As universidades de Santiago e A Coruña enfrontadas por Mediciña | Vigo implantará tamén a taxa turística | Mago de Oz, cancelado en Vilagarcía
23/07/2025 00:25:03Polémica entre as universidades de Santiago e a Coruña pola docencia de Mediciña. A Universidade de Santiago aproba un convenio co Sergas para agregar os hospitais e os centros de saúde de todas as áreas sanitarias de Galicia. Unha decisión que a da Coruña considera unha apropiación de recursos para impedir o seu proxecto de crear unha nova facultade de medicina | Vigo convértese na terceira cidade galega en implantar unha taxa turística. A nova medida, que gravará con ata dous euros e medio por viaxeiro e noite, afectará a hoteis, vivendas turísticas e aos viaxeiros que chegan en cruceiros| Os traballos de demolición da central das Pontes avanzan ca reciclaxe de ata o 90 por cento dos residuos xerados. Os responsables conta con rematar os traballos en xullo de 2028 | O Concello de Vilagarcía cancela o concerto de Mago de Oz do próximo 19 de agosto por tratar con frivolidade a prostitución e as drogas. Tamén houbo polémicas por outros concertos como o de Juan Luis Guerra en Sanxenxo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado