Primeiro temporal de final de verán con moita auga e vento, e afecta sobre todo á costa sur da Coruña e ao litoral de Pontevedra.
Os gandeiros seguen bloqueando industrias de transformación de leite. Consideran insuficiente o anuncio dalgunhas industrias e distribuidoras de pagarlles 2 céntimos máis por litro.
200 mil alumnos de Eso, Bacharelato e FP comezan hoxe o curso, coa novidade de implantarse a Lomce.
O Deportivo conseguiu en Madrid a súa primeira vitoria da temporada, derrotando ao Rayo Vallecano por 1 a 3. (15/09/15)