Telexornal Galicia 23-06-2025 - Telexornal - Galicia | Ver
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 23-06-2025

Preparativos San Xoán | Gasolineiras-caixeiros | Endebedamento das familias | O universo plástico de Pilar Alonso

23/06/2025 00:22:46
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 23-06-2025 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 23-06-2025
Telexornal Galicia 23-06-2025 00:22:46 23/06/2025
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Os veciños do rural poderán sacar diñeiro en 200 gasolineiras. A Xunta vén de aprobar as subvencións de ata 30.000 euros para elo. En Galicia, hai 51 concellos sen oficina bancaria e en máis de 100 nos que só queda unha. O goberno galego aprobou tamén un plan de reforzo na Atención Primaria durante o verán, similar ao do ano pasado, para o que conta con cerca de 150 voluntarios | Os doadores de médula en Galicia incrementáronse o ano pasado en máis de 1200 | O do número de familias afogadas polas débedas en Galicia marca niveis nunca antes vistos: máis de 600 persoas físicas pediron entre xaneiro e marzo a declaración de concurso de acredores, unha figura que xeralmente asociamos ás empresas pero que calquera pode solicitar | Horas para que Galicia comece festexar por todas partes a noite de San Xoán, unha celebración de gran popularidade en toda a Comunidade e que na Coruña require un dispositivo especial por toda a cidade porque atrae a milleiros e milleiros de persoas | Investigadores do Campus de Lugo analizaron como afecta o estrés térmico ás granxas galegas, onde a partir dos 20 graos de temperatura xa se notan os efectos | A partir do 1 de xullo, rematan os Abonos Gratuítos de Renfe para proximidade e media distancia, vixentes desde 2022. Os usuarios critican que non se coñezan os prezos oficiais dos descontos | A artista viguesa Pilar Alonso a exposición NON FUN, unha proposta na que se adapta ao espazo da Casa das Artes para amosar e ocultar ao espectador o seu universo plástico como nun xogo teatral

Ficha técnica
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesibilidad
Subtitulado