Telexornal Galicia 27-06-2025 - Telexornal - Galicia | Ver
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 27-06-2025

Vertedeiro nuclear do Atlántico | Dispositivo antiincendios | David Bailey

27/06/2025 00:25:04
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 27-06-2025 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 27-06-2025
Telexornal Galicia 27-06-2025 00:25:04 27/06/2025
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

O BNG reclama a Xunta unha maior aposta pola vivenda pública e asegura que parte dos fondos dedicados a esa materia quedan sen executar. PSdG e PP constatan as súas discrepancias cando se cómpren dez anos da construción do Hospital Álvaro Cunqueiro, de Vigo | O xurado considera a Roger Serafín culpable do homicidio e violación de Elisa Abruñedo en 2013 | Desmantelada en unha banda de produción e distribución de pornografía infantil. Hai 61 detidos, 4 deles en Galicia | A dificultade de atopar traballo para as persoas transxénero | Unha expedición francesa investiga o estado dos bidóns radioactivos botados na Fosa Atlántica entre os anos 50 aos 90. A Xunta reclama información ao Goberno de España por este vertedoiro nuclear a 600 metros de Fisterra | 7.000 efectivos participarán no dispositivo contra incendios nun verán no que se prevén temperaturas altas. Segundo expertos consultados por TVE, en caso de lume, o máis preocupante é a propagación e a falla de medidas de evacuación en determinados espazos como praias ou zonas urbanísticas | Esgotados os fondos da Xunta para corrixir o “feísmo” paisaxístico | Santiago acolle o 21 Congreso Ibérico da Bicicleta e as Cidades | Castelao ‘volve nacer’ 75 anos despois gracias á intelixencia artificial | Estrea en directo en Vigo do novo EP de Fillas de Cassandra: HIBERNARSE é un álbum de tan só catro cancións; nel reivindican a pausa, o traballo manual e pegado á terra. O proxecto combina distintas disciplinas artísticas, un videofilme, un fanzine e unha colección de xoias | Quen o coñece di que é arrogante, sedutor, brillante... medrou rodeado de asfalto idealizando a natureza... son trazos da personalidade de David Bailey, o fotógrafo cuxa mostra inaugúrase hoxe na Fundación Marta Ortega da Coruña, con pezas nunca vistas

Ficha técnica
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesibilidad
Subtitulado