Morre acoitelado un home en Redondela | Aumento de traballadores extranxeiros na pesca | Primeiro día da semana sen alertas no mar
31/01/2025 00:12:03Un home morre acoitelado, e a súa parella ferida gravemente, en Redondela. Os feitos ocorreron de madrugada, nunha céntrica rúa. O presunto autor, de 48 anos, foi detido pouco despois no seu domicilio. Os investigadores apuntan a unha discusión previa nun local de lecer nocturno | O dez por cento dos tripulantes de la frota pesqueira española son estranxeiros, una cifra que foi en aumento nos últimos anos debido a falta de man de obra local. Indonesia, Perú ou Senegal son algún dos países de orixe destes mariñeiros moi aprezados en portos como o de Burela. Alí ata o 90% da tripulación dalgunhas frotas é foránea | A AEMET retirou xa todas as alertas por temporal. Tralo paso das sucesivas borrascas, a situación permite volver faenar aos mariñeiros, que nalgúns casos levaban dende hai dúas semanas en poder saír ao mar.
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano