Telexornal Galicia 24-07-2025 - Telexornal - Galicia | Ver
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 24-07-2025

Medallas Galicia á cooperación con Portugal | A menor taxa de paro en 17 anos, segundo a EPA | ‘Eu son’ Lúa Gándara, artista pouco convencional

24/07/2025 00:23:11
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 24-07-2025 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 24-07-2025
Telexornal Galicia 24-07-2025 00:23:11 24/07/2025
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Os alcaldes de Porto e Braga, Rui Moreira e Ricardo Rio, reciben as medallas de Galicia deste 2025, un recoñecemento da Xunta pola contribución das súas cidades á defensa dos intereses compartidos por Galicia e o Norte de Portugal | A EPA sitúa a taxa de paro en Galicia no 8,3 %, a máis baixa dos últimos 17 anos. Aínda así, aquí hai máis de 11.000 postos de traballo para os que as empresas non atopan empregados. Por iso, moitas contratan a man de obra noutros países | A doce anos do sinistro do tren Alvia en Angrois, no que morreron 80 persoas, vítimas e familiares pasan páxina. Non volverán manifestarse en Santiago, como facían en cada aniversario, pero van seguir reclamando unha investigación independente e responsabilidades políticas | Lúa Gándara, unha figura pouco convencional da arte contemporánea galega, é a protagonista hoxe da nosa sección ‘Eu Son’, dedicada a novos creadores

Ficha técnica
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesibilidad
Subtitulado