Vigo consolida o liderado turístico no Nadal | Actividades para os nenos nas vacacións escolares | O Celta pecha un ano de estabilidade deportiva
29/12/2025 00:25:02Rúas cheas de visitantes e ocupacións do 90 por cento en hoteis e restaurantes nas fins de semana e os festivos. Vigo consolida, grazas á iluminación de Nadal, o liderado turístico nestas datas fronte a outras cidades | Nestes días de vacacións escolares, multiplícanse as actividades para entreter aos pequenos e para que os pais poidan ter un respiro. Obradoiros variados, pistas de xeo, parques de atraccións... Estamos na metade do período sen colexio e moitos pais xa están desexando a volta das clases | O Celta pecha un ano de estabilidade deportiva, da man do adestrador Claudio Giráldez, e de éxitos, sobre todo polo regreso do equipo á competición europea | Visitamos un belén de trinta metros cadrados cheos de figuriñas de playmobil. Dez mil figuras que simulan unha aldea imaxinaria que se parece moito á Coruña e nos convidan a visitala
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado