Camións retidos nas autovías pola neve | A Audiencia absolver a Cortabitarte polo accidente de Angrois | O pederasta máis buscado, detido na Coruña
23/01/2026 00:25:00Vehículos de gran tonelaxe, retidos nas Autovías de conexión coa meseta onde teñen prohibido circular pola previsión de intensas nevaradas. Nunha xornada coas clases suspendidas en toda a provincia de Ourense e zonas de Lugo e Pontevedra | A Audiencia da Coruña absolve ao exdirector de seguridade de ADIF, Andrés Cortabitarte polo accidente de tren de Angrois. O tribunal confirma a condea a dous anos e medio de cadea para o maquinista do Alvia, como único responsable dos 79 delitos de homicidio e os 143 delitos de lesións por imprudencia grave | A policía detén, cerca da Coruña, a Daniel Vázquez Patiño, un dos fuxitivos máis buscados pola xustiza. Vivía agochado coa complicidade da súa parella. Está condenado a 23 anos de cadea por agresión sexual a menores | O Celta estará nos dezaseisavos de final da Europa League. Os celestes conseguiron gañarlle ao Lille francés nun partido moi agónico para pasar de rolda. Unha vitoria moi celebrada e moi sufrida. Os vigueses xogaron con 10 durante máis dunha hora de partido
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado