Mortandade masiva de marisco na Ría de Noia | Rueda lamenta o fracaso de Altri | Mostra sobre maternidade animal, en Vigo | O Deportivo abre museo
25/02/2026 00:24:47Perda prácticamente total da ameixa e o berberecho pola baixa salinidade das augas. Así están algúns bancos da ría de Noia, logo das intensas chuvias deste inverno. O sector marisqueiro di que é a situación máis crítica dos últimos anos | O enfrontamento entre a Xunta e a oposición polo arquivo do proxecto de Altri en Palas de Rei centra a sesión de control no Parlamento. O presidente Rueda asegura que Galicia sale perdendo pola negativa do Goberno Central a establecer a conexión eléctrica que faría posible a macroplanta | O Deportivo da Coruña abre en Riazor un museo para render homenaxe aos seus 120 anos de historia. Unha colección que ten como Xoia da coroa, os trofeos de liga e da Copa do Rei legados do Superdepor | As estratexias das diferentes especies para concebir, protexer e alimentar aos seus descendentes. É o que resume, en imaxes, a mostra sobre maternidades no mundo animal, aberta ao público no Teatro Afundación, en Vigo. Un traballo que reivindica a arte da fotografía como ferramenta de concienciación
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado