Alerta pola nova borrasca Eowyn | Morre unha muller nun incendio no Porriño | Campaña dos gandeiros contra a discriminación no prezo do leite |
24/01/2025 00:12:02Toda Galicia, en alerta por unha nova borrasca. Eowyn farase notar sobre todo pola tarde pero barre xa a comunidade con ventos que superaron os 138 km por hora en Burela este mediodía | Unha muller faleceu no incendio da súa vivenda no lugar de Malladoura, no concello do Porriño. O lume orixinouse de madrugada ao arder un sofá e unha butaca eléctrica. Un home que estaba tamén no interior, foi trasladado ao hospital con síntomas de intoxicación por inhalación de fume | Os gandeiros galegos comezan unha campaña contra discriminación no prezo do leite. Aseguran que polo feito de producir en Galicia cobraron o ano pasado catro centimos menos por litro que no resto das comunidades | Mañá e a entrega dos Premios Feroz, un evento ao que acudirán máis de 1000 persoas relacionadas ca sétima arte. Nós tivemos a oportunidade de falar coa persoa encargada de presentar a Gala
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado