Folga en Amazon do Porriño en vésperas de Nadal | Galicia, a comunidade máis afectada polos aranceis chineses | Galicia acadou xa o pico da gripe
23/12/2025 00:24:40Folga en Amazon en vésperas de Nadal. Os traballadores do almacén do Porriño, que reparte ao sur de Galicia, tentaron parar a actividade no centro loxístico reclamando melloras laborais. Aseguran que só saíron 7.000 entregas das 20.000 habituais | Hoxe entran en vigor os aranceis de entre o 22 e o 42 por cento que China lle impón aos produtos lácteos da Unión Europea. Galicia é a comunidade máis afectada. Máis que o impacto directo nas exportacións, o sector teme a entrada en España de produtos doutros países europeos | Galicia acadou xa o pico da gripe, polo que o Sergas agarda un descenso progresivo da presión asistencial coa situación xa controlada nos hospitais. Pero anima a seguir vacinándose e a protexerse fronte á gripe nestas festas de reunións familiares, porque podería haber un segundo pico | Só se pode ver cun microscopio, pero convida a pensar en grande. É a aldea máis pequena do mundo, unha idea cultural e científica que se fixo realidade en Vilagarcía
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado