Bombeiros de Emerxencias protestan en Lugo | A CIG convoca nova folga en Atención Primaria | Avanza a reconstrucción do Mosteiro Budista de San Amaro
24/02/2026 00:25:01Bombeiros dos grupos de Emerxencias Supramunicipais de toda Galicia protestan en Lugo. Son os profesionais que interveñen a diario en incendios, accidentes e situacións de alto risco. Denuncian carencias na dotación de persoal e inestabilidade laboral | A CIG convoca folga do persoal de atención primaria, o próximo día 12 de marzo, en protesta, din pola sobrecarga asistencial | Nova fase do proxecto xenoma, para detectar a predisposición xenética a diferentes enfermidades e reforzar a prevención. O obxectivo, analizar o ADN de 400.000 persoas, para trazar o xenoma da poboación galega | Dous anos despois do incendio que calcinou o edificio, avanza a reconstrución do mosteiro budista de San Amaro, en Ourense. O lama fundador supervisa a fase final dos traballos coa reapertura, prevista para este verán e coa intención de erixir un templo de referencia en Europa para acoller a 300 persoas
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado