Protesta contra o intento das industrias de baixar os prezos do leite | Negociación para parar a folga en atención primaria | Día mundial da...
23/03/2026 00:25:01Protesta de gandeiros contra a pretensión das industrias de baixar o prezo que pagan polo leite. Din que é especialmente grave agora, que aumentan os custos de produción, pola suba dos combustibles, os fertilizantes e outros gastos pola guerra en Oriente Medio. Na Coruña, presentan unha denuncia á fiscalía | Os sindicatos médicos e a consellería de Sanidade retoman as negociacións en busca dunha saída que permita desconvocar a folga en atención primaria, que cumpre xa tres semanas. En Vigo, continúa o peche de facultativos do centro de saúde Olimpia Valencia, que reciben o apoio do alcalde Abel Caballero | Decepción no celtismo pola derrota en Balaídos ante o Alavés. Despois ir gañando por 3 a 0, os vascos remontaron no marcador asestándolle catro goles ao equipo vigués | No día mundial da Meteoroloxía coñecemos as actividades das Meteoescolas. Un programa para que os alumnos coñezan os segredos científicos detrás da predicción do tempo e aprendan cómo afrontar o cambio climático. 23-03-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado