Cortan con tractores a autovía das Rías Baixas | Sete comunidades denuncian a proliferación do lobo | Siro López, protagonista do Día da Ilustración
30/01/2026 00:25:02Uns 90 tractores manteñen bloqueado o tráfico na autovía das rías baixas, a altura de Xinzo de Limia. É a nova mobilización de gandeiros e agricultores contra o acordo da UE co Mercosur. Reclaman ser recibidos por algún alto cargo do Ministerio de Agricultura | Os representantes sindicais e das empresas de autobuses da provincia da Coruña manteñen unha xuntanza para negociar a desconvocatoria da folga indefinida prevista para a partir do luns | Galicia súmase a outras seis comunidades do norte de España para denunciar o incumprimento da lexislación europea sobre o lobo por parte do goberno central. Din que esa especie está a multiplicar a sua poboación de feito exponencial, o que pon en perigo a gandería extensiva | Caricaturista, pintor e figura central da renovación do humor gráfico galego. Siro López e o artista homenaxeado hoxe, no Día da Ilustración en Galicia. Dende o seu estudo, fainos un repaso a sua traxectoria humana e profesional
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado