Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A Xunta e o Goberno Central chegan a un acordo para transferir a xestión do litoral. É un anuncio feito hoxe polo presidente Alfonso Rueda a través das redes sociais. Dase así cumplimento ao establecido na lei aprobada o ano pasado polo parlamento galego. Supón o primeiro traspaso de competencias a Galicia dos últimos 15 anos | O proxecto de orzamentos da Xunta para o ano 2025 chega ao Parlamento para a súa aprobación definitiva, entre as críticas dos grupos da oposición por non aceptadar prácticamente ningunha das cerca de 1.200 enmendas que presentaron | O anuncio da lotaría de Nadal deste ano rodouse en Vigo e na contorna. Duas administracións da cidade e dous bares do Val Miñor son os principais escenarios da historia de Julián, o personaxe que se queda a vivir no rural e levanta unha onda de solidariedade porque non ten con quen compartir o décimo

A semana comeza anticiclónica con tempo seco e solleiro. As temperaturas algo máis altas. As máximas que oscilan entre os 14 graos previstos Lugo e Ourense aos 17 das Rías Baixas. O vento frouxo de compoñente sur con intervalos de moderado a fortes en mar aberto ao final do día entre Louro e Fisterra.

Intervención de 229 quilos de cocaína no porto exterior da Coruña. Os fardos estaban agochados nun cargueiro de bandeira panameña procedente do Brasil, con tripulación filipina | As forzas políticas reaccionan trala multitudinaria mobilización, en Santiago contra o proxecto da multinacional Altri en Palas de Rei | Campaña da dirección xeral de tráfico para detectar consumo de alcohol e drogas ao volante, un comportamento que supón a segunda causa de sinistralidade mortal nos accidentes | Rafael Louzán é xa o novo presidente do fútbol español... O ata agora presidente da Federación galega logra o respaldo da maioría absoluta na asamblea celebrada hoxe | Vitoria contundente por 3 goles a 1 do Racing de Ferrol ante o Sporting de Xixón. 3 puntos para os ferroláns que lle permiten coller folgos na Liga

Novo golpe ao narcotráfico en Galicia. A Garda Civil e Vixilancia Aduaneira interviron preto de 230 kilos de cocaína nun barco do Brasil que chegou ao porto exterior da Coruña. Investigan a organización que está detrás deste alixo. Polo momento non hai detidos | As forzas políticas reaccionan trala multitudinaria mobilización, en Santiago contra o proxecto da multinacional Altri en Palas de Rei. O BNG e os socialistas piden a Rueda que atenda o clamor dos manifestantes, mentres o presidente a Xunta di que son máis os galegos que apostan polo futuro da industria e a creación de postos de traballo | Campaña da dirección xeral de tráfico para detectar consumo de alcohol e drogas ao volante, un comportamento que supón a segunda causa de sinistralidade mortal nos accidentes. A normativa que entra en vigor o próximo ano reduce de 0´5 a 0´2 gramos por litro o límite de alcol permitido en sangue | Rafael Louzán é xa o novo presidente do fútbol español... O ata agora presidente da Federación galega logra o respaldo da maioría absoluta na asamblea celebrada hoxe, con 90 votos fronte a 43 do outro candidato, Salvador Gomar. Mentres, está pendente do recurso ante o Tribunal Supremo a súa condena por prevaricación cando presidía a Deputación de Pontevedra

Operación contra o tráfico de droga, coa intervención de 229 quilos de cocaína no porto exterior da Coruña. Os fardos estaban agochados nun cargueiro de bandeira panameña procedente do Brasil, con tripulación filipina. Polo de agora non hai detidos | A oposición pídelle a Rueda que escoite á sociedade e recúe no proxecto de Altri trala multitudinaria manifestación en Santiago. Os socialistas din sentirse enganados cun proxecto que cren que non é viable, ao precisar dun financiamento público que dubidan lle sea asignado. O BNG acusa á Xunta de traballar para as multinacionais | Vitoria contundente por 3 goles a 1 do Racing de Ferrol ante o Sporting de Xixón. 3 puntos para os ferroláns que lle permiten coller folgos na Liga, aínda que sen saír dos postos de descenso. E en Primeira División, o Celta perdeu pola mínima en Sevilla

Día frío e seco en xeral, con ceos algo máis nubrados e algún chuvasco puntual no litoral oeste pola tarde. As temperaturas mínimas baixan, con xeadas no interior, mentres que as máximas acadan os 15 graos. Para a fin de semana refórzase a influencia anticiclónica e seguirá o tempo seco e temperaturas sen cambios

Conferencia de Presidentes, en Santander, na que Rueda forma, xunto coas outras comunidades gobernadas polo PP, unha fronte contra a negociación bilateral con Cataluña | O IPC repunta ata o 2,3% interanual, en Galicia, polo encarecemento da electricidade e os carburantes, ainda que baixan os alimentos | Os tres aeroportos galegos gañaron pasaxeiros no mes de novembro, con record para Lavacolla, que aumenta un 13 por cento | Voar en globo aerostático, pasear en kayak polo MIño ou facer escalada nos canóns do Sil. Son actividades que posicionan a Galicia como destino deportivo e de turismo activo | Unha orquestra na que podan integrarse os estudantes do Conservatorio Superior de música unha vez rematan a sua formación. É o obxetivo co que nace a Banda Filarmónica de Vigo que se presenta mañá ante o público

Pedro Sánchez e os presidentes autonómicos manteñen en Santander un encontro marcado polo distanciamento das comunidades como Galicia, gobernadas polo PP, sobre todo en materia de financiamento. O Presidente do Goberno Central ofrécelles medidas como blindar a vivenda pública e unha aportación extra para a Sanidade | O IPC repunta ata o 2,3% interanual, en Galicia, polo encarecemento da electricidade e os carburantes, ainda que baixan os alimentos. De Cara ás compras de nadal, a OCU prevé unha reducción no gasto por persoa, que se centrará sobre todo nos agasallos | Voar en globo aerostático, pasear en kayak polo MIño ou facer escalada nos canóns do Sil. Son actividades que posicionan a Galicia como destino deportivo e de turismo activo, e nas que sobresaen comarcas como a Ribeira Sacra. Un sector en alza Que presenta as principais novidades no salón Sportur en Ourense | Unha orquestra na que podan integrarse os estudantes do Conservatorio Superior de música unha vez rematan a sua formación. É o obxetivo co que nace, ante a escaseza de saídas profesionais, a Banda Filarmónica de Vigo que se presenta mañá ante o público. Un proxecto para o que buscan apoio económico de institucións públicas e privadas

Vivenda, sanidade, inmigración e financiamento autonómico. Son os temas que centran a conferencia de Presidentes, en Santander. Unha cita con Pedro Sánchez á que Alfonso Rueda acude, xunto coas outras comunidades gobernadas polo PP, nunha fronte para rexeitar a negociación bilateral con Cataluña | Os tres aeroportos galegos gañaron pasaxeiros no mes de novembro, con record para Lavacolla, que aumenta un 13 por cento, ata os 236.000 usuarios. É o mellor dato de tráfico rexistrado nese mes na historia do aeroporto compostelano, que suma no que vai de ano 3.4 millóns de pasaxeiros | Mañá preséntase a Banda Filarmónica de Vigo con máis de setenta músicos. O proxecto naceu dun grupo de profesores e profesionais co obxectivo de que os alumnos que rematan o grao superior teñan onde tocar con calidade académica

Acción sorpresa de Greenpeace no complexo administrativo da Xunta en San Caetano. Os activistas entraron no recinto para instalar unha cheminea afumeante en protesta contra o proxecto de Altri en Palas de Rei, antes de ser desaloxados pola policía | Xa é oficial. O Mundial de Fútbol 2030 estará na Coruña, co estadio de Riazor coma unha das súas sedes. O proxecto ten agora pendentes temas coma as obras que hai que executar no estadio ou o financiamento | Pontevedra acolle esta semana o certame Novos Cinemas con catro proxecccións diarias ata o domingo. O festival trae á cidade os últimos filmes con recoñecemento internacional e ademais, ofrece un espazo de mostra pras novas creacións galegas

Soben algo as temperaturas. Así e todo, con mínimas ata case 5 graos baixo cero. As máximas oscilarán entre os 11 graos de Lugo e os 15 de Vigo nunha xornada de nubes e claros con ventos do sueste máis intensos no litoral atlántico

A organización ecoloxista Greenpeace entrega máis de 550.000 sinaturas contra a instalación da planta de Altri en Palas de Rei, ante a falta de resposta, din, do presidente da Xunta ás súas demandas de reunión. Tamén cortaron temporalmente un dos accesos a San Caetano para esixir unha declaración de impacto ambiental negativa para o proxecto | A investigación sobre os contratos da Xunta durante a pandemia e o sobrecusto do Álvaro Cunqueiro entra na recta final, ante o malestar dos grupos da oposición. Socialistas e nacionalistas din que queda moito por investigar pola actitude obstruccionista do grupo maioritario | Satisfacción na Coruña ao ratificar a Federación Internacional de Futbol que Riazor será unha das sedes do Mundial 2030. O estadio coruñés acollerá entre catro e seis partidos da competición. Queda pendente o financiamento das obras de reforma necesarias. Ferrol será subsede, co estadio da Malata como lugar de adestramento para os equipos | 20.000 euros de premio para quen resolva antes un enigma... É o que propón o creador dun videoxogo ambientado en Allariz. Cada recuncho da vila aporta algunha pista. Só hai que rexistrarse na páxina oficial do xogo e descargar a aplicación. O reto comeza este sábado e non hai tempo límite para dar coa solución

Acción sorpresa de Greenpeace no complexo administrativo da Xunta en San Caetano. Os activistas entraron no recinto para instalar unha cheminea afumeante en protesta contra o proxecto de Altri en Palas | A investigación sobre os contratos da Xunta durante a pandemia e o sobrecusto do Álvaro Cunqueiro entra na recta final, ante o malestar dos grupos da oposición. Socialistas e nacionalistas din que queda moito por investigar | Satisfacción na Coruña ao ratificar a Federación Internacional de Futbol que Riazor será unha das sedes do Mundial 2030. O estadio coruñés acollerá entre catro e seis partidos | Pontevedra acolle esta semana o certame Novos Cinemas con catro proxecccións diarias ata o domingo | 20.000 euros de premio para quen resolva antes un enigma... É o que propón o creador dun videoxogo ambientado en Allariz. Cada recuncho da vila aporta algunha pista

Xeadas e néboas matinais sobre todo nas comarcas do interior. Os ceos cubertos con algunhas chuvias no norte e que pola tarde poden caer no leste das provincias de Lugo e Ourense. Precipitacións que serán en forma de neve a partir dos 900 metros

Máis de cen barcos de cerco galegos volverán pescar xurelo ao norte de Fisterra tras dous anos nos que só se podía capturar de xeito acidental | O grupo Inditex supera os 4.400 millóns de euros de beneficio ao remate do terceiro trimestre. As vendas aumentaron un sete por cento, tamén mellora a contención dos gastos | Protesta de empregados públicos afiliados a Muface en varias cidades. Piden a continuidade da prestación sanitaria que reciben, logo de que as aseguradoras renunciasen ao concurso para prestar este servizo | O expresidente da Xunta Fernando Gonzalez Laxe é homenaxeado hoxe polo Foro Económico de Galicia | O belén de Valga ofrece aos visitantes todo un repertorio de esceas e personaxes de actualidade. Inclúe unha homenaxe especial aos afectados pola Dina de Valencia

Máis de cen barcos de cerco galegos volverán pescar xurelo ao norte de Fisterra tras dous anos nos que só se podía capturar de xeito acidental. Para o sector a cantidade é insuficiente. O acordo ao que chegaron de madrugada os Ministros de Pesca europeos recolle incrementos de peixe sapo e rapante para as frotas de litoral e baixura | O grupo Inditex supera os 4.400 millóns de euros de beneficio ao remate do terceiro trimestre. As vendas aumentaron un sete por cento, tamén mellora a contención dos gastos. A multinacional con sede en Arteixo duplica, así, as ganancias obtidas en 2020, o ano da pandemia. Aínda así, as cifras non evitaron unha caída das accións na bolsa | Protesta de empregados públicos afiliados a Muface en varias cidades. Piden a continuidade da prestación sanitaria que reciben, logo de que as aseguradoras renunciasen ao concurso para prestar este servizo. En Galicia son cerca de 60.000 persoas e a Xunta estima en 170 millóns de euros o custe de integralas na sanidade pública | Xa é un dos referentes do nadal Galego, coas suas figuriñas minuciosas e as alusións a acontecementos máis destacados do último ano. O belén de Valga ofrece aos visitantes todo un repertorio de esceas e personaxes de actualidade. Inclúe unha homenaxe especial aos afectados pola Dina de Valencia

Pacto dos Ministros de Pesca da Unión europea por unanimidade, esta madrugada, para faenar en augas comunitarias o próximo ano. A principal novidade é que os cerqueiros poderán pescar xurelo no Cantábrico, pero unha cantidade que a frota considera escasa | O grupo Inditex volve ter cifras récord de beneficios. Nos primeiros nove meses do ano fiscal, de febreiro a outubro, gañaron case 4.500 millóns. Supón un 8,5% máis que o ano anterior. Porén, estes resultados provocaron que a multinacional galega amencera esta mañá cunha caída dun 6% na bolsa de Madrid| O expresidente da Xunta Fernando Gonzalez Laxe é homenaxeado hoxe polo Foro Económico de Galicia na Universidade de Santiago. Un recoñecemento a unha traxectoria na que destaca a intensa tarefa que desempeñou ao fronte da Xunta nun periodo curto, de tres anos

Segue a situación marcada polo vento nordés que canaliza aire frío. Ceos con nubes e claros e chuvascos máis probables e intensos na mitade norte. A cota de neve queda arredor dos 1.000 metros durante toda a xornada. As temperaturas sen cambios significativos, con mínimas que rozaron os cero graos en Ourense, e máxima de 15 en Vigo

A policía investiga a aparición dun cadáver nun contedor de cartón na planta de reciclaxe na Coruña | A frota do Gran Sol deberá reducir as capturas de pescada nun 20 por cento, o que supón uns oito millons de kilos. Así o contempla o pacto acadado entre a Unión Europea e o Reino Unido | Comenza a funcionar na Coruña o dispositivo de autobuses e taxis, polo peche total da estación de Tren para as obras da Intermodal | Visto para sentenza en Ourense o xuízo contra o editor e dono do xornal La Región por agredir ao alcalde da cidade. Os feitos ocorriron hai quince meses, antes dun concerto | No día internacional dos dereitos humanos, a fundación Érguete e a Valedora do Pobo poñen o foco na probreza e na vulnerabilidade. Presentan unha mostra de instantáneas captadas en pleno inverno en Vigo

A policía investiga a aparición dun cadáver nun contedor de cartón na planta de reciclaxe na Coruña. Trátase do corpo dun home de 41 años de nacionalidade marroquina, e con antecedentes policiais. Os traballadores da empresa que xestiona os residuos atopárono ao vaciar o depósito nas instalación | A frota do Gran Sol deberá reducir as capturas de pescada nun 20 por cento, o que supón uns oito millons de kilos. Así o contempla o pacto acadado entre a Unión Europea e o Reino Unido, pendente de ser ratificado e Bruxelas, anque os científicos plantexaban un recorte maior. Os armadores amosan a súa preocupación | Comenza a funcionar na Coruña o dispositivo de 500 autobuses e un cento de taxis Para levar e traer ós viaxeiros, polo peche total da estación de Tren para as obras da Intermodal. Asociacións de usuarios critican un recorte de servizos que afecta sobre todo a estudantes e traballadores | No día internacional dos dereitos humanos, a fundación Érguete e a Valedora do Pobo poñen o foco na probreza e na vulnerabilidade. Presentan unha mostra de instantáneas captadas en pleno inverno en Vigo. Historias de supervivencia, de persoas que viven na rúa, para convidar a achegarse a esa realidade incómoda