Proposta do galego como lingua da Unión | Nova agresión a sanitarios | Novo método de matriculación escolar | Concertos na rúa
27/05/2025 00:25:03Adiada a votación en Bruxelas para decidir se o galego, xunto ao catalán e o euskera, se consideran linguas cooficiais na UE. Galicia é a única comunidade das tres afectadas que non apoia a proposta | Denuncias de irregularidades nos procesos selectivos ao SERGAS en galego | A estabilidade enerxética centra o "Foro Galicia hacia el futuro" no que o presidente da Xunta alerta dunha decena de proxectos industriais en risco por falta de capacidade da rede eléctrica | A Xunta fará unha auditoría enerxética en máis de 300 instalacións estratéxicas entre portos e polígonos industriais | O Tribunal Constitucional admite a trámite o recurso da cidade de Pontevedra contra a ampliación da concesión da fábrica de celulosa de Ence | Un paciente violento pecha na sala de triaxe a unha celadora e a un enfermeiro do hospital Álvaro Cunqueiro | Proxecto solidario en Lugo para construír un parque infantil no hospital da cidade | Condena a un home a 9 anos de cárcere por agresión sexual continuada a unha pequena de oito anos de 4 anos a outro por violar á súa noiva nun hotel | Segunda xornada no xuízo polo asasinato de Cristina Cabo | A Xunta pide ao Goberno de Estado que dea marcha atrás no recorte de 50 millóns de euros no Plan Corresponsables, un programa para financiar servizos de conciliación dos concellos, Anpas e entidades de iniciativa social | Novidades cara o curso escolar do ano que vén: a matrícula poderá tramitarse dende calquera dispositivo a través dun portal de internet | As familias poderán desgravar o 15% do custo do material escolar | Os marchantes de gando volven a Silleda | O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia paraliza outro proxecto eólico nos Ancares | Oleiros reclama á Xunta que retire 80 licencias de pisos turísticos sen autorización municipal | Os controladores aéreos alertan de eivas na nova torre de control virtual no aeroporto que se pretende pór en marcha en Peinador | As antigas minas de wolframio de Santa Comba son o escenario da última novela de Maica Gorgal, ‘A casa da mina’ | Unha trintena de actuacións de todo tipo de música e baile no programa cultural ‘Conexións Vigo’ que leva música e danza a preto de vinte espazos urbanos
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado