Telexornal Galicia    30-06-2025 - Telexornal - Galicia | Ver
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 30-06-2025

Alerta 3 por calor | Memoria 2024 da Xustiza en Galicia| O novo de Cristian Silva

30/06/2025 00:25:05
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia    30-06-2025 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia    30-06-2025
Telexornal Galicia 30-06-2025 00:25:05 30/06/2025
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Galicia reclamará ao Goberno central o traspaso das competencias para xestionar os permisos de traballo das persoas estranxeiras que queiran traballar na Comunidade. O BNG levará ao Parlamento unha iniciativa para crear unha Oficina contra a Corrupción, un organismo que xa funciona noutras comunidades como Cataluña. Os socialistas acusan ao PP de actuar con hipocrisía, especialmente no caso da denuncia por agresión sexual contra o exconselleiro do Mar | Máis de 115.000... é o número de procedementos tramitados pola xustiza en Galicia no primeiro trimestre de 2024, case un 20% máis que no mesmo período do ano anterior. Ante a crecente sobrecarga, o presidente do Tribunal Superior de Xustiza urxe a resolver pola vía da negociación | Comezan os traballos de exhumación na igrexa de San Vicente de Soutelo, en Salceda de Casela. Sospeitan que se atopa a primeira fosa común que se vai levantar no termo municipal | O Miño ourensán e o noroeste desa provincia están en alerta 3 por altas temperaturas. Isto supón, por exemplo que non se pode praticar deporte federado no exterior e lembra os consellos para evitar problemas de saúde. Hai outras zonas en alerta dúas | O venres comeza a primeira operación de verán da DGT. Espéranse máis de 400.000 desprazamentos. Talleres mecánicos desbordados pola alta demanda para postas a punto | Fin da gratuidade nos trens de Media Distancia. A partir de mañá os usuarios frecuentes disporán de distintos abonos de desconto | Un policía de Lugo Campión do Mundo de Triatlón. Adrián Ben, cuarto nos 1.500 metros no Campionato de Europa | Cristian Silva saca novo disco. En 'Un hombre tranquilo' rebélase contra o mundo tumultuoso, e faino á xaponesa, porque di que estar tranquilo é o acto máis transgresor nos tempos que corren

Ficha técnica
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesibilidad
Subtitulado