Incautadas catro toneladas de droga con destino a Vigo | Feiras canceladas pola dermatose nodular | 50 anos da desaparición do Edificio Castromil
27/10/2025 00:24:59Abordaxe no medio do Atlántico dun mercante con 4.000 quilos de cocaína con destino ao porto de Vigo. Unha intervención a cargo do Grupo Especial de Operacións da Policía Nacional, en colaboración coa DEA norteamericana. Os nove tripulates están detidos | O temor a dermatose nodular contaxiosa leva a cancelar dende hoxe todalas feiras e mercados que impliquen concentración de gando. Queda prohibida tamén a entrada de animais procedentes de zonas declaradas como restrinxidas. A Xunta asegura que non hai constancia de ningún caso en Galicia | Alivio no celtismo trala Primeira vitoria desta temporada na Liga, con remontada fronte ao Osasuna. Os tres puntos, pese a todo, non permiten coller moita distancia dos postos de descenso | No Día do Patrimonio Audiovisual, poñemos a ollada no ocorrido hai xusto 50 anos no centro de Santiago. Alí era demolido, ante a indiferencia xeral, o edificio Castromil
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado