Tecnoloxía de guerra electrónica, na sede de Indra en Vigo | Beneficio record de 427 millóns para Abanca | Festa do carneiro ó espeto, en Moraña
28/07/2025 00:24:25Sistemas de guerra electrónica para utilizar no campo de batalla en Ucraína. Son elaborados en Vigo, na nova sede da multinacional Indra presentada hoxe, coa visita da ministra de Defensa Margarita Robles. A compañía anuncia unha aposta polo emprego na nosa comunidade, na que conta actualmente con oito centros de traballo con 1.600 traballadores | Abanca consegue no primeiro trimestre do no un beneficio récord de 427 millóns de euros. É un 3,7% máis que no mesmo período do ano anterior. Os responsables da entidade destacan que o volume de negocio supere os 134mil millóns de euros, con máis de 76mil novos clientes | Modernas, con todas as comodidades, e a prezos asequibles. As casas prefabricadas convértense nunha solución para moitas persoas ante a escaseza de vivenda. Unha empresa do Grove comercializa modelos chineses, que se poden adquirir dende 25mil euros | O Carneiro ao espeto amosa o seu poder de convocatoria nunha nova edición da festa gastrónomica en Moraña. Milleiros de persoas de distintos países, disfrutan desta carne á brasa nun evento declarado ben de interese autonómico.
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado