Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Constituída no Parlamento Galego a comisión de investigacion sobre a xestión das antigas caixas de aforros, que supuxo a súa fusión e posterior nacionalización. Unha comisión que retoma os traballos da que quedara paralizada na anterior lexislatura // Nos próximos meses botarán a andar os sete primeiro proxectos de aplicación dos avións non tripulados, con base no aerodromo lucense de Rozas. Irán destinados á seguridade marítima ao control dos ríos, á planificación do territorio e á xestión forestal // En Monforte, estase a producir unha das imaxes que simbolizan os efectos do frío e a xeada dos últimos días. O río Cabe, conxelado debido ás baixas temperaturas. 23/01/17

Constituída no Parlamento Galego a comisión de investigacion sobre a xestión das antigas caixas de aforros, que supuxo a súa fusión e posterior nacionalización // Nos próximos meses botarán a andar os sete primeiro proxectos de aplicación dos avións non tripulados, con base no aerodromo lucense de Rozas // O río Cabe, conxelado en Monforte, debido ás baixas temperaturas. 23/01/17

As nosas cidades e comarcas amosan en Fitur os atractivos polos que, cada vez, mais visitantes se achegan a Galicia, buscando sobre todo gastronomía e paisaxe // Galicia rexistra as temperaturas mínimas máis baixas en máis dunha década // A escasez de precipitacións xa levou ao goberno da Xunta a pedir que se modere o consumo de auga. 20/01/17

As nosas cidades e comarcas amosan en Fitur os atractivos polos que, cada vez, mais visitantes se achegan a Galicia, buscando sobre todo gastronomía e paisaxe, tal como lembrou o Presidente da Xunta, que esta mañá visitou o stand galego // Galicia rexistra as temperaturas mínimas máis baixas en máis dunha década. En Lugo a pasada madrugada foi a máis fría dos últimos dez anos cos termómetros con máis de sete graos negativos. Empézanse a notar os efectos da inusual ausencia de choivas deste inverno. Unha seca que xa levou ao goberno da Xunta a pedir que se modere o consumo de auga. 20/01/17

As nosas cidades e comarcas amosan en Fitur os atractivos polos que, cada vez, mais visitantes se achegan a Galicia, buscando sobre todo gastronomía e paisaxe // Galicia rexistra as temperaturas mínimas máis baixas en máis dunha década // A escasez de precipitacións xa levou ao goberno da Xunta a pedir que se modere o consumo de auga. 20/01/17

Esta madrugada foi a máis fría no que levamos de inverno, na metade sur da comunidade // O Consello destinou catro millóns de euros á mellora de treitos dos camiños inglés e francés a Santiago // Épica vitoria do Celta no Santiago Bernabéu por dous a un nos cuartos de final da Copa do Rei. 19/01/17

Esta madrugada foi a máis fría no que levamos de inverno, na metade sur da comunidade. Houbo 20 graos de diferenza entre o norte e o sur, entre os 6 graos que se rexistraron de mínima na Coruña e os 14 e medio baixo cero de Calvos de Randín, no sur de Ourense // O Consello destinou catro millóns de euros á mellora de treitos dos camiños inglés e francés a Santiago. Serán para facer máis atractiva a imaxe que atopan os camiñantes cando chegan á meta da peregrinación // Épica vitoria do Celta no Santiago Bernabéu por dous a un nos cuartos de final da Copa do Rei. Os vigueses volveron demostrar que seguen en estado de graza neste recén comezado 2017. 19/01/17

Esta madrugada foi a máis fría no que levamos de inverno, na metade sur da comunidade // O Consello destinou catro millóns de euros á mellora de treitos dos camiños inglés e francés a Santiago // Épica vitoria do Celta no Santiago Bernabéu por dous a un nos cuartos de final da Copa do Rei. 19/01/17

A vaga de frío, procedente do Norte de Europa, nótase tamén en Galicia // A federación galega de munipios e provincias e as principais empresas enerxéticas asinan un convenio para evitar cortes no suministro de luz e gas a persoas vulnerables // O complexo hospitalario da Coruña é xunto o de la Fe de Valencia no que máis transplantes de corazón se fan en toda España. 18/01/17

A vaga de frío, procedente do Norte de Europa, nótase tamén en Galicia. Os ceos, en xeral despexados, agás na Mariña, onde mesmo podería caer algunha folerpa xa que as poucas precipitaciòns que se produzan, serían de neve, por riba dos 100 metros // A federación galega de munipios e provincias e as principais empresas enerxéticas asinan un convenio para evitar cortes no suministro de luz e gas a persoas vulnerables // O complexo hospitalario da Coruña é xunto o de la Fe de Valencia no que máis transplantes de corazón se fan en toda España. 18/01/17