Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Algo máis de 13.000 alumnos comezan as probas da ABAU en Galicia, repartidos en 36 centros dunha decena de localidades, entre elas na facultade de ciencias da comunicación de Santiago | O paro rexistrado marca no mes de maio un novo mínimo histórico: un total de 122.000 persoas sen emprego na nosa comunidade. Son 4.300 menos que o mes anterior, mentres o número de afiliacións aumentou en 9.000, grazas ao forte tirón do sector servizos, especialmente a hostalaría | Comenza en Lugo o xuízo da Operación Carioca, logo de 16 anos, da macroinvestigación instruida pola xuiza Pilar de Lara. Os procesados son dous gardas civis, agora retirados, e tres homes acusados de proxenetismo, catro deles chegaron a acordos coa fiscalía para ser condenados a penas menores | A Produtora de longametraxes como O Corno ou Matria, María Zamora, galardoada co premio nacional de cinematografía deste ano. Un recoñecemento que suma aos obtidos nos festivais de San Sebastián, Berlín, e os Goya. Celebrao en Vigo, onde traballa nas localizacións da próxima película de Carla Simón. O Xurado destaca a sua aposta polas obras arriscadas e independentes |  

As caixas que conteñen os exames da Abau saen do búnker da Cidade da Cultura, onde eran custodiados, cara os centros onde mañá terá lugar a primeira xornada das probas deste ano. 13.000 estudantes están convocados en Galicia, á avaliación para o acceso á Universidade que será a última co formato flexible implantado a raíz da pandemia | Un piloto vigués faleceu onte á tarde cando participaba neste festival acrobático, en Portugal. Manuel Rey coñecido como Coco, era piloto comercial, tiña 62 anos e 25 de experiencia en acrobacias aéreas | O Corpus volveu encher este domingo de alfombras florais algunhas vilas galegas, coma Ponteareas, onde se congregaron milleiros de visitantes. Foi o primeiro Corpus na vila declarado Ben de Interese Cultural

As caixas que conteñen os exames da Abau saen do búnker da Cidade da Cultura, onde eran custodiados, cara os centros onde mañá terá lugar a primeira xornada das probas deste ano | Os responsables da multinacional Altri defenden o proxecto de macrofábrica de Palas de Rei. Cualifican de falsas as acusacións dos ecoloxistas, e atribuen ás protestas á desinformación | Un piloto vigués falece cando participaba nun festival acrobático en Portugal | Facenda devolveu xa uns 300 millóns de euros correspondentes ás máis de 600.000 declaracións da renda con resultado negativo presentadas en Galicia. Dende hoxe está dispoñible a atención presencial na Axencia Tributaria | As doazóns de órganos aumentan en Galicia case un 50 pr cento no que vai de ano. Os responsables sanitarios queren lembrar mediante unha campaña en Ourense que actualmente hai ainda 80 pacientes á espera dun órgano | 

 Comezamos semana con suba de temperaturas. As máximas oscilarán entre os 22 graos previstos na Coruña e os 31 en Pontevedra e Ourense, e cos térmometros nos 27 graos en Vigo ou Santiago. Polo demais, continuamos con tempo solleiro e co nordés que sopra con forza no litoral e que hoxe será frouxo en terra.

As caixas que conteñen os exames da Abau saen do búnker da Cidade da Cultura, onde eran custodiados, cara os centros onde mañá terá lugar a primeira xornada das probas deste ano. 13.000 estudantes están convocados en Galicia, á avaliación para o acceso á Universidade que será a última co formato flexible implantado a raíz da pandemia | Un piloto vigués faleceu onte á tarde cando participaba neste festival acrobático, en Portugal. Manuel Rey coñecido como Coco, era piloto comercial, tiña 62 anos e 25 de experiencia en acrobacias aéreas | O Corpus volveu encher este domingo de alfombras florais algunhas vilas galegas, coma Ponteareas, onde se congregaron milleiros de visitantes. Foi o primeiro Corpus na vila declarado Ben de Interese Cultural

Os avións volven aterrar e engalar na pista recén asfaltada de Peinador, con algún atraso a primeira hora. Remata así a paralización da activiade comercial no aeroporto vigués, polas obras de reparación que dende o pasado día seis de maio obrigaron a desviar uns 700 voos a Santiago e afectaron a uns 80.000 pasaxeiros| Polémica na universidade de Santiago entre as autoridades académicas e grupos que organizan protestas en favor de Palestina. Na Facultade de Xeografía e Historia, o decanato advirte das dificultades para a actividade docente, e das deficientes condicións de seguridade que sofre o edificio, mentres continúa a acampada de estudantes|É o primeiro factor de risco de cancro que podemos evitar e mata cada ano en España unhas 63.000 persoas. No día Mundial Sen tabaco, a consellería de Sanidade chama a evitar o consumo e anuncia una lei de prevención que incidirá tamén nos vapeadores|Green Day, Arde Bogotá ou J Balvinfixeron vibrar ao Monte do Gozo na primeiraxornada do Son do Camiño. Máis de 40.000 asistentes desfrutaron dunha tarde de música e festa. Nas redes sociais non faltan hoxe críticas pola calidade do son nalgúns dos concertos. Hoxe, quenda para bandas como La Oreja de Van Gogh ou Love of Lesbian e uns dos máis agardados, os Pet Shop Boys. 31-05-2024

Os aviónsvolven aterrar e engalar na pista recén asfaltada de Peinador, con algún atraso a primeira hora|Aumenta a tensión na Universidade de Santiago polas protestas en favor de Palestina. O reitor suspende a sesión do consello de goberno ante a acción dun grupo de estudantes que impedía o acceso. NaFacultade de Xeografía e Historia continúa a acampada de solidariedade, mentres o decanato advirte do mal estado do edificio|No día Mundial Sen tabaco, a consellería de Sanidade chama a evitar o consumo e anuncia una lei de prevención que incidirá tamén nos vapeadores|A selección galega xoga as oito da tarde en Balaídos, un partido amigable contra Panamá. A Irmandiña regresa oito anos despoisdirixida por Diego Martínez | Green Day, Arde Bogotá ou J Balvin fan vibrar ao Monte do Gozo na primeiraxornada do Son do Camiño. Hoxe, quenda para bandas como La Oreja de Van Gogh ouLove of Lesbian e uns dos máisagardados, os Pet Shop Boys. 31-05-2024

Mantense a influencia anticiclónica con nordés con refachosfortes no costa atlántica, que seguirá toda a fin de semana. Os ceos están despexados con algunhas nubes baixasnasprimeiras e últimas horas do día. As temperaturas continuarán sen cambios ata o domingo que poderían subir lixeiramente. 31-05-2024

Os aviónsvolven aterrar e engalar na pista recén asfaltada de Peinador, con algún atraso a primeira hora. Remata o peche do aeroporto vigués, polas obras de reparación que dende o pasado día seis de maioobrigaron a desviar uns 700 voos a Santiago|A Universidade de Santiago suspende a sesión que ia celebrar o consello de goberno ante a protesta un grupo de estudantes en favor de Palestina que impedía o acceso. NaFacultade de Xeografía e Historia continúa a acampada de solidariedade, mentres o decanato advirte do mal estado do edificio| Mais de 40.000 festivaleiros desfrutaron da primeiraxornada do Son do Camiño no Monte do Gozo con algúns dos pratosfortes do cartel: Green Day, J Balvinou Arde Bogotá. Hoxe turno para os Pet Shop Boys. 31-05-2024

Miles de festivaleiros acampan xa no Monte do Gozo, na zona de descanso do Son do Camiño. Xusto nunha hora comezan os concertos, nunha primeira xornada na que pasarán polos escenarios bandas como Arde Bogotá ou Green Day | A Semana Verde deste ano abríu hoxe as suas portas en Silleda, cunha mostra das últimas novidades no sector agrícola industrial e gandeiro e moitas actividades paralelas | Acordo entre o Colexio de Médicos e a consellería de Sanidade sobre o programa Xide, o sistema de filtrado de chamadas para organizar as citas en Atención Primaria | Un estudo da Universidade de Vigo demostra os efectos positivos da realidade virtual para o estado físico e mental dos doentes de Esclerose Múltiple, da que hoxe se celebra o Día mundial

Miles de festivaleiros, congregados no Monte do Gozo, para o arranque do Son do Camiño | Arranca en Silleda unha nova edición da Semana Verde, con récord de participantes, para amosar as últimas novidades da industria agroalimentaria e gandeira | O Sergas e os colexios médicos chegan a un acordo sobre o sistema Xide de xestión das citas nos centros de saúde | Un estudo da Universidade de Vigo demostra os efectos positivos da realidade virtual para o estado físico e mental dos doentes de Esclerose Múltiple | Festa do Corpus en Redondela, onde sae á rúa a Coca, o monstro co que loitan os mariñeiros. Unha celebración de orixe descoñecida, mistura a tradición relixiosa con elementos pagáns, e remata co célebre baile das espadas e das Penlas

Unha fronte pouco activa deixa ceos cubertos durante a mañá e algúns orballos no terzo norte, con ceos máis despexados canto máis ao sur e tamén co avance do día. As temperaturas máximas baixan. Polo sur roldarán os 28 graos e na metade norte os valores quedarán na contorna dos 20

Miles de festivaleiros, congregados no Monte do Gozo, para o arranque do Son do Camiño, nunha primeira xornada na que pasarán polos escenarios bandas de estilos ben diferentes como como J Balbin, Arde Bogotá ou Green Day | Arranca en Silleda unha nova edición da Semana Verde, con récord de participantes, para amosar as últimas novidades da industria agroalimentaria e gandeira, e actividades paralelas como unha degustación de paté de porco celta ou un curro con cabalos de Pura Raza Galega | O Sergas e os colexios médicos chegan a un acordo sobre o sistema Xide de xestión das citas nos centros de saúde. O acordo contempla que o programa seguirá aplicándose, coa incorporación da figura dun Xefe de servizo de atención primaria |día do Corpus, festa en moitas localidades entre as que destaca Redondela, onde sae á rúa a Coca, o monstro co que loitan os mariñeiros. Unha celebración de orixe descoñecida, mistura a tradición relixiosa con elementos pagáns, e remata co célebre baile das espadas e das Penlas

seguimos con ceos despexados. Á noite entrarán nubes baixas polo terzo norte con probabilidade dalgún orballo na madrugada do xoves. As temperaturas mínimas ascenderon lixeiramente. As máximas quedarán sen cambios. O vento soprará frouxo do norte-noroeste, con intervalos moderados nas Rías Baixas

Comprobación do funcionamento dos sistemas de seguridade no aeroporto de Peinador, en Vigo, mentres, rematan as obras de remodelación da pista, para cumprir a previsión de reabrir o próximo venres | Alfonso Rueda acusou aos nacionalistas de xogar coa desinformación sobre o proxecto de Altri en Palas de Rei, mentres, Ana Pontón di que a macrofábrica proxectada é una bomba ambiental. O socialista Gómez Besteiro ofrece colaboración a Rueda para defender a Galicia en Bruxelas | Centos de fans, xa instalados no camping do Monte do Gozo, a Menos de 24 horas para que O Son do Camiño abra a suas portas e os festivaleiros poidan desfrutar de artistas dos estilos máis variados | 'Outras historias posibles' abre no Museo Gaiás, para recuperar a obra de seis creadoras galegas que despuntaron na década dos oitenta e non gozaron do mesmo recoñecemento que os seus compañeiros varóns de xeneración

Un avión laboratorio revisa o funcionamento dos sistemas no aeroporto de Peinador, mentres rematan as obras de remodelación da pista, para cumprir a previsión de reabrir o próximo venres | Debate na sesión de control no Parlamento, sobre o proxecto de Altri en Palas de Rei. O presidente da Xunta defendeu que na sua tramitación terá que cumprir todas as normativas. O BNG reclama a sua retirada por consideralo unha auténtica bomba ambiental |Dúas persoas resultan feridas ao caer fóra da pista do aeródromo de Monforte o avión ultralixeiro no que viaxaban| Abre ao público no Museo Gaiás 'Outras historias posibles', unha exposición que reivindica o talento de seis artistas contemporáneas vinculadas a Galicia que despuntaron nos anos oitenta

Comprobación do funcionamento dos sistemas de seguridade no aeroporto de Peinador, en Vigo, mentres, rematan as obras de remodelación da pista, para cumprir a previsión de reabrir o próximo venres e pór fin a un peche das instalacións que dende o pasado día seis de maio levou a desviar 700 voos e afectou a uns 80.000 pasaxeiros | O presidente acusou aos nacionalistas de xogar coa desinformación sobre o proxecto de Altri en Palas de Rei, mentres, a dirixente do BNG dixo que a macrofábrica proxectada é una bomba ambiental. O socialista Gómez Besteiro ofrece colaboración a Rueda para defender a Galicia en Bruxelas | Menos de 24 horas para que O Son do Camiño abra a suas portas e os festivaleiros poidan desfrutar de artistas dos estilos máis variados, dende o Punk rock dos veteranos Green Day ao regueton máis actual de J Balvin ou Myke Towers. Desde esta mañá, centos de asistentes xa están instalados no camping do Monte do Gozo | 'Outras historias posibles'. É a exposición aberta no Museo Gaiás, en Santiago, que recupera a obra de seis creadoras asentadas en Galicia e que despuntaron na década dos oitenta do século pasado. Non gozaron daquela do mesmo recoñecemento público que os seus compañeiros varóns de xeneración, polo que se propón para elas unha nova ollada dende a actualidade.

Profesionais sanitarios denuncian en Vigo un incremento de agresións por parte de enfermos e familiares en hospitais e centros de saúde. As esperas prolongadas, a saturación das urxencias e a mala educación están detrás destes ataques | Os organizadores do Son do Camiño din que Festival ten xa todos os abonos esgotados, cun orzamento de 8 millons de euros e mais de 4 mil traballadores implicados | Galicia é a terceira comunidade con maior absentismo laboral, que subíu ao 7,8 por cento no último trimestre de 2023. O incemento débese, segundo os expertos, a que cada vez hai máis baixas médicas e de máis duración, co conseguinte custo para as empresas e a seguridade social | O escultor ourensán Xosé Cid, coñecido, sobre todo, polas súas obras públicas, ofrece na cidade das Burgas unha escolma das súas obras de menor formato realizadas nos últimos 55 anos

Aumentan as agresións verbais e mesmo físicas ao persoal sanitario. Así o denuncian os profesionais nunha concentración en Vigo | A Consellería de Sanidade advirte dunha previsible escaseza de médicos para este verán ao non poder incorporar ata setembro a nova promoción dos que rematan o MIR | Galicia é a terceira comunidade con maior absentismo laboral, que subíu ao 7,8 por cento no último trimestre de 2023 | O Son do Camiño, que empeza o xoves, figura entre os eventos musicais de maior repercusión económica de España. Os organizadores calculan que cada participante gastará una media de 400 euros | Un dron de última xeración, deseñado para acudir ao rescate de bañistas en apuros. É o que se exhibíu hoxe en Sanxenxo, cun salvavidas incorporado e dotado de megafonía

Aumentan as agresións verbais e mesmo físicas ao persoal sanitario. Así o denuncian os profesionais nunha concentración en Vigo. Dín que os servizos de urxencia son os máis afectados por comportamentos violentos por parte dos usuarios | A Consellería de Sanidade advirte dunha previsible escaseza de médicos para este verán ao non poder incorporar ata setembro a nova promoción dos que rematan o MIR. O conselleiro anuncia un plan que aposta por suplir aos facultativos de vacacións con residentes e mediante unha bolsa de profesionais itinerantes | Un presuposto de oito millóns de euros e catro mil traballadores implicados, O Son do Camiño, que empeza o xoves, figura entre os eventos musicais de maior repercusión económica de España. Os organizadores calculan que cada participante gastará una media de 400 euros | Un dron de última xeración, deseñado para acudir ao rescate de bañistas en apuros. É o que se exhibíu hoxe en Sanxenxo, cun salvavidas incorporado e dotado de megafonía, pode servir para axudar aos socorristas que patrullan as praias e acurtar os tempos de reacción en caso de emerxencia