A taxa de paro cae ao 8´6% en Galicia en 2024 | Trama de explotación a inmigrantes en Begonte | Record de visitas ao Museo da Catedral de Santiago
28/01/2025 00:12:00O Paro cae en Galicia en 5.500 persoas e remata o 2024 cunha taxa do 8´6 por cento. É a mais baixa dende antes da crise do 2008, e segue dos puntos por debaixo da media do conxunto de España, ainda que o ritmo de creación de emprego é menor | A Garda Civil descobre unha trama de presunta explotación laboral de traballadores de orixe africana nunha finca situada no Concello de Begonte, en Lugo. Tres persoas están investigadas. Os axentes comprobaron que 82 dos traballadores eran inmigrantes en situación irregular, reclutados dende África | O Museo da Catedral de Santiago acada un récord histórico de visitas durante o ano pasado, ata superar as 427.000. O dato supón un aumento do 11 por cento respecto ao ano anterior. Por modalidades, a de máis crecemento é a dos accesos gratuitos ao Portico da Gloria, con preto de 95.000 visitantes
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado