Telexornal Galicia    24-09-2025 - Telexornal - Galicia | Ver
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 24-09-2025

Silencio no Parlamento polo “xenocidio” en Gaza | O hipermercado máis barato, en Vigo | Investigación de terapias personalizadas para o cancro

24/09/2025 00:24:20
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia    24-09-2025 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia    24-09-2025
Telexornal Galicia 24-09-2025 00:24:20 24/09/2025
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Minuto de silencio secundado por tódolos deputados no Parlamento de Galicia, polo xenocidio de Gaza. Foi tras unha longa negociación, da proposta dos socialistas finalmente aceptada tamén polo Partido Popular | O barrio vigués de Coia conta, de novo, co hipermercado máis barato de España. Así o indica o informe feito público hoxe pola OCU, que analiza máis de 700 establecementos. Os alimentos frescos, froita, verdura son os que máis incrementan o prezo da compra, que subiu un tres por cento no último ano | A Policía sitúa na comarca de Lemos aos presuntos autores do ataque ao edificio que acollerá a menores migrantes en Monforte, que investiga como un delito de odio. Alí, momentos de tensión na visita dunha representante de Vox | Presentación, en Pontevedra, dun Proxecto da Asociación Española contra o Cancro para apoiar a máis de 2.300 investigadores. Queren reforzar a figura do paciente como clave para o futuro dos tratamentos personalizados. Uns tratamentos nos que tamén xoga un papel cada vez maior a intelixencia artificial

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesibilidad
Subtitulado