Telexornal Galicia 26-12-2025 - Telexornal - Galicia | Ver
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 26-12-2025

Nadal frío. Oito graos negativos en Manzaneda | Investigan a morte de dúas persoas en Mugardos | 250 festas ilegais en Galicia, menos que o ano pasado

26/12/2025 00:25:01
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 26-12-2025 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 26-12-2025
Telexornal Galicia 26-12-2025 00:25:01 26/12/2025
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Estamos ante un dos Nadais máis fríos dos últimos anos. Esta madrugada os termómetros rexistraron 8 graos negativos en Manzaneda, pero segundo os meteorólogos o que máis chama a atención son as baixas temperaturas máximas | A Garda Civil investiga a morte de dúas persoas, un home de 49 anos e o seu fillo de 21, nunha vivenda de Mugardos. Os seus familiares non sabían deles desde o día de Noiteboa. O interior da casa estaba afectado por un incendio e sospéitase que o falecemento das dúas persoas puido ser debido á inhalación de gases do lume | Os donos de salas de festas e discotecas calculan que entre fin de ano e a véspera de Reis vanse celebrar unhas 250 festas ilegais en Galicia. Serían un 22 % menos que o ano pasado. O máis habitual é que sexan en locais de hostalaría que non teñen licenza para facelas | Xenocidio é a palabra do ano que máis votaron os galegos no concurso do Portal das Palabras que promoven a Real Academia Galega e a Fundación Barrié. Foliada foi o segundo termo escollido e lume o terceiro

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesibilidad
Subtitulado