Preparativos nos cemiterios | Limpan en Vigo o vertido á ría | Entrega á Xunta da residencia de Ferrol | Celta e Deportivo, adiante na Copa do Rei
31/10/2025 00:25:01Limpeza, flores novas e velas para que os cemiterios luzan nos días do ano nos que reciben máis visitas. A tradición de acompañar os defuntos vívese especialmente este ano nas zonas afectadas polos incendios. En algúns, o lume tamén ameazou os camposantos | En Vigo, seguen recollendo o aceite de palma que ser verteu ao mar tras romper un depósito no porto. Foron parar á auga unhas cen toneladas deste produto que non é tóxico nin contaminante | A Fundación Amancio Ortega entrega á Xunta a quinta das sete residencias de maiores que construíu ou ten en proxecto nas cidades galegas. A de Ferrol. Ten capacidade para 120 residentes e custou 30 millóns de euros | Celta e Deportivo soben un chanzo na Copa do Rei. Ao Celta custoulle derrotar ao asturiano Puerto de Vega, nun partido cun cadro de xogadores pouco habitual. O Dépor, goleou, rompendo a reticencia a gañar que leva na Liga
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado