Actividade nos mercados, apurando as últimas compras de Nadal | Nas rúas, un aperitivo que pode se prolongarse ata a cea | O Belén de Valga
24/12/2025 00:24:27Moita actividade esta mañá nos mercados, a poucas horas da cea de Noiteboa. Apurando as últimas compras para unha das reunións familiares máis tradicionais. Hoxe todo está un pouco máis caro | Os que anticiparon a preparación da cea ou teñen a sorte de que cociñen por eles, están xa de festa. Rúas e prazas de toda Galicia están arestora cheas de xente que comezou cun aperitivo que, en moitos casos, se vai prolongar ata a noite | Día de reencontros familiares e con amizades. Unha data especial para as persoas que viven lonxe dos seus fogares e aproveitan para volver a casa. Nos aeroportos hai moito movemento e, sobre todo, moitas emocións | Visitamos o Belén de Valga, a maior representación do nacemento artesanal con movemento de Galicia. 4.000 figuras ás que lle dan vida 300 motores. Combina a tradición do Nadal coa retranca social e política
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado