xeral de Europa que mantén o veto ao palangre. Estiman que supón un 30% menos de capturas. A meirande parte da frota da Unión é galega. Xunta e Goberno do Estado estudan a sentenza para adoptar medidas | 40 anos na Unión Europea; durante este tempo, a nosa comunidade recibiu máis de 30.000 millóns de euros en fondos europeos que, xunto coa aplicación de normativas comunitarias, explican como mudou Galicia ata ser o que somos | Protestas durante todo o día por toda Galicia contra o Sergas en relación coas listas de agarda. Din que utiliza estes longos tempos para desviar persoas á sanidade privada | Unanimidade nun pleno extraordinario do concello de Vigo para reclamar á Xunta unha facultade de Medicina na cidade | Condena de 37 anos de cadea para un home de Lugo por agredir e abusar sexualmente das dúas netas da súa parella e da curmá das menores nos periodos nos que conviviu con elas | Demoras de ata 40 minutos nos trens a Ourense, Ferrol e Vigo | Galicia viviu unha das primaveras máis húmidas e cálidas do últimos 60 anos | A Xustiza suspende outros tres proxectos de parques eólicos | Galicia é a comunidade con maiores perdas de auga en España | A Cidade da Cultura estrea a maior retrospectiva dun dos grandes fotógrafos das últimas décadas: o ucraíno refuxiado en Vigo Boris Savelev, premio PhotoEspaña 2024

Desgusto e alarma entre os palangreiros galegos pola decisión do Tribunal Xeral de Europa que mantén o veto ao palangre. Estiman que supón un 30% menos de capturas. A meirande parte da frota da Unión é galega. Xunta e Goberno do Estado estudan a sentenza para adoptar medidas | 40 anos na Unión Europea; durante este tempo, a nosa comunidade recibiu máis de 30.000 millóns de euros en fondos europeos que, xunto coa aplicación de normativas comunitarias, explican como mudou Galicia ata ser o que somos | Protestas durante todo o día por toda Galicia contra o Sergas en relación coas listas de agarda. Din que utiliza estes longos tempos para desviar persoas á sanidade privada | Concentracións convocadas en varios puntos de Galicia para mostrar o apoio á vítima de Campo Lameiro e defendela fronte ás críticas porque seguía vivindo coa súa parella | Ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza para o quinto detido implicado na liorta da pasada semana en Pontevedra. A Policía busca a outro dos autores | A Cidade da Cultura estrea a maior retrospectiva dun dos grandes fotógrafos das últimas décadas: o ucraíno refuxiado en Vigo Boris Savelev, premio PhotoEspaña 2024

Desgusto e alarma entre os palangreiros galegos pola decisión do Tribunal Xeral de Europa que mantén o veto ao palangre. Estiman que supón un 30% menos de capturas. A meirande parte da frota da Unión é galega. Xunta e Goberno do Estado estudan a sentenza para adoptar medidas | 40 anos na Unión Europea; durante este tempo, a nosa comunidade recibiu máis de 30.000 millóns de euros en fondos europeos que, xunto coa aplicación de normativas comunitarias, explican como mudou Galicia ata ser o que somos | Protestas durante todo o día por toda Galicia contra o Sergas en relación coas listas de agarda. Din que utiliza estes longos tempos para desviar persoas á sanidade privada | Galicia é a comunidade con maiores perdas de auga en España | A Cidade da Cultura estrea a maior retrospectiva dun dos grandes fotógrafos das últimas décadas: o ucraíno refuxiado en Vigo Boris Savelev, premio PhotoEspaña 2024

Deixa ceos nubrados con chuvascos que poden ser certa intensidade pola tarde sobre todo na franxa atlántica | As temperaturas seguen á baixa, con máximas que oscilarán dende os 21 graos de Santiago aos 26 que agardan en Ourense | As chuvias repetiranse mañá e ata o sábado non se agarda que volva entrar o anticiclón.

O comportamento do Presidente da Xunta, Alfonso Rueda trala dimisión de Alfonso Villares, investigado nun posible caso de violencia de xénero, centrou a sesión de control ao Goberno. Debateuse se co seu apoio ao exconselleiro, Rueda deu amparo a un presunto agresor sexual desprotexendo á vítima | Galicia despunta en absentismo laboral respecto a media de España; pérdense máis do 7% das xornadas laborais ao ano, cun elevado custo no noso produto interior bruto | Cambios na cúpula de Inditex | A muller morta en Campo Lameiro coa súa parella estaba rexistrada no sistema Vioxén como de alto risco | Novas agresións a persoal sanitario en Cee e na Coruña | 50 anos da creación do Centro de Investigacións Mariñas | A Xustiza europea desestima os recursos contra o veto á pesca de arrastre | O Tribunal Superior de Galicia paraliza cautelarmente o réxime de xestión do lobo aprobado pola Xunta | Últimos preparativos para dous grandes festexos en Galicia. En Lugo xa está case todo listo para a celebración romana a castrexa do Arde Lucus con máis de 300 actividades programadas. E Santiago xa acolle a centos persoas que asistirán aos concertos do Son do Camiño. Esperánse unhas 42.000 persoas por día | A Cantante Rosario Flores elixe a Coruña para presentar o seu novo disco, 'Universo de Ley'. Será en directo, nun concerto programado para o 13 de decembro

O comportamento do Presidente da Xunta, Alfonso Rueda trala dimisión de Alfonso Villares, investigado nun posible caso de violencia de xénero, centrou a sesión de control ao Goberno. Debateuse se co seu apoio ao exconselleiro, Rueda deu amparo a un presunto agresor sexual desprotexendo á vítima | Galicia despunta en absentismo laboral respecto a media de España; pérdense máis do 7% das xornadas laborais ao ano, cun elevado custo no noso produto interior bruto | Novas agresións a persoal sanitario na área Coruña-Cee | | A Xustiza europea desestima os recursos contra o veto á pesca de arrastre | O Tribunal Superior de Galicia paraliza cautelarmente o réxime de xestión do lobo aprobado pola Xunta | Últimos preparativos para o Arde Lucus -con máis de 300 actividades programadas- e ‘O Son do Camiño’, que acollerá unhas 42.000 persoas por día | A Cantante Rosario Flores elixe a Coruña para presentar o seu novo disco, 'Universo de Ley'. Será en directo, nun concerto programado para o 13 de decembro

Tensión entre Alfonso Rueda e a oposición no Parlamento polo apoio do Presidente a Alfonso Villares, investigado nun posible caso de violencia de xénero. Acusan a Rueda de quitar crédito á vítima ao se pronunciar a prol do exconselleiro | Galicia despunta en absentismo laboral respecto a media de España; pérdense máis do 7% das xornadas laborais ao ano, cun elevado custo no noso produto interior bruto | A muller morta en Campo Lameiro coa súa parella estaba rexistrada no sistema Vioxén como de alto risco | Últimos preparativos para o Arde Lucus -con máis de 300 actividades programadas- e ‘O Son do Camiño’, que acollerá unhas 42.000 persoas por día | A Cantante Rosario Flores elixe a Coruña para presentar o seu novo disco, 'Universo de Ley'. Será en directo, nun concerto programado para o 13 de decembro

Embolsamento de aire frío nunha xornada de ceos moi nubrados despois das treboadas nocturnas que deixaron chuvias importantes sobre todo en puntos da costa da Morte | Chubascos probables nas últimas horas do día na franxa atlántica | As temperaturas máximas oscilan entre os 22 graos previstos en Santiago e os 28 de Ourense

A actividade parlamentaria comezaba cunha xunta de voceiros extraordinaria na que os nacionalistas pretendían forzar explicacións de Rueda no pleno de mañá polo caso de Alfonso Villares. O Partido Popular impediuno e o tema acabou protagonizando a sesión de hoxe | Traballadoras de residencias de maiores privadas e dos servizos de axuda no fogar de toda Galicia mobilizáronse hoxe en Santiago. Piden mellores condicións laborais e salariais para un sector, o dos coidados, especialmente feminizado e precario | A Xunta vén de autorizar a creación dun centro de recría de vacas de leite con capacidade para máis de 1.200 exemplares. Será un dos negocios deste tipo máis grandes de Galicia e se instalará en Sobrado dos Monxes, provincia da Coruña | O tribunal Supremo recoñece a existencia de falsos autónomos na empresa NovaFrigsa do Grupo Coren en Lugo | Un modelo de predicións do Campus de Ourense calcula como evolucionaría un incendio cara a prever problemas en estradas e liñas de tren | O Tribunal Superior de Xustiza ratifica a condena a Jácome por vulnerar o dereito á participación política da oposición no pleno municipal | O Concello de Vigo multa á Sareb por incumprir ordes de reparación de tres edificios en estado de abandono. Un dos inmobles é a Privada Moderna, onde os veciños levan anos resistíndose ao desafiuzamento | Unha de cada dez persoas consume alcohol decotío en Galicia. Alcohólicos Anónimos celebra os seus 90 anos con 20 centros na nosa comunidade, tres deles en cárceres | Celta e Deportivo anuncian fichaxes | O Centro Dramático Galego pasa a formar parte da Unión de Teatros de Europa, unha prestixiosa rede internacional que lle abre a porta a colaborar cun selecto grupo de 25 centros | O músico galego Sen Senra homenaxea á súa familia e aos emigrantes no seu novo disco; un traballo en formato físico, con vinilo e casete incluídos baixo o título do número de matrícula do coche que tiña seu pai, PO 2054 AZ

A actividade parlamentaria comezaba cunha xunta de voceiros extraordinaria na que os nacionalistas pretendían forzar explicacións de Rueda no pleno de mañá polo caso de Alfonso Villares. O Partido Popular impediuno e o tema acabou protagonizando a sesión de hoxe | Traballadoras de residencias de maiores privadas e dos servizos de axuda no fogar de toda Galicia mobilizáronse hoxe en Santiago. Piden mellores condicións laborais e salariais para un sector, o dos coidados, especialmente feminizado e precario | As probas de ADN ratifican que os corpos atopados nun coche calcinado en Campo Lameiro corresponden ao propietario e á súa parella | A Xunta vén de autorizar a creación dun centro de recría de vacas de leite con capacidade para máis de 1.200 exemplares. Será un dos negocios deste tipo máis grandes de Galicia e se instalará en Sobrado dos Monxes, provincia da Coruña | O Tribunal Superior de Xustiza ratifica a condena a Jácome por vulnerar o dereito á participación política da oposición no pleno municipal | Celta e Deportivo anuncian fichaxes | O Centro Dramático Galego pasa a formar parte da Unión de Teatros de Europa, unha prestixiosa rede internacional que lle abre a porta a colaborar cun selecto grupo de 25 centros | O músico galego Sen Senra homenaxea á súa familia e aos emigrantes no seu novo disco; un traballo en formato físico, con vinilo e casete incluídos baixo o título do número de matrícula do coche que tiña seu pai, PO 2054 AZ

Traballadoras de residencias de maiores privadas e dos servizos de axuda no fogar de toda Galicia mobilizáronse hoxe en Santiago. Piden mellores condicións laborais e salariais para un sector, o dos coidados, especialmente feminizado e precario | A actividade parlamentaria comezaba cunha xunta de voceiros extraordinaria na que os nacionalistas pretendían forzar explicacións de Rueda no pleno de mañá polo caso de Alfonso Villares. O Partido Popular impediuno e o tema acabou protagonizando a sesión de hoxe | Unha de cada dez persoas consume alcohol decotío en Galicia. Alcohólicos Anónimos celebra os seus 90 anos con 20 centros na nosa comunidade, tres deles en cárceres | O Centro Dramático Galego pasa a formar parte da Unión de Teatros de Europa, unha prestixiosa rede internacional que lle abre a porta a colaborar cun selecto grupo de 25 centros

No campus de Vigo ás 2 da madrugada tiñan 27 graos e moitas localidades do sur de Pontevedra amencían por riba dos 25. Durante as horas centrais as máximas volverán roldar os 30, co Val do Miño, en Ourense, en alerta por calor por segundo día | A principal novidade serán as treboadas cara última hora do día, especialmente intensas na fachada atlántica a partir das nove da noite. Poden vir acompañadas de saraiba e descargar ata 25 litros de auga por metro cadrado

O Goberno galego aproba unha nova oferta de emprego público para persoal sanitario e a emisión de 16.000 Bonos de Turismo. A oposición denuncia que Din que o apoio de Rueda a Alfonso Villares vai en detrimento da loita contra a violencia machista | Os novos horarios e servizos de alta velocidade para conectar Galicia con Madrid reducen tempos de traxecto pero deixan sen conexión directa a Ferrol e Lugo | Os cambios no plan de formación aumentan a oferta de socorristas | Controlada a vertedura no río Landro pero Viveiro segue con restricións | Solta de 300.000 alevíns de troita nos ríos galegos | Un galego entre os campións nas olimpíadas de informática e física de España | Aberta a matriculación nas E.O.I. de Galicia | O Delegado do Goberno sinala que Ourense é seguro | Campionato de Galicia de traiñeiras de remo; nas categorías absolutas, os máis rápidos foron Ares en categoría masculina e Tirán na feminina. Sonia Boubeta, compoñente do Samertolameu gañador na categoría veterán, foi a primeira campioa galega remando con homes | O equipo estadounidense American Magic proclamouse campión da Galicia 52 Super Series | Manuel Ochoa coroase como campión da Copa do Mundo de piragüismo eslalon | O Liceo loitará polo seu noveno título de Liga na final contra o Barça | Sho- Hai, membro fundador de Violadores del Verso, dará o seu único concerto en Galicia no Noites do Porto

Turismo da Xunta emite unha nova edición de bonos, nesta ocasión emitirá 16.000, cos que os usuarios poderán aforrarse ata 120 euros. Estarán dispoñibles a partir de xullo para desfrutalos no vindeiro outono. A outra medida salientada por Alfonso Rueda afecta ao persoal sanitario. A oposición denuncia que Din que o apoio de Rueda a Alfonso Villares vai en detrimento da loita contra a violencia machista | Os novos horarios e servizos de alta velocidade para conectar Galicia con Madrid reducen tempos de traxecto pero deixan sen conexión directa a Ferrol e Lugo | Aberta a matriculación nas E.O.I. de Galicia | O Delegado do Goberno sinala que Ourense é seguro | Campionato de Galicia de traiñeiras de remo; nas categorías absolutas, os máis rápidos foron Ares en categoría masculina e Tirán na feminina. Sonia Boubeta, compoñente do Samertolameu gañador na categoría veterán, foi a primeira campioa galega remando con homes | O equipo estadounidense American Magic proclamouse campión da Galicia 52 Super Series | Manuel Ochoa coroase como campión da Copa do Mundo de piragüismo eslalon | O Liceo loitará polo seu noveno título de Liga na final contra o Barça | Sho- Hai, membro fundador de Violadores del Verso, dará o seu único concerto en Galicia no Noites do Porto

Os novos horarios e servizos de alta velocidade para conectar Galicia con Madrid reducen tempos de traxecto pero deixan sen conexión directa a Ferrol e Lugo | Os cambios no plan de formación aumentan a oferta de socorristas | O Goberno galego aproba unha nova oferta de emprego público para persoal sanitario e a emisión de 16.000 Bonos de Turismo | Controlada a vertedura no río Landro pero Viveiro segue con restricións | Campionato de Galicia de traiñeiras de remo; nas categorías absolutas, os máis rápidos foron Ares en categoría masculina e Tirán na feminina. Sonia Boubeta, compoñente do Samertolameu gañador na categoría veterán, foi a primeira campioa galega remando con homes

A semana comeza con forte suba das temperaturas sobre todo nas horas centrais do día que obrigan a activar avisos en Valdeorras e no Val do Miño onde os termómetros poden superar os 36 graos. No resto, valores altos que en xeral roldarán os 30 graos agás na Coruña onde quedarán arredor dos 25 | Tempo anticiclónico que vai durar pouco porque mañá aínda que seguirá a calor a tendencia é a que pola tarde se poidan producir chuvascos por treboada