Operación internacional contra o narcotráfico na Coruña | Mobilizacións pola suba da taxa do lixo no Morrazo | Comenza a campaña do ourizo de mar
22/10/2025 00:25:01Incautadas máis de duas toneladas de cocaína, grazas á colaboración de axentes da policía española e francesa, nun operativo no Porto da Coruña. Alí está atracada unha embarcación de 12 metros de eslora, que foi interceptada fronte a costa de Lisboa, con catro tripulantes detidos. A operación segue aberta | As medidas para facilitar o acceso a vivenda, a debate hoxe na sesión de control do Parlamento. O presidente Rueda defendeu a súa proposta de adaptar baixos comerciais para alugueiro social, fronte ás críticas da oposición | Comerciantes e hostaleiros do Morrazo reclaman unha revisión do aumento da taxa do lixo aprobado pola Mancomunidade para adaptarse á nova lei que obriga a repercutir o custo total do tratamento dos residuos. Din que nalgúns casos a nova taxa multiplica por dez a anterior | Boas capturas no comenzo da temporada do ourizo de mar, un produto cada vez mais demandado na alta cociña e tamén pola industria conserveira
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado