Despois das fogueiras | Atención sanitaria en verán | Campamentos | Alan Parsons en concerto
24/06/2025 00:25:05Pleno parlamentario marcado pola alianza de socialistas e populares, que xuntaron os seus votos para rexeitar a proposta do BNG dun sistema de concerto económico para Galicia | Os sindicatos sanitarios prevén un colapso dos centros de atención primaria nas localidades turísticas durante os meses de verán. É a reacción dos profesionais ante o plan da Xunta para reforzar estes servizos cunha bolsa de voluntarios ou a cobertura das gardas de urxencias cos profesionais do 061 | San Xoán festivo en preto de medio cento de localidades galegas despois da gran festa das fogueiras que volveu deixar toneladas de refugallos en praias e rúas | Custan entre 70 e 300 euros de media, incluso moito máis dependendo da duración ou os servizos que inclúan pero para moitos pais e nais, os campamentos son a única vía de conciliar estes días nos que os nenos non teñen clase e eles non se poden coller vacacións | Dende hoxe está aberto o prazo para solicitar as residencias xuvenís en Vigo, Ourense e Lugo | Volve o programa ‘Cine sénior’ con entradas a dous euros para maiores de 65 anos | 15 anos de prisión para un veciño de Arzúa por violar á filla da que fóra a súa muller | O metabolismo non depende directamente do reloxo circadiano segundo un estudo da USC que abre novas perspectivas para o tratamento da obesidade ou os trastornos asociados ao traballo por quendas | Un ataque informático obriga a suspender a poxa de gando na lonxa agropecuaria de Galicia, en Silleda. Os gandeiros recibiron aviso para que hoxe non acudiran á feira ao non poder garantir a seguridade nas transaccións. Os ciberdelicuentes encriptaron os arquivos, polo que supostamente pretendían pedir un rescate económico | A ofrenda do antigo reino de Galicia celébrase o próximo domingo xa como Ben de Interese Cultural Inmaterial | Despuntou primeiro producindo para Pink Floyd pero na década dos 80 Alan Parsons marcou un fito con proxectos e banda propios. O seu pop-rock mesturado con música clásica e sons progresivos chega esta noite ao Pazo da música da Coruña
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado