Proba de drons para trasportar uvas na Ribeira Sacra | Transferencia dos permisos de traballo e aeródromos | Feira da saúde e o benestar en Pontevedra
26/09/2025 00:25:00Drons adaptados para transportar uva dende os viñedos ata á adega. É unha iniciativa que analiza a viabilidade desa tecnoloxía en terreos de difícil acceso como os da Ribeira Sacra. Un proxecto que podería mellorar o rendemento do sector | A Xunta poderá asumir pronto novas competencias transferidas dende o Goberno Central na xestión dos permisos de traballo para persoas extranxeiras e dos aeródromos que non sexan de interese xeral | O goberno autonómico rexeita, en cambio, o Plan Estatal de Vivenda impulsado polo Executivo de Pedro Sánchez. Di que invade as súas competencias e propón que as medidas para abaratar os prezos se centren na construción e o desenvolvemento de solo residencial | As preocupacións cada vez maior pola desinformación en temas sanitarios e a importancia de contrastar as fontes. E o tema central da edición de Ponte San, o maior certame adicado á Saúde e o Benestar en Galicia, que abre as suas portas en Pontevedra
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado