Convención OSPAR | Plásticos biodegradables | Esclerodermia | Nikki Hill
26/06/2025 00:25:03Os líderes de medioambiente dos países do Atlántico están reunidos en Vigo na convención OSPAR que aborda a protección dese océano. O que alí se decida marcará o futuro dos vindeiros 5 anos | Un equipo do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais do Campus de Ferrol da Universidade da Coruña desenvolve un material plástico que permite fabricar envases biodegradables e máis doado de reciclar | O gasto por fogar en Galicia aumentou neste último ano un 4,4% e subiu máis de dous puntos respecto aos datos do ano anterior | Enfermeiras e fisioterapeutas concentráronse diante do hospital de Santiago para pedirlle ao Goberno que acabe cos recortes nas pagas extra | Enfermos con esclerodermia, unha enfermidade rara e pouco coñecida, chegan a Santiago tras sete etapas do Camiño para reivindicar a súa realidade e tamén a súa loita | Dous policías locais de Vigo deseñan un dispositivo de protección que detecta situacións de agresións sobre a muller e activa unha alerta de maneira automática. Está en fase de probas e busca reducir o tempo de reacción policial | Convocados os cursos de formación en lingua galega para a obtención do certificado do idioma, o Celga. As formacións do primeiro cuadrimestre do curso 2025/2026 realizaranse en Escolas Oficiais de Idiomas entre setembro e decembro | Actuación estelar de Raquel Carrera para liderar a remontada da Selección Española ante a República Checa nos cuartos de final do Eurobasket | Adrián Ben e Belén Toimil participan dende hoxe no Campionato Europeo de Atletismo por equipos | Óscar Gil abandona o Deportivo da Coruña | De camareira a raíña do jazz-soul... aínda que ela rexeita esa etiqueta para non defraudar, di, expectativas. Falamos de Nikki Hill, unha talentosa xove de 24 anos á que moitos apuntan como o gran expoñente deses estilos musicais
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado