Xornada de folga en Atención Primaria | 21 denuncias por violencia de xénero ao día en Galicia | Primeira estrela Michelín para a provincia de Lugo
26/11/2025 00:25:02Usuarios de centros de saúde, afectados hoxe pola folga nos servizos de Atención Primaria, convocada pola CIG e o sindicato médico Omega, unha vez que o resto de centrais chegaron a un acordo coa dirección do Sergas. A Xunta rebaixa a incidencia do paro ao 6% | Galicia rexistra unha media de 21 denuncias por violencia de xénero cada día. A gran maioría presentadas polas propias vítimas. Unha avogada da quenda de oficio explícanos cómo as tecnoloxías amplifican o dano provocado polo acoso ou a difusión de imaxes íntimas | O Goberno español confía en conseguir próximamente a extradición dende Cuba de Martiño Ramos, o profesor de Ourense condenado a 13 anos de cárcere por abusos sexuais con prácticas sádicas a unha menor que era alumna súa | O restaurante Vértigo, ubicado en Sober, en plena Ribeira Sacra, a cargo do Chef Rafa Centeno, consegue unha estrela Michelin, a primeira da historia para a hostalaría da provincia de Lugo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado