7.300 nenos de entre de ata 3 anos iniciaron hoxe o curso nas escolas da rede "Galiña Azul". En total ofertábanse 8.800 prazas pero sobre todo nas das cidades moitas coma esta de Ourense teñen aínda unha longa lista de espera // A xunta aproba o novo currículo para a implantación da Lomce na FP básica e en primaria. Os cursos nos que se vai a aplicar a nova lei de educación contempla máis horas de matemáticas, dúas máis a semana e máis tempo a libre disposición dos centros. Tamén aprobou unha liña de avais de 24 millóns de euros para as empresas do naval // Os representantes do sector da acuicultura din que a actividade está estancada, dende hai varios anos e culpan ás dificultades legais desa paralización. O plan estratéxico, aprobado este ano, prevé duplicar a producción en España en 15 anos pero din que non será posible se non se cambian as normas que regulan esta actividade. 04/09/14
7.300 nenos de entre de ata 3 anos iniciaron hoxe o curso nas escolas da rede "Galiña Azul" // A xunta aproba o novo currículo para a implantación da Lomce na FP básica e en primaria // Os representantes do sector da acuicultura din que a actividade está estancada. 04/09/14
Seguimos con moitas nubes que incluso deixaron algún orballo illado esta mañá no litoral e polo norte. Nubes que sobre todo polo sur e interior de Galicia van ir deixando paso ao sol durante a tarde. 04/09/14
Os accidentes de tráfico causaron , esta verán en Galicia 16 mortos, un máis que no verán do ano pasado. Seis deses sinistros foron de moto. A causa máis frecuente foron os choques entre vehículos, seguida das saídas de vía.
Inaugurada, na Coruña a nova sede do Centro Padre Rubinos, un moderno e impactante edificio para unha institución que leva case un século atendendo a persoas sen recursos. Custou 25 millóns de euros, sufragados pola fundación Amancio Ortega, do propietario de Inditex.
Mellora, dentro da extrema gravidade, a moza de Chantada, en Lugo que a semana pasada, recibiu un disparo na cabeza, efectuado polo seu mozo e xefe, na hamburguesería na que os dous traballaban. (03/09/14)
Inaugurada na Coruña a nova sede do Centro Padre Rubinos, un moderno e impactante edificio para unha institución que leva case un século atendendo a persoas sen recursos. Custou 25 millóns de euros, sufragados pola fundación Amancio Ortega, do propietario de Inditex.
O Centro Tecnolóxico da automoción do Porriño segue a traballar na innovación para o sector do automobil. Investiga por exemplo sistemas de conducción automática para os coches. Sistemas cos que poderían funcionar algúns dos seus deseños a partir do 2020.
Os accidentes de tráfico causaron , esta verán en Galicia 16 mortos, un máis que no verán do ano pasado. Seis deses sinistros foron de moto. A causa máis frecuente foron os choques entre vehículos, seguida das saídas de vía. (03/09/14)
Inaugurada na Coruña a nova sede do Centro Padre Rubinos. Custou 25 millóns de euros, sufragados pola fundación Amancio Ortega.
O Centro Tecnolóxico da automoción do Porriño investiga sistemas de conducción automática para os coches.
Os accidentes de tráfico causaron , esta verán en Galicia 16 mortos, un máis que no verán do ano pasado. (03/09/14)
Despois da calor abafante que pasamos nos últimos días hoxe o tempo danos unha tregua e aínda que as temperaturas mínimas se mantiveron en niveis similares as máximas han caer varios graos. (03/09/14)
O paro baixou en Galicia en 3.340 persoas no pasado mes de agosto. Con esa baixada, a nosa comunidade lidera a caída do paro rexistrado en toda España, xa que, na media do estado, o desemprego aumentou en algo mais de 8 mil persoas // Este martes é o día máis caloroso do verán ata agora. Practicamente toda Galicia está en alerta por altas temperaturas. Alerta que no caso do interior da comunidade se eleva a laranxa. A auténtica tixola de Galicia é, de novo, Ourense onde os termómetros poden incluso superar os 40 graos // Continúa o misterio en torno o crime de Cabanas. Un ano despois da morte de Elisa Abruñedo que aparecera nunha cuneta preto da súa casa segue sen resolverse. Varios centos de amigos e veciños recorreron as rúas da vila coruñesa para expresar a súa preocupación e pedir que continúen as investigacións. 02/09/14
O paro baixou en Galicia en 3.340 persoas no pasado mes de agosto. Con esa baixada, a nosa comunidade lidera a caída do paro rexistrado en toda España, xa que, na media do estado, o desemprego aumentou en algo mais de 8 mil persoas.O sector servizos é no que mais diminuiu o desemprego, seguido da industria, a construcción e a agricultura // Este martes é o día máis caluroso do verán ata agora. Practicamente toda Galicia está en alerta por altas temperaturas. Alerta que no caso do interior da comunidade se eleva a laranxa. A auténtica tixola de Galicia é, de novo, Ourense onde os termómetros poden incluso superar os 40 graos // Os ansiados reforzos do Deportivo chegan no último día de fichaxes. O clube anunciou na súa web a chegada do brasileiro Sidnei Rechel da Silva procedente do Sport Lisboa e Benfica. Tamén se incorporará Juan Francisco Moreno, "Juanfran" que vén cedido do Betis e Hélder Postiga, un dianteiro portugués que acaba de deixar o Valencia. 02/09/14
O paro baixou en Galicia en 3.340 persoas no pasado mes de agosto // Este martes é o día máis caloroso do verán ata agora. Practicamente toda Galicia está en alerta por altas temperaturas // Os ansiados reforzos do Deportivo chegan no último día de fichaxes. 02/09/14
Os termómetros disparados no que de momento é o día máis caluroso do verán. Durante a tarde medrarán as nubes e a posibilidade de treboadas. 02/09/14
Sol e calor, logo dunha fin de semana que, por fin, foi de verán auténtico, pese a seren os dous derradeiros días de agosto. Un tempo que segue neste inicio de setembro, no que mesmo hai alerta amarela no Sur de Lugo e comarcas próximas ao Miño onde se poden acadar os 38 graos // As vendas de coches subiron máis dun 13% en Agosto, pese a que tradicionalmente era o mes do ano no que menos matriculacións de vehículos novos se producen // Pescanova presentou un beneficio neto de case 1.800 millóns de euros durante o primeiro semestre deste ano tras contabilizar as quitas aprobadas nos convenios de acreedores. 01/09/14
Sol e calor, logo dunha fin de semana que, por fin, foi de verán auténtico, pese a seren os dous derradeiros días de agosto. Un tempo que segue neste inicio de setembro, no que mesmo hai alerta amarela no Sur de Lugo e comarcas próximas ao Miño onde se poden acadar os 38 graos // As vendas de coches subiron máis dun 13% en Agosto, pese a que tradicionalmente era o mes do ano no que menos matriculacións de vehículos novos se producen. Un aumento que é ven recibido pola industria da automoción que lles da traballo en Galicia a case 20 mil persoas // Mariano Rajoy anuncia en Soutomaior que sacará adiante a reforma electoral para que sexa nomeado alcalde o que saque mais votos e que continuará coas reformas económicas e a rebaixa de impostos. Propostas de inicio do curso político que xa foron criticadas hoxe polos grupos da oposición que acusan ao PP de querer asegurar as alcaldías. 01/09/14
Comezamos semana como a rematamos con sol e con máis calor. Hoxe segue a mandar o anticiclón polo que os ceos están en xeral despexados salvo polo litoral norte onde ao final do día poderían haber nubes baixas. 01/09/14
Prisión para o home de Chantada que disparou a súa parella na cabeza o pasado martes. A xuíza impútalle os delitos de tentativa de homicidio, tenza ilícita de armas e contra a saúde pública. A vítima de 32 anos segue extremadamente grave no hospital de Lugo // Xa son 13 os polígonos de bateas nos que se pode extraer mexillón, logo da reapertura de 6, nas últimas horas, ao diminuir a concentración de toxinas nas augas das rías. Os Productores agardan que a melloría siga ata reabrir a maioría das 51 areas de producción // Hoxe volvera recibir todas as bendicións unha das capelas con máis devotos de Ourense que fora calcinada hai catro anos // Despois de ser restaurada volve abrir as súas portas para acoller de novo a Virxe dos Remedios. Unha talla réplica da que ardera no incendio. 29/08/14
Prisión para o home de Chantada que disparou a súa parella na cabeza o pasado martes. A xuíza impútalle os delitos de tentativa de homicidio, tenza ilícita de armas e contra a saúde pública. A vítima de 32 anos segue extremadamente grave no hospital de Lugo // Xa son 13 os polígonos de bateas nos que se pode extraer mexillón, logo da reapertura de 6, nas últimas horas, ao diminuir a concentración de toxinas nas augas das rías. Os Productores agardan que a melloría siga ata reabrir a maioría das 51 areas de producción // Alarma social na Coruña polo incremento de roubos en vivendas durante este verán. 4 diarios que suman só na última semana 26. Hoxe os veciños preocupados pola situación recibiron os consellos das forzas da orde no cuartel de Lonzas que lles explicou que a cidade se ten convertido en branco dun grupo itinerante de ladróns profesionais de Europa do leste. 29/08/14
Prisión para o home de Chantada que disparou a súa parella na cabeza o pasado martes // Xa son 13 os polígonos de bateas nos que se pode extraer mexillón, logo da reapertura de 6, nas últimas horas // Alarma social na Coruña polo incremento de roubos en vivendas durante este verán. 29/08/14
A chuvia dos últimos días danos hoxe un respiro en Galicia. Os ceos iranse despexando durante a xornada. 29/08/14
O Producto interior bruto de Galicia medrou tres décimas nos meses de abril, maio e xuño. É o cuarto trimestre consecutivo de crecemento. Respecto ao ano pasado aumentou tamén, en medio punto, sendo o sexto trimestre no que esa evolución é positiva. Tamén, por primeira vez, dende hai 5 anos, aumentou o gasto dos fogares en bens e servizos // O veciño de Chantada que confesou ser o autor dun disparo na cabeza a súa parella segue detido á espera de pasar a disposición xudicial nesta vila de Lugo. A muller vítima da agresión segue estable dentro da máxima gravidade no hospital de Lugo // Os xogadores doutras zonas de España son os principais clientes dos 13 campos de golf galegos nos que decaeu o número de practicantes autóctonos. 28/08/14