Só queda un incendio sen estabilizar, o de Avión | Os Reis visitan o dispositivo contra o lume en Ourense | O vertedoiro da Rúa segue ardendo
28/08/2025 00:25:02A Xunta dá por estabilizado o incendio da Pobra do Brollón. Só queda en Galicia un incendio forestal fóra de control, o de Avión, en Ourense, que tamén está próximo a estabilizarse. A vaga de lumes despídese de Galicia tras queimar en tres semanas case cen mil hectáreas | Os reis Filipe e Leticia están visitando alí aos que loitaron contra o lume e aos veciños que o sufriron. Tamén van estar nunha granxa afectada polos incendios | Preocupación entre os veciños de Petín e a Rúa polo fume tóxico do vertedoiro afectado polo incendio de Larouco. Leva ardendo desde o 15 de agosto | Todo listo para que a partir de mañá volva a música á casa de Luz Casal en Boimorto. O Festival da Luz trae este ano a artistas como Rigoberta Bandini, Rozalén ou Tanxugueiras. Unhas 15.000 persoas asistirán a este festival solidario que xa cumpre 14 anos
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado