Folga no Ensino convocada pola CIG | Axudas de ata 10.000 euros aos gandeiros afectados polos incendios | Estrea de “San Simón”, en San Sebastián
25/09/2025 00:25:03Manifestación de traballadores do Ensino en Santiago, na xornada de Folga convocada pola CIG para reclamar melloras no comenzo do curso escolar. Os convocantes cifran a participación nun 60 por cento do profesorado, unha incidencia que A Xunta sitúa por debaixo do 15 por cento | Os gandeiros e agricultores afectados pola vaga de incendios poderán optar a axudas directa de ata dez mil euros. Así o anunciou o ministro de Agricultura, Luis Planas, nunha visita para coñecer de primeira man os danos na comarca de Valdeorras, na provincia de Ourense | Obras do mestre Mateo e outros tesouros da Catedral de Santiago serán expostas en Estados Unidos no próximo ano Xacobeo 2027. É unha iniciativa a partir do convenio asinado co museo Medows de Dallas, dedicado ao estudo e difusión do arte español | Cine en galego, de estrea no Festival de San Sebastián. A película de Miguel Ángel Delgado que relata a experiencia dos presos durante o franquismo na Illa de San Simón, unha reflexión sobre a memoria, a liberdade e os dereitos humanos
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado