Unha borrasca situada ao norte trouxo de novo choivas localmente fortes que irán remitindo nas últimas horas do día pero que poden ser especialmente intensas na provincia de Pontevedra onde está activa unha alerta amarela. En Vigo xa caeron case 60 litros por metro cadrado. As temperaturas, sen cambios significativos. As máximas oscilarán entre os 13 graos previstos en Lugo aos 18 que agardan en Pontevedra.
Celebración na tenda orixinal da Coruña, xerme do líder mundial do sector téxtil con centos de tendas polos cinco continentes | Críticas á xestión sanitaria da Xunta tras un informe do consello de Contas onde deixa en evidencia os investimentos do Sergas en Saúde Mental. O Partido Popular crítica sobre a postura da oposición na protección o lobo | Os traballadores sanitarios de Cee-A Coruña recorren á Valedora do Pobo polas agresións no seu traballo. Xuntanza no Hospital de Burela pola escaseza de material | A Fura del Baus chega a Coruña con ‘Carmina Burana’, un espectáculo musical e teatral trepidante, con impactantes escenas e efectos especiais
Alerta amarela en case toda a comunidade por choivas que poden ser localmente fortes e descargar ata 15 litros por metro cadrado nunha hora. Tamén poden vir acompañados de sarabia. As temperaturas baixan sobre todo o domingo. Os ventos sopran do nordés sobre todo no litoral con intervalos fortes entre Bares e Fisterra
Celebración na tenda orixinal da Coruña, xerme do líder mundial do sector téxtil con centos de tendas polos cinco continentes | Críticas á xestión sanitaria da Xunta tras un informe do consello de Contas onde deixa en evidencia os investimentos do Sergas en Saúde Mental. O Partido Popular crítica sobre a postura da oposición na protección o lobo | 8 detidos presuntos membros dunha organización que recollía alixos de droga agochados no casco de buques mercantes. Empregaban motos somerxibles | Teatro e artes vivas inundan Santiago co festival "Escenas do cambio" con novas tendencias galegas, nacionais e internacionais
Críticas á xestión sanitaria da Xunta tras un informe do consello de Contas onde deixa en evidencia os investimentos do Sergas en Saúde Mental. O Partido Popular crítica sobre a postura da oposición na protección o lobo | As protestas contra Altri chegan ás portas do Congreso dos Deputados en Madrid | O Clúster de Enerxías Renovables de Galicia sinala que o reto agora non é só producir, senón tamén almacenar | Condena de 10 anos de prisión a un home por violar a unha rapaza de 14 anos en Lugo | Os traballadores sanitarios de Cee-A Coruña recorren á Valedora do Pobo polas agresións no seu traballo. Xuntanza no Hospital de Burela pola escaseza de material | Rexistradas na Xunta as demandas da Plataforma Vivenda Xa! | 8 detidos presuntos membros dunha organización que recollía alixos de droga agochados no casco de buques mercantes. Empregaban motos somerxibles | 4 detidos nunha concentración ilegal de coches en Lugo | 50 aniversario da primeira tenda de Zara, hoxe, líder mundial do sector téxtil | O Basket Coruña vencer ao Barcelona por un punto, 93-92 | Miniali, unha bailarina ourensá de 14 anos, gran promesa do break dance de España e aposta para as olimpiadas | Teatro e artes vivas inundan Santiago co festival "Escenas do cambio" | A arte de Velboata desembarca en Ferrol | Carmina Burana, da Fura del Baus, na Coruña
Milleiros de nenos e nenas participan estes días nas carreiras do Correlingua, maratóns infantís que, ademais de promover a vida activa, buscan a normalización do galego na mocidade e a infancia. Hoxe foi en Santiago | O sistema dixital do ensino mellorarase en 5 puntos: contidos, benestar dixital, seguridade e na xestión do propio programa | The Mind Guardian, o gardián da mente, é unha aplicación que pode detectar, a través dun breve test, os primeiros síntomas do deterioro cognitivo. Está a ser desenvolvida por un estudo de programación vigués en colaboración coa Universidade de Vigo | Xa está en marcha en Tui o festival Play Doc, de cinema documental. Un certame que rescata a obra de cineastas históricos, esquecidos ou pouco coñecidos, ao tempo que dá difusión aos novos valores do cinema actual. Doce fitas galegas preséntanse a este Festival, moi conectado co territorio
Milleiros de nenos e nenas participan estes días nas carreiras do Correlingua, maratóns infantís que, ademais de promover a vida activa, buscan a normalización do galego na mocidade e a infancia | O sistema dixital do ensino mellorarase en contidos, benestar dixital, seguridade e na xestión do propio programa | The Mind Guardian, o gardián da mente, é unha aplicación que pode detectar os primeiros síntomas do deterioro cognitivo. Está a ser desenvolvida por un estudo de programación vigués en colaboración coa Universidade de Vigo | Xa está en marcha en Tui o festival Play Doc, de cinema documental. Doce fitas galegas preséntanse a este Festival, moi conectado co territorio
Milleiros de nenos e nenas participan estes días nas carreiras do Correlingua, maratóns infantís que, ademais de promover a vida activa, buscan a normalización do galego | O sistema dixital do ensino mellorarase en contidos, benestar dixital, seguridade e na xestión do propio programa | The Mind Guardian, unha aplicación que pode detectar os primeiros síntomas do deterioro cognitivo. Está a ser desenvolvida por un estudo de programación vigués en colaboración coa Universidade de Vigo | Xa está en marcha en Tui o festival Play Doc, de cinema documental. Doce fitas galegas preséntanse a este Festival, moi conectado co territorio
O anticiclón móvese cara o norte ao que vai permitir á entrada de aire frío e un aumento da inestabilidade atmosférica. Os ceos fóronse cubrindo e agora pola tarde prevense chuvascos tormentosos. De feito, esta activa unha alerta amarela no interior de Pontevedra, noroeste de Ourense e sur de Lugo porque poden descargar ata 15 litros por metro cadrado nunha hora. As temperaturas con poucos cambios. As máximas oscilarán entre os 19 graos previstos en Lugo e os 25 que agardan en Ourense.
Alfonso Rueda ofrece un pacto pola industria. Ana Pontón denuncia que 7.000 maiores morreron agardando o servizo de dependencia e os socialistas que o Presidente da Xunta estivo ausente no apagamento | Aumentan a receitas de ansiolíticos e depresivos | Xornada de protestas nas residencias de maiores privadas de toda Galicia | Boicot na poxa de gando de Silleda pola dixitalización da Central | Xa son 14 os polígonos de bateas afectados pola presenza de toxina diarreica | Galicia repite como terceira comunidade con máis praias con bandeira azul: 108 | Asociación de concellos polos que pasa a AP-9 | O Centro Superior de Hostalaría de Galicia cumpre 30 anos | Galicia precisa 15 mil camareiros de cara á campaña de verán | Case a metade dos estudantes de catorce a dezaoito anos consume bebidas enerxéticas | Reitores de universidades de toda Europa abordan en Santiago como contribuír ao benestar nas sociedades occidentais | Constituído o grupo de traballo encargado pola Consellería de Educación de elaborar un Plan de Benestar Dixital | 4º Foro de Tecnoloxía e Negocio para directivos | Centos de efectos dos exércitos do Aire e Espazo, Terra e a Armada adestran a súa capacidade de reacción no exercicio "Ollo de aguia” | Mondra saca novo álbum: 'De Ronda'. Sons máis orgánicos e frescos cos que emprende xira
Alfonso Rueda ofrece un pacto pola industria. Ana Pontón denuncia que 7.000 maiores morreron agardando o servizo de dependencia e os socialistas que o Presidente da Xunta estivo ausente no apagamento | O Sergas empregou un 16% menos do orzamento destinado á saúde mental según o Consello de Contas. Iso supuxo restrasos significativos na contratación de persoal que se non se executaran proxectos calificados como prioritarios | Reitores de universidades de toda Europa abordan en Santiago como contribuir ao benestar nas sociedades occidentais | Convulsa xornada na lonxa de Silleda. A garda civil tivo que intervir para devolver centos de becerros ás granxas. O motivo: era a primeira poxa dixital e a meirande parte dos tratantes boicotearon a sesión | Galicia repite como terceira comunidade con máis praias con bandeira azul: 108 | Galicia precisa 15 mil camareiros de cara á campaña de verán | Centos de efectos dos exércitos do Aire e Espazo, Terra e a Armada adestran a súa capacidade de reacción no exercicio "Ollo de aguia” | Mondra saca novo álbum: 'De Ronda'. Sons máis orgánicos e frescos cos que emprende xira
Reitores de universidades de toda Europa abordan en Santiago como contribuír ao benestar nas sociedades occidentais | Alfonso Rueda ofrece un pacto pola industria. Ana Pontón denuncia que 7.000 maiores morreron agardando o servizo de dependencia e os socialistas que o Presidente da Xunta estivo ausente no apagamento | Centos de efectos dos exércitos do Aire e Espazo, Terra e a Armada adestran a súa capacidade de reacción no exercicio "Ollo de aguia” | Mondra saca novo álbum: 'De Ronda'. Sons máis orgánicos e frescos cos que emprende xira
As máximas estarán entre 20 a 25 graos. Seguimos con tempo estable e ceos despexados, con algunhas nubes de estancamento en comarcas cantábricas e nubes de evolución pola tarde ao sur. Hoxe sen treboadas que si se anuncian para mañá pola tarde coa volta dos chuvascos
O Goberno Central mantén o seu criterio de reparto de menores inmigrantes non acompañados entre as comunidades autónomas, tras non chegar a acordos na comisión sectorial. A Xunta asegura non ter capacidade para acoller aos 326 que lle corresponderían a Galicia | O Parlamento rexeita unha iniciativa do BNG para que a contratación pública inclúa cláusulas sociais, medioambientais e de igualdade | En abril creáronse 8.000 postos de traballo en Galicia, co que as persoas desempregadas na nosa comunidade sumaban algo máis de 115.500 | A economía galega medrou nun 3 % interanual no primeiro trimestre do 2025 | Mercar e rehabilitar casas e palleiras centenarias en ruínas para convertelas en apartamentos de aluguer social. É a medida que puxo en marcha o concello ourensán de Parada de Sil para fixar poboación | Xornada anómala na lonxa de gando de Silleda. O gran mercado comezaba hoxe a poxa cun sistema dixital similar ao das lonxas de pescado. Todo funcionou con normalidade pero a sorpresa chegaba polas baixas vendas | Un cento de buques pasan cada día a menos de cen quilómetros da costa galega, un terzo deles con mercadoría perigosa. Un intenso tránsito marítimo que se regula desde o centro de coordinación de Salvamento Marítimo de Fisterra | O Instituto Español de Oceanografía de Vigo conta a historia da humanidade a través dos sedimentos do mar | Galicia reduciu as súas emisións de gases de efecto invernadoiro a máis da metade dende o ano 1990 | As autoescolas están desbordadas. A maioría teñen lista de agarda para comezar as prácticas despois de aprobar o teórico | A venda de vehículos na nosa comunidade baixou nun 2.8 % neste pasado mes de abril | Virxilio está considerado un dos mellores artistas galegos do século pasado. Co gallo do centenario do seu nacemento, una mostra de Ourense descóbrenos o artista abstracto, a súa faceta máis íntima e descoñecida
O Goberno Central mantén o seu criterio de reparto de menores inmigrantes non acompañados entre as comunidades autónomas, tras non chegar a acordos na comisión sectorial | As empresas que desenvolvan boas prácticas co idioma galego recibirán un selo de recoñecemento e máis puntuacións en contratos e axudas públicas. Unha medida do goberno anunciada no Parlamento | O Servicio Galego de Saúde sinala como tarefas prioritarias para este ano mellorar a atención primaria, pór en marcha un novo plan de saúde mental e avaliar a repercusión desas actuacións na calidade de vida dos pacientes. Son medidas consensuadas coas xerencias das sete áreas sanitarias | Virxilio está considerado un dos mellores artistas galegos do século pasado. Co gallo do centenario do seu nacemento, una mostra de Ourense descóbrenos o artista abstracto, a súa faceta máis íntima e descoñecida
O Goberno Central mantén o seu criterio de reparto de menores inmigrantes non acompañados entre as comunidades autónomas, tras non chegar a acordos na comisión sectorial | Un cento de buques pasan cada día a menos de cen quilómetros da costa galega, un terzo deles con mercadoría perigosa. Un intenso tránsito marítimo que se regula desde o centro de coordinación de Salvamento Marítimo de Fisterra | O Instituto Español de Oceanografía de Vigo conta a historia da humanidade a través dos sedimentos do mar
As mínimas caeron ata unha grao e medio negativo en Cervantes nos Ancares e con apenas un grao positivo en Lalín, Sarria ou Antas de Ulla. As máximas roldarán os 15 graos polo norte e os 22 polo sur. Mantense o tempo estable con altas presións que continuaran sobre as illas británicas ata mañá. Sopra nordés con intervalos fortes na costa da Coruña.
Alfonso Rueda volve eloxiar e agradecer ao goberno do Estado a súa actuación durante o apagamento. No consello de hoxe, o goberno galego tamén aprobou o Pladiga e a elaboración dun censo de persoas que sofren soidade non desexada. Nacionalistas e socialistas pregúntanse como Galicia, produtor de enerxía eléctrica, foi dos últimos territorios en normalizar o subministro eléctrico e esixen explicacións á Xunta | Nova protesta no río Ulla contra Altri e a Mina de Touro | Ampliada ata o 30 de xuño a campaña extractiva da ostra rizada na modalidade de a pé nas rías de Ares e Sada | 46 de cada 10 sancións por verteduras de aguas residuais son a concellos | A concentración gas radón no aire non poderá superar os 300 bequerelios. Nova normativa en vigor que obriga a medir os niveis deste gas nos establecementos comerciais de planta baixa | Mobilizacións dos traballadores da construtora A Vida Group. Levan dous meses sen cobrar | O tráfico da Autovía do Noroeste en dirección Madrid verase interrompido no enlace coa A-8, á altura de Baamonde, por traballos de mellora | Comeza o trámite de repatriación do corpo de Xoan Rivas, veciño do Incio falecido en Marrocos nun accidente de moto | Dúas detencións por presuntos casos de violencia machista. Galicia é a comunidade coa segunda taxa máis alta de mortes por violencia machista | Guía virtual para embarazadas sobre a atención a partos no Materno da Coruña | As universidades galegas reforzan os dobres graos de cara ao próximo curso. Haberá catro novas titulacións mixtas | Obrigan a un banco a devolver 7.800 euros a un cliente de Vigo que sufriu unha ciberestafa. O cliente clicara nun enlace dunha mensaxe fraudulenta, o que se coñece como "smishing", tralo que lle roubaron os cartos da súa conta | Cara e cruz para os equipos galegos de fútbol. Contundente vitoria do Deportivo contra o Albacete, pero derrotas do Celta e do Racing de Ferrol. O Burela de fútbol sala feminino ergue a súa sétima copa da Raíña | Alfonso Galván no MARCO de Vigo. Cadros da natureza recreada na imaxinación cos que o artista madrileño conta historias provocadoras que son mentira, pero parecen verdade
Alfonso Rueda volve eloxiar e agradecer ao goberno do Estado a súa actuación durante o apagamento. No consello de hoxe, o goberno galego tamén aprobou o Pladiga e a elaboración dun censo de persoas que sofren soidade non desexada. Nacionalistas e socialistas pregúntanse como Galicia, produtor de enerxía eléctrica, foi dos últimos territorios en normalizar o subministro eléctrico e esixen explicacións á Xunta | Nova protesta no río Ulla contra Altri e a Mina de Touro | Dúas detencións por presuntos casos de violencia machista. Galicia é a comunidade coa segunda taxa máis alta de mortes por violencia machista | As universidades galegas reforzan os dobres graos de cara ao próximo curso. Haberá catro novas titulacións mixtas | Obrigan a un banco a devolver 7.800 euros a un cliente de Vigo que sufriu unha ciberestafa. O cliente clicara nun enlace dunha mensaxe fraudulenta, o que se coñece como "smishing", tralo que lle roubaron os cartos da súa conta | O Burela de fútbol sala feminino ergue a súa sétima copa da Raíña | Alfonso Galván no MARCO de Vigo. Cadros da natureza recreada na imaxinación cos que o artista madrileño conta historias provocadoras que son mentira, pero parecen verdade
Alfonso Rueda volve eloxiar e agradecer ao goberno do Estado a súa actuación durante o apagamento. No consello de hoxe, o goberno galego tamén aprobou o Pladiga e a elaboración dun censo de persoas que sofren soidade non desexada | A concentración gas radón no aire non poderá superar os 300 bequerelios. Nova normativa en vigor que obriga a medir os niveis deste gas nos establecementos comerciais de planta baixa | Guía virtual para embarazadas sobre a atención a partos no Materno da Coruña | Cara e cruz para os equipos galegos de fútbol. Contundente vitoria do Deportivo contra o Albacete, pero derrotas do Celta e do Racing de Ferrol. O Burela de fútbol sala feminino ergue a súa sétima copa da Raíña