Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Alberto Núñez Feijóo seguirá compatibilizando a presidencia do goberno galego e a do PP nacional ata finais de mes. Así o revelou hoxe o aínda secretario xeral do partido, Miguel Tellado... pero aínda non hai data pra toma de posesión do seu sucesor.

Dende a oposición pregúntanse polo nivel de independencia de que gozará esa persoa, á que algún cosnelleiro xa non evitaba chamar polo seu nome e apelido, Alfonso Rueda.

Feijóo segue sen aclarar cando deixará a presidencia do goberno galego. Hoxe cumpriu 13 anos dende a súa primeira toma de posesión, e volveu insistir no xa sabido: a remuda será en maio, antes na presidencia que no partido. Esta tarde coñeceremos cando se celebra o congreso extraordinario do PP galego que ha de nomear ó seu sucesor. Dende a oposición, o PSOE cre que a sucesión abre a porta a un cambio de goberno, pero o BNG advirte de que non se pode subestimar a ninguén

- Primeiras sancións a industria láctea por incumpri-la lei de cadea alimentaria

Sancionaron con 3 mil euros a Lactalis, Leite Río e Celega. Unha multa simbólica, pero que proba, a xuizo de Agromuralla, que seguen pagando por baixo do custo de producción.

- A semana santa deixa 164 hospitalizados máis por coronavirus.

Ademáis, nestes sete días o Sergas sumou 35 falecidos con Covid19, e aumentan os doentes totais e os novos contaxios

- Os traballadores da limpeza dos hospitais de Pontevedra irán á folga...

Cren que a pandemia demostrou que son traballadoras esenciais e sometidas a riscos, e a empresa concesionaria só lles ofrece a cambio un plus de 120 euros anual.

- A Semana galega de filosofía reflexiona sobre a contra-hexemonía

Dende hoxe, analizarán as posicións alternativas ós discursos dominantes en eidos coma o feminismo, o imperialismo ou a pandemia.

Novo paso na axenda política de cara á sucesión á fronte do PPdeG. Esta tarde reúnese en Santiago a xunta directiva. Na orde do día, un único punto: poñer data ó congreso extraordinario que previsiblemente colocará a Alfonso Rueda como novo líder dos populares galegos.

A noite déixanos ademais a extinción do lume forestal que calcinou 182 hectáreas en Palas de Rei, na provincia de Lugo. Todo apunta a que foi intencionado

A Asociación En Colectivo agarda que a Comisión Europea resolva o mes que vén o expediente aberto a España por non ter convocado un concurso público para adxudicar a concesión da AP-9.

Hoxe coñecemos a historia dunha familia de Vigo que busca unha muller que puido no seu día ser unha bebé roubada.

E a piques de pechar a Semana Santa- mañá é aínda festivo en moitas localidades- faremos un primeiro balance da ocupación turística destes días. Falamos no tempo da entrevista coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que subliña que xa empezan a volver os visitantes estranxeiros, aínda que non ao volume anterior á pandemia.