Rexistradas as propostas dos partidos políticos | Comezan as obras na N540 | Congresos nacionais | Encontro do Humorismo
24/04/2025 00:24:58Xa están rexistradas as propostas políticas dos distintos grupos parlamentarios que se votarán mañá na segunda xornada do debate sobre a autonomía. Son 136 | Traballadores e traballadoras da Radio Televisión de Galicia presentaron esta mañá 23.854 sinaturas coas que forzarán o debate no Parlamento da iniciativa lexislativa popular 'Liberemos a Galega'. Levan máis de 6 anos de protestas denunciando manipulación por parte do Goberno da Xunta | Desarticulada unha rede delincuente que difundiu imaxes íntimas de máis de 100 mulleres en canais de mensaxería de pago. Hai once detidos por toda España, algúns en Vigo e Santiago | Galicia é a cuarta comunidade con menos tempo de espera para unha operación e a terceira para a primeira consulta cun especialista. A demora para a cirurxía está en 67 días e para ver ao médico dous meses | Uns 300 expertos entre médicos, persoal sanitaria e investigadores abordarán estes días en Santiago as últimas investigacións respecto dos trastornos do sono | Vigo acolle o Congreso Nacional de Organizacións de Maiores | Protestas das traballadoras do SAF en seis localidades galegas; denuncian condicións laborais precarias que non garantan unha boa atención | O plan de rearme do Goberno deixará 325 millóns en buques en Ferrol | 20 aniversario da Axencia Europea de Control da Pesca en Vigo | O dono de Sargadelos volve instar a inspección de traballo a que peche a fábrica de Cervo | Tres traballadores de Alcoa decláranse culpables de homicidio imprudente pola morte dun compañeiro | Comezan as obras de mellora da estrada que une Lugo con Ourense. O Ministerio di que rematarán en 2027 pero que se o tempo o permite, pode que antes | Vitoria do Celta 3-0 ante o Villareal no encontro intersemanal de liga na primeira división | Comeza o Encontro Mundial do Humorismo na Coruña | O Circo do Sol presenta ‘Corteo’ na cidade herculina
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado